ADeclaración dos dereitos do home e do cidadán[1] (en francés:Déclaration des droits de l'homme et du citoyen) foi unha declaración de principios da Asemblea Constituíntefrancesa, cuxos últimos artigos foron aprobados o26 de agosto de1789. Foi o prefacio áConstitución de 1791.
Baseouse na teoría da vontade xeral deRousseau e na división de poderes deMontesquieu así como nos dereitos naturais que defendían os chamados enciclopedistas.
Aínda que establece os dereitos fundamentais dos cidadáns franceses e de tódolos homes sen excepción, non se refire á condición das mulleres ou a escravitude.Non foi ata queOlympe de Gouges, en1791, publicou aDeclaración dos dereitos da muller e da cidadá que as mulleres entraron na historia dos dereitos humanos.[Cómpre referencia]
A asemblea reunida enVersalles tras a convocatoria dosEstados Xerais de 1789 para achar unha solución ao déficit do estado declarouseAsemblea Nacional ao reunirense o17 de xuño de1789 os tres estamentos, que foron abolidos por ela. A continuación constituíuse comoAsemblea constituínte e decidiu redactar unha declaración dos principios fundamentais sobre os que establecer unha novaconstitución. Para esta tarefa, a asemblea reuniuse logo de aprobar os decretos de supresión dos dereitos feudais.
O9 de xullo de 1789 o deputadoJean-Joseph Mounier propuxo que a constitución fose precedida dunha declaración.[2][3] Un gran número de deputados redactaron borradores de declaración[2]: Mounier[4], Target[5], Mirabeau[6], Sieyès[7] e Gouges-Cartou.[8]
O4 de agosto de 1789 a Asemblea Constituínte decretou que o texto da constitución estaría precedido dunha declaración de dereitos. Tres días despois, a asemblea decidiu crear un comité formado por cinco deputados que se encargarían de revisar os diferentes proxectos de declaración, fusionalos nun único texto e facer a súa presentación a partir do 17 de agosto.[2] Ao día seguinte foron elixidos os membros deste comité:Démeunier,La Luzerne,Tronchet,Mirabeau etRedon.[2] O día 17 este comité presentou un proxecto deDeclaración dos dereitos do home en sociedade formado por 19 artigos precididos dun preámbulo.[2]
Dous días máis tarde a Asemblea Constituínte decidiu que o texto sería discutido, artigo por artigo, tomando como texto de partida un borrador de 24 artigos proposto polo sextobureau, dirixido porJérôme Champion de Cicé.[9][10] Este borrador foise modificando en profundidade co desenvolvemento dos debates. Henri Grégoire propuxo que aDeclaración dos dereitos do home e o cidadán estivese acompañada dunha declaración de deberes.
Cada un dos artigos do texto final foi votado pola Asemblea Constituínte entre o 20 e o 26 de agosto de 1789.[2] O día 20 aprobouse o preámbulo e os tres primeiros artigos;[11][12] o 21, do artigo catro ao seis;[13][14] o 22, do sete ao nove;[15] o 23, o artigo número dez;[16] o día 24 os artigos do 11 ao 13[17][18] e finalmente o día 26 aprobáronse os catro últimos artigos.[19][20][21][22]
Os debates interromperonse o 26 de agosto tras a aprobación do artigo relativo ao dereito de propiedade, co fin de deixar espazo para o debate do texto da constitución propiamente dita. Ao día seguinte, 27 de agosto, a asemblea aprobou a seguinte moción, proposta por Mougins de Rocquefort:[2][23][24]
“
A Asemblea Nacional decreta que ata o momento a Declaración dos dereitos do home e do cidadán se limita ós 17 artigos nos que esta se detivo e que procederá sen demora a fixar a Constitución de Francia para asegurar a prosperidade pública, agás que se engadan, logo do traballo da Constitución, aqueles artigos que crea necesarios para completar a Declaración de dereitos.
”
O cinco de outubro, ante a presión dos disturbios, Luís XVI acepta a Declaración e os artigos da Constitución de 1789 que xa foran aprobados.[2]
A Declaración dos dereitos do home e o cidadán foi promulgada polo rei o tres de novembro de 1789 a través das cartas patentes. Estaba composta por 17 artigos ós que seguían os 19 da Constitución de 1789, ademais de varios dos decretos da Asemblea Nacional, entre eles os que acabaran co réxime feudal en agosto de 1789. Foi a derradeira orde real. O 17 de novembro estas cartas patentes foron rexistradas no parlamento e na cámara de contas de París.
