Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é decinco, mais moitasespecies perderon algúns deles no decurso daevolución. Así, por exemplo, osperisodáctilos, que en grego significa literalmente 'dedos impares', teñen un número impar de dedos[2] (oscabalos e outroséquidos teñen un único dedo e osrinocerontes teñen tres), mentres que osartiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen unnúmero par.
Por outro lado, amalformación daman ou dopé pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:
apolidactilia é o caso en que se forman dedos supernumerarios
amicrodactilia é o caso en que se forman menos dedos do normal
asindactilia é o caso en que aparecen os dedos unidos, quer pola pel (caso en que poden ser separados porcirurxía), quer pola fusión de dous ou máis ósos.
Os dedos están formados por dous ou tresósos, chamadosfalanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas porunllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma degarras oupezuños.
Os dedos daman humana foron un saltoevolutivo, pois permitiu a estesanimais a utilización deinstrumentos, cos cales poden máis facilmente defenderse e modificar omedio ambiente (Edgar Morin, no seuO paradigma perdido refírese á dialéctica "pé-man-cerebro").[3]
Os dedos móvense (novamente, con excepción do polgar, no ser humano) por acción detendóns ligados amúsculos noantebrazo e doutros pequenos músculos que ligan as falanxes. O polgar movese por acción dos músculosflexores erotadores, que se encontran na palma da man, unidos ao primeirometacarpiano.
Unha cantinela infantil nomea os dedos, dun xeito moi similar a outra enlingua portuguesa.[4]
Este é o miudiño,
este é o seu sobriño,
este o maior de todos,
este o furabolos
e este o matapiollos.
Apel da parte interna dos dedos ten na última falanxe unha elevada concentración de terminaisnerviosas, constituíndose no centro dosentido dotacto; isto permite, por exemplo, a lectura enbraille. Alén diso, esta pel ten unha textura especializada para a prensión, que dá orixe ásimpresións dixitais.