Este artigo amosaletras indias. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Delhi (enhindi: दिल्ली,Dilli, e oficialmenteTerritorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión daIndia.[1][2] Está rodeado polo estado deHaryana por tres dos seus lados e porUttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km². Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas,[3] sendo a segunda cidade máis grande da India despois deBombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns.[4] A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades deFaridabad,Gurgaon,Noida eGhaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo aOrganización das Nacións Unidas.[5]Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India.[6]Delhi é a segunda cidade india máis rica despois deBombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.[7]
Delhi foi habitada ininterrompidamente dende oséculo -VI.[8] Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a unestado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados poloXefe de Goberno.Nova Deli é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenosXogos Asiáticos en1951 e1982, respectivamente, así como sede da reuniónMovemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, osXogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dosBRICS en 2012 e foi unha das principais cidades daCopa Mundial de Crícket de 2011.
Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.[9][10]
Aetimoloxía de "Delhi" é incerta, mais existen moitas posibilidades. A posibilidade máis común é que o seuepónimo sexaDhillu ouDilu, un rei dadinastía Mauria, que construíu a cidade en-50 e deu nome a cidade.[11][12][13] A palabrahindi/prácritadhili ("frouxo") era usada polosTuar Rajputs para se referir a cidade por causa dopiar de ferro construído polo Raxá Dhava, que tiña un fraco alicerce e foi substituído.[13] As moedas en circulación na rexión na época dos Rajputs eram chamadasdehliwal.[14] Algúns outros historiadores acreditan que o nome deriva deDilli, unha variación dedehleez oudehali —hindi para "entrada" — que designaba a cidade como porta de entrada para achaira indoganxética.[15] Outra teoría suxire que o nome orixinal da cidade era Dhillika.[16]
Ao longo da historia Delhi é máis ben, lugar de cidades, ata oito cidades relevantes se contabilizan nunha área triangular de 14 km ao longo da ribeira occidental do ríoYamuna por 10 km ata os últimos contrafortes dos montesAravalli; as principais ao sur do centro actual.[17]
Indraprastha é a primeira, mítica capital dosPandavas, aparece citada noMahabharata: así cando a Yudhisthira, o maior dos irmáns pandavas, se lle concede esta terra, Krishna intercede perante o deus arquitecto Vishvakarman para que lle constrúa unha capital. Será Indraprastha.
O certo é que se atopan vestixios arqueolóxicos do500 a.C. (pode que ata do1000 a.c.) xunto ao Yamuna, no lugar do Forte Vello (Purana Qila)[18][Ligazón morta], e que ademais un poboado co nome de Indrapat existiu no lugar ata comezos doséculo XX cando os británicos deseñaron a actual capital,Nova Delhi.
Tamén existe unha semimítica dinastía Jat do norte daIndia ePaquistán, os Dhillon, un dos seus gobernante Raja Dhilu disque fundou Dheli cara ao800 a.C. e os seus descendentes mantiveron alí o poder ata o283 a.C..
En todo caso, semella que Indraprastha continuou coma cidade importante durante os períodosMaurya (320-185 a.C.) eGupta (250-540), mais nun segundo plano fronte a posición dominante dePataliputra (Patna) no val doGanxes. Probablemente foi saqueada polosHunos (400-500).
O medievo comeza coa construción do Forte Lal Kot no731 ao suroeste de Indraprastha (nas proximidades do posteriorQutb Minar). Os Rajput, clan guerreiro antiquísimo proveniente do Rajastán, comeza a se instalar nos arredores do que hoxe é Delhi dende oséculo VII a través dunha das súas dinastías, os Tomaras. Semella que en Suraj Kund, fundada por Surajpal, no límite sur da cidade co estado de Haryana e onde hai un templo estanque doséculo XI adicado a deidade solar[19], puidera estar o primitivo asentamento dende o que o rei Anangpal I decidira fundar nas proximidadees Anangpur (hoxe aforas de Faridabad), e no731 o forte de Lal Kot uns quilómetros ao noroeste.
En todo caso, no736 xunto ao forte, fundan a cidade deDhillika o Dilli (Lal Kot), no que hoxe é o barrio de Mehrauli, talvez coma capital do seu reino de Haryana. O nome rememora a cidade do mítico Raja Dhilu e talvez fose construída sobor das ruínas daquela outra.