A Declaración, que figura como preámbulo ó texto da Constitución de 1789, mantívose como tal na Constitución de 1791.[25]
"Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos"
sintetiza os decretos do catro, sete, oito e once de agosto de 1789, que abolían a organización da sociedade en estamentos.
O artigo segundo proclama catro "dereitos naturais einalienables do home", que son aliberdade, apropiedade, aseguridade e a resistencia contra a opresión. Semella tarefa difícil localizar a súa orixe exacta, dada a heteroxeneidade das teorías sobre ocontrato social e as fronteiras borrosas que rodean o concepto de dereito natural, que é un dos máis importantes e dos máis difíciles de determinar. Pódese afirmar que a liberdade está ligada á idea dolibre albedrío deAgostiño de Hipona e que a propiedade fora xa estudada, entre outros, porLocke no seu Tratado do goberno civil* (1690)
O artigo terceiro, que atribuúe asoberanía ánación, inspírase no tema das amoestacións dos Parlamentos, achegadas polos numerosos membros do club dos "Amigos da Constitución", máis coñecido como oClub dosXacobinos e tamén no famoso panfleto do abadeSièyes no que propuña confiar a soberanía á Nación, entidade abstracta e diferenciada dapersoa física que a dirixe.
O artigo número seis, directamente inspirado na obra deJean-Jacques Rousseau foi proposto porTalleyrand. Foi lido na tribuna do comité de constitución o21 de agosto de 1789 e converteuse no artigo sexto da declaración de dereitos baixo a seguinte forma
A lei como expresión da vontade xeral, todos os cidadáns teñen o dereito de participar persoalmente ou por representación na súa formación; esta ten que ser a mesma para todos.[26]
O décimo artigo foi proposto por Boniface Louis de Castellane, preso durante o período do Terror e o bispo Jean-Baptiste Gobel (guillotinado o 13 de abril de 1794)
O artigo número 11 foi proposto polo duque Louis-Alexandre de La Rochefoucauld d’Enville.
O artigo 16, que asociaba a Constitución e a organización daseparación de poderes fai referencia a un principio que fora xa admitido coa separación das ordes espiritual, política e económica. Porén, os tres poderes políticos ós que se refire de xeito implícito, olexislativo,executivo e oxudicial, proveñen da concepción deMontesquieu no seuO espírito das leis.
O resto dos artigos declaran certos principios xerais do dereito ou dos procedementos, como odereito positivo, o carácter contraditorio dos procedementos ou a non retroactividae da lei penal.[27]
É unha obra do momento, unha proclama xeral, un texto que miraba cara ao pasado co fin de rematar coAntigo Réxime; pero tamén miraba cara ao futuro ao promover afilosofía das luces e o seu idealracionalista.[28].
Sociedade dos amigos dos dereitos do home e do cidadán
En París fundouse unha sociedade política baixo este nome o27 de abril de1790 para defender e desenvolver os principios dos dereitos do home. Foi máis coñecida como o "Club des Cordeliers" debido o nome do antigo convento onde levaban a cabo as súas reunións.
A Declaración está formada por un preámbulo e 17 artigos nos que se mesturan as disposicións relativas ós dereitos de varias categorías xurídicas de persoas:[29]
Os dereitos dos homes (todos os homes, franceses, estranxeiros, prisioneiros ou inimigos. Este é o caso dos artigos 1,2,3,4,7,9 e 10, que retoman as disposicións sobre o chamadoIus gentium.
Os dereitos dos cidadáns (entendidos como cidadáns franceses), como nos artigos 6 e 14, que definen os dereitos civís, apelando ou reforzando as liberdades públicas.
Os dereitos da Nación (por exemplo nos artigos 3,6,12,14,15 e 16). Abranguen a soberanía, o dereito a facer leis, o dereito de organizar as forzas públicas, o dereito ao voto de impostos, o dereito á representación, da rendición de contas dos poderes e a división dos poderes públicos.
A Declaración dos dereitos do home e do cidadán foi criticada xa desde os primeiros anos. Deste xeitoJean-Sylvain Bailly apuntaba nas súasMemorias o seguinte sobre o período de elaboración da declaración
“
A Declaración de dereitos tiña un gran número de partidarios e algúns adversarios; todos tiñan razón e ela era necesaria á vez que perigosa:necesaria para botar a andar seguindo a orde das ideas políticas; perigosa para a xente que se trabuca e que non sabe que non hai dereitos sen deberes; que para gozar duns fai falla someterse ós outros.[30]
”
Foi tamén criticada porque negaría o particular a expensas dun home abstracto, universal e inexistente en primeiro lugar; e por outra banda era criticada tamén polo contrario, porque non acadaría realmente a universalidade senón que se correspondería cos intereses dunha clase ou doutra parte da sociedade.
Todos os homes son iguais por natureza e perante a lei" ; declaración ambigua e redundante. Os homes son iguais por natureza: quere isto dicir son todos de igual talle, igual beleza, igual virtude? Non: trátase logo da igualdade política e civil que se quixo deseñar. Cando chegaba con dicir: Todos os homes son iguais perante a lei. [A Declaración] supón unha desigualdade de fortunas e rangos á beira da que é imposible achar a sombra dunha igualdade de dereitos.[31]
”
Proudhon concluía xa que logo que a Declaración de dereitos permitía que as desigualdes prosperasen, opoñéndose ós dereitos naturais que o propio texto afirmaba no seu primeiro artigo.
Despois el cuestiona a propiedade de xeito xeral. Esta é considerada como un dereito natural,que aparece á beira da liberdade, a seguridade e a igualdade na Declaración. Pon como exemplo os impostos, que recoñece como esenciais para manter os custos do goberno e pregúntase por que os ricos deberían pagar máis que os pobres.
Remata coa conclusión de que a propiedade non é un dereito natural.
O filósofo e político conservador irlandésEdmund Burke emitiu unha severa crítica da declaración no seu textoReflections on the Revolution in France de 1790. Burke é partidario do dereito natural, aínda que considera que ningún dereito do home pode ser directamente deducido. No seu famoso panfleto denuncia a "ficción monstrosa" que representa para el a igualdade, que non podería máis que suscitar "ideas falsas e expectativas vanas".
O filósofo inglésJeremy Bentham, pertencente á correnteutilitarista fixo tamén unha dura crítica da Declaración na súa obraAnarchical Fallacies, escrita entre 1791 e 1795. Comenta a Declaración artigo por artigo baixo un ton irónico e mordaz. Négase a ler a Declaración como un texto normativo, pero apáñase para abordala como unha situación de feito. A súa proposta, polo tanto, é basicamente retórica. A súa crítica máis sonada sobre o dereito natural a desenvolve deste xeito: este dereito non tería ningunha base ontolóxica, ningunha existencia real.[32]
Bentham está disposto a admitir o recoñecemento de dereitos subxectivos se están baseados no principio de utilidade. Porén nega toda lexitimidade "natural" ós dereitos recollidos na Declaración, que non serían máis que o reflexo das arelas daqueles que os promoveron.
Karl Marx denunciu o carácter formal dos dereitos garantidos pola Declaración, priorizando a busca da igualdade real dos cidadáns. As condicións doproletariado noséculo XIX mostrarían que eles pouco beneficio tiraran dos efectos desta declaración, que non prevía medios efectivos que levasen a mellorar a condición obreira e que establecía dereitos que eran en teoría para todos cando só unha minoría podía exercelos no seu propio beneficio.
Deste xeito a Declaración foi denunciada por Marx enA cuestión xudía como representante dos intereses da clase individualista burguesa, que redactou a Declaración na Asemblea Constitutínte. Concretamente, este sería o caso da santificación do dereito á propiedade recollido no artigo 17.
Tamén foi criticada polosMontagnards, principais autores daDeclaración de 1793, que pon límites ao dereito de propiedade privada e concede máis poder ao pobo. Isto non era suficiente para Babeuf e a "Conxuración dos Iguais", considerada como o primeiro movemento de inspiración socialista, que en 1795 demandaban acolectivización das terras e dosmedios de produción para pór en marcha a "igualdade perfecta". Tamén demandaban a posta en marcha da Constitución do ano I ouConstitución Montagnarde, que prevía osufraxio universal masculino.