No1180 os rajput Chauhan de Ajmer conquistan Lal Kot e o seu rei Prithviraja III (Rai Pithora), heroe hindú, derradeiro en reinar antes da chegada dos musulmáns, amplía a cidade (3,4 km²) construíndo baluartes con sete portas e templos e a renomeaQila Rai Pithora.
Os musulmáns apodéranse da cidade a partir de1191 establecendo o agora chamado Sultanato de Delhi en1206. Para conmemorar a súa vitoria sobor dos rajputs constrúen a que será primeira mesquita na India, aQuwwat al-Islam co seu magnífico minarete, o Qutb Minar, de 75 metros de altura[20],[21]. O complexo, agrandado ao longo doséculo XIII convértese no centro da cidade.
O segundo sultán da seguinte dinastía,Alaudín Khilgi, manda construír a partir de1303 unha nova cidade fortificada a uns 4 km ao nordés do Qutb Minar:Siri[22]. De planta oval e muralla de cascotes con sete portas e 1,7 Km2. Tamén mandou construír nela un pazo de mil piares e para o abastecemento de auga, un enorme estanque no inmediación de Hauz Khas, ao oeste.
Pola súa banda, o fundador da seguinte dinastía Giyat al-Din Tughlaq, constrúe tamén a súa propia cidade fortaleza:Tughlaqabad[23], ao leste do Qutb Minar. Faino en soamente tres anos, de1321 a1324, mais a imprevisión respecto ao abastecemento de auga fixo que nunca chegase a ocuparse plenamente e catro anos despois é abandonada[24].
Aos 2,2 km² do recinto engadiuse polo sur o apéndice deAdilabad (1325), outra fortaleza do sultán seguinte, fillo de Giyat ademais da tumba deste último, fortificada tamén[25].
Namentres, a cidade real estendíase entre Qila Rai Pithora e Siri. Para protexer o espazo intermedio, que xa estaba moi poboado, o antedito sultán fillo de Giyat,Muhammad bin-Tughlaq manda facer un cinto completo de murallas[26] e a cidade resultante noméaseJahanpanah(literalmenterefuxio do mundo) (1327). Foi o tempo no que o sultanato acadou a súa plenitude, gobernando case todo o subcontinente.
No entanto, o sultán que lle sucedeu,Firuz Shah Tughlaq, construíu á súa vez unha cidade de seu:Firuzabad. Foi no1354, pero desta vez moi ao norte, a beira do Yamuna, preto do centro actual. A cidadela era un recinto fortificado de dez hectáreas[27][28] con pazos, mesquita e obaradari para o Piar de Asoka, traído dende Ambala[29][30].
En1398 o mongol Timur (Tamerlán) conquista a cidade saqueándoa e arrasándoa. Mata ou escraviza a maior parte da poboación polo que Delhi queda reducida a unha morea de ruínas.
Após o caos, a recuperación foi lenta durante as dinastías Sayyid e Lodhi das que tan só fican unhas fermosas tumbas nos xardíns Lodhi[31].
1526 é o ano no que que Babur pon fin ao Sultanato de Delhi. O seu fillo e segundo emperador mogol, Humayun, decide en1533 construír a súa capital. Elixe as ruínas de Indraprastha como lugar paraDinpanah (refuxio da fe). De planta rectangular, murallas de 18m e 2 km[32], tres portas principais, está no fundamental rematada en1538.
Xusto ao ano seguinte foxe aPersia ó ser derrotado porSher Shah Suri quen establece a dinastía Suri coma un interludio ata que Humayun volva recuperar o poder. Sher Sha constrúe, con todo, a súa cidade no interior dos muros de Dinpanah e chámaaDilli Sher Shahi ou Shergarh. Coma na de Humayun, utilízanse materiais de Siri e Firuzabad, en ruínas dende o saqueo de Timur. O conxunto recibe hoxe o nome de Purana Qila (Forte Vello)[33][34].
Tumba de Humayun.
En1555 Humayun reinstaura oImperio Mogol, aínda que morre pouco despois. A súa tumba, ó sur da que foi a súa cidade é o primeiro e un dos máis logrados edificios da arquitectura mogol, claro precedente doTaj Mahal. O seu fillo e sucesor, Akbar, traslada a capital as proximidades de Agra, o que supuxo o declive de Delhi durante medio século.
O emperadorShah Jahan (o que fixo o Taj Mahal precisamente) devolve a capital imperial a Delhi, para o que manda construír unha nova cidade axeitada e representativa:Shahjahanabad (1638-49). Elixe unha zona sen restos do pasado, ao norte da arrasada Firuzabad xunto ao ríoYamuna
O plan de Shahjahanabad pretendeu conxugar os principios urbanísticos hindús cos islámicos. Así, unha certa ortogonalidade e xerarquía. Dous eixos principais dende un foco de poder, Lal Qila (oForte Vermello con exquisitos exemplos da arquitectura mogol : Diwan-I-Amm e Diwan-I-Hass)[35] : Chandni Chowk[36] dende aquel cara ao oeste, e Faiz Bazaar cara ao sur. Ambas as dúas rúas posuían unha canle de auga central. Así mesmo, é característica hindú a zonificación urbana segundo as castas e os oficios. Por outra banda, o centro de culto islámico fundamental, a mesquita do venres,Jama Masjid, a maior da India[37]. E os xardíns, Begum ka Bagh e Roshanara, obra das fillas do emperador, ao longo do lado norte de Chadni Chowk, con fontes, estanques e acuedutos ; e máis ao norte, fóra das murallas, Tees Hazari e Qudsia.
O conxunto foi a cidade que permaneceu ata oséculo XX e hoxe chamamos Vella Delhi. O seu saqueo polo afgán Ahmed Shah entre1756 e1761 supuxo a fin de facto do Imperio Mogol.
En1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India aCalcuta. Mais no1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, facíase necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade. O encargado foi o arquitecto Edwin Lutyens[38].
Edificios do goberno de Delhi.
Así, entre1929 e1931 naceuNova Delhi. Levantouse o sur da capital mogola, conectada con ela por unha gran praza rotonda, Connaught Place, da que parten grandes bulevares en abano cara ao sur onde intersectan unha ampla avenida leste-oeste[39], entre a Porta da India e os edificios oficiais (parlamento, presidencia e bloques administrativos).
Trala independencia do país en1947, Nova Delhi pasou a ser a súa capital oficial. En1976 unha nova cidade veu a se sumar a longa listaxe:Noida (New Okhla Industrial Development Authority). Aínda que se sitúa fóra do territorio da capital nacional, na beira leste do Yamuna, deseñouse coma suburbio de expansión e modelo de futuro da metrópole. Dende entón, o conglomerado de tódalas cidades de Delhi, estase a converter nunha das maiores e máis puxantes urbes do mundo.
En contra do difundido nos últimos tempos, a metrópole maior da India vai ser Delhi e non Bombai. O crecemento nos últimos anos do aglomerado urbano en que radica a capitalidade do país ten sido maior que a daquela ata sobrepasala.
O AM de Delhi confórmase, ademais de coa poboación da National Capital Territory (13 782 976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que están a crecer aceleradamente nesta última década:Faridabad (1 054 981h) no sur eGhaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Máis ao nordeste a área de Delhi, na súa expansión, conúrbase co deMeerut (1 074 225h; 1 167 399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamén cun gran crecemento pola súa proximidade á capital.
O transporte público de Delhi está composto por autobuses,tuk-tuks e un sistema demetro.
Oautobús é o medio de transporte máis popular que responde a preto do 60% da demanda.[41] A empresa públicaDelhi Transport Corporation (DTC) é a maior empresa de autobuses da cidade. A DTC opera a maior frota de autobuses movidos a gas natural do mundo.[42] Un sistema deautobús de tránsito rápido opera entreAmbedkar Nagar eDelhi Gate.
Ometro de Delhi, operado pola empresaDelhi Metro Rail Corporation (DMRC), atende moitas partes de Delhi ben como acidade satélite deNoida enUttar Pradesh. En 2009, o metro consistía en tres liñas cunha extensión total de 90 km e 78 estacións, con varias outras liñas en construción.[43] A liña 1 opera entre "Rithala" e "Shahdara", a liña 2 entre "Jahangirpuri" e "Central Secretariat" e a liña 3 entre "Dwarka Sector 9" e "Noida City Centre". A fase-II do sistema está en construción e terá un total de 128 km. Está previsto o seu remate en 2010.[44] A fase-I, en operación, foi construída cun custo de 2,3 billóns de dólares e a fase-II custará 4,3 billóns adicionais.[45] As fases-III e IV estarán completas en 2015 e 2020 respectivamente, creando unha rede de 413,8 km, máis longa que oMetro de Londres.[46]
Otuk-tuk é un medio de transporte público popular en Delhi, pois cobra unha tarifa máis barata que os taxis. A maioría móvense con gas natural e son amarelos e verdes. Os taxis non forman parte do transporte público de Delhi, malia que existe bastante dispoñibilidade. Os particulares operan a maioría dos taxis, e a maioría dos barrios posúen puntos de taxis onde poden ser solicitados. Alén diso, estanse facendo cada vez máis populares os radios taxis con aire acondicionado, que poden ser solicitados por teléfono a través dunha central e que cobran unha taxa fixa por quilómetro.
Delhi é un importante entroncamento no mapa ferroviario da India e é a sede da Zona dos Ferrocarrís do Norte (Northern Railways Zone), unha das 16 zonas daIndian Railways. As cinco principais estacións ferroviarias sonNew Delhi Railway Station,Old Delhi,Nizamuddin Railway Station,Anand Vihar Railway Terminal eSarai Rohilla.[41]Delhi está ligada con outras cidades a través de moitasautoestradas evías expresas. Delhi posúe tres vías expresas e outras tres están en construción para ligala con seus suburbios prósperos e comerciais. ADelhi-Gurgaon Expressway liga Delhi aGurgaon e óaeroporto internacional. ADND Flyway e aNoida-Greater Noida Expressway conectan Delhi con dous prósperos suburbios. A grande Noida vai ter un novo aeroporto mentres que Noida se converteu na sede doGran Premio da India.
O Aeroporto Internacional Indira Gandhi (DEL) está situado na parte occidental de Delhi e serve como porta de entrada principal para o tráfico aéreo doméstico e internacional da cidade. En 2006–2007, o aeroporto rexistrou un tráfico de máis de 23 millóns de pasaxeiros,[47][48] facendo del un dos aeroportos de maior movemento deAsia Meridional. A terminal 3 está en construción e terá capacidade adicional de 34 millóns de pasaxeiros a partir de 2010.[49] Outros proxectos de expansión permitirán ó aeroporto recibir máis de 100 millóns de pasaxeiros por ano a partir de 2020.[47] Oaeroporto de Safdarjung é outro campo de pouso en Delhi usado para aaviación xeral.[50]
↑Asher, Catherine B (2000). James D. Tracy, ed.City Walls. Cambridge University Press. pp. 247–281.ISBN978-0-521-65221-6. Consultado o 1 de novembro de 2008.
↑"Rationale".ncrpb.nic.in. NCR Planning Board. Arquivado dendeo orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2018.
↑National Informatics Centre (ed.)."Census 2011"(PDF).National Capital Region Planning Board. p. 3. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 06 de abril de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016.
↑S.R. Bakshi (1995).Delhi Through Ages. Anmol Publications PVT. LTD. p. 2.ISBN81-7488-138-7.
↑"Chapter 1: Introduction"(PDF).Economic Survey of Delhi, 2005–2006. Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi. pp. pp1–7. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de novembro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2006.
↑Cohen, Richard J. (1989). "An Early Attestation of the Toponym Dhilli".Journal of the American Oriental Society109 (4): 513–519.doi:10.2307/604073.
↑Ian Austin e Thhakur Nahar Singh Jasol. mewarindia.com, ed."Chauhans (Cahamanas, Cauhans)".The Mewar Encyclopedia. Arquivado dendeo orixinal o 14 de novembro de 2006. Consultado o 22 de decembro de 2006.
↑41,041,1Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi (ed.)."Chapter 12: Transport"(PDF).Economic Survey of Delhi, 2005–2006. pp. pp130–146. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 16 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006.
↑Delhi Transport Corporation (ed.)."Citizen Charter"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 10 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006.