A Declaración recoñecía moitos dereitos como pertencentes ós cidadáns (que só podían ser homes). Isto foi a pesar do feito de que despois daMarcha sobre Versalles no5 de outubro de1789, as mulleres presentaron aPetición da muller á Asemblea Nacional na que propuxeron un decreto que lle daba ás mulleres os mesmos dereitos que ós homes.[33] En 1790,Nicolas de Condorcet eEtta Palm d'Aelders solicitaron sen éxito á Asemblea Nacional que estendese os dereitos civís e políticos ás mulleres.[34] Condorcet declarou que "o que vota contra o dereito doutro, calquera que sexa a relixión, a cor ou o sexo dese outro, dende ese momento renega de si mesmo".[35]
A Revolución Francesa non levou ao recoñecemento dosdereitos das mulleres e isto provocou queOlympe de Gouges publicase aDeclaración dos dereitos da muller e da cidadá en setembro de 1791.[36]Esa obra está baseada naDeclaración dos dereitos do home e do cidadán e é irónica na súa formulación xa que expón o fracaso daRevolución Francesa, que estaba consagrada á igualdade. Na carta dirixida a María Antonieta que acompañaba esta declaración Olympe de Gouges afirmaba que:
Esta revolución só terá efecto cando todas as mulleres teñan coñecemento pleno da súa deplorable condición, e dos dereitos que perderon na sociedade.[37]
ADeclaración dos dereitos da muller e da cidadá segue os dezasete artigos daDeclaración dos dereitos do home e do cidadán punto por punto e foi descrita por Camille Naish como "case unha parodia ... do documento orixinal".
O primeiro artigo daDeclaración dos dereitos do home e do cidadán proclama que "Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só poden basearse nunha utilidade común". O primeiro artigo daDeclaración dos dereitos da muller e da cidadá replicaba: "A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais poden só basearse nunha utilidade común".[37]
De Gouges tamén chama a atención sobre o feito de que, de conformidade coa lexislación francesa, as mulleres eran plenamente puníbeis, pero denegábanselle iguais dereitos, declarando que "as mulleres teñen dereito a ir ó cadafalso, tamén deben ter dereito a subir á tribuna do orador".[38]
Pola súa banda, Pierre Guyomar presenta o 29 de abril de 1793 perante a Asemblea un texto titulado "Le Partisan de l'égalité politique de tous les individus" , en que alega a favor de que os dereitos recollidos na Declaración fosen aplicados ao conxunto dos individuos, con independencia do seu sexo.
A Declaración dos dereitos do home foi tamén criticada pola súa non aplicabilidade ós habitantes das colonias. A Asemblea Constituínte non abolira a escravitude enSaint-Domingue nin decidira sobre a igualdade política entre homes brancos e de cor. Non foi ata o día 29 de agosto de 1793 que a afirmación de que "todos os homes nacen e permanecen libres" desta declaración foi de aplicación en Saint-Domingue porSonthonax, logo de que a escravitude fora abolida o 23 de xuño dese ano pola novaDeclaración de dereitos.
A maioría dos principios establecidos na declaración teñen sido incorporados ás modernas constitucións occidentais, entre elas áConstitución española de 1978, así como óstratados internacionais tanto globais (ONU) coma rexionais (tratados daUnión Europea).Consonte ó preámbulo da Constitución da Quinta República de Francia (adoptada o4 de outubro de1958, e actual constitución do dito país), os principios descritos na Declaración teñen valor constitucional.Moitas leis e regulacións foron canceladas porque non cumprían con eses principios segundo o interpretado polo Consello Constitucional Francés ou Conseil d'État ("Consello de Estado").[Cómpre referencia]
Moitos dos principios da declaración de 1789 teñen implicacións indirectas hoxe en día:
O dereito á vida
O dereito á igualdade
O principio de legalidade
As liberdades políticas
O recoñecemento do dereito á propiedade privada
Non obstante, hai que ter en conta que aDeclaración dos dereitos do home e do cidadán foi un produto daRevolución Francesa e nese contexto de ruptura hai que entendela.
↑Conac, GérardLa Déclaration des droits de l’homme et du citoyen de 1789 : histoire, analyse et commentaires, Económica, 1993, 365,p. 8ISBN 978-2-71782-483-4
↑Jacques Godechaux,Les constitutions de la France depuis 1789, Paris, Garnier, 2006, p.26
↑ Bailly, Jean-Sylvain.Mémoires d'un témoin de la Révolution, ou journal des faits qui se sont passés sous ses yeux…, T. 3,p. 17 Levrault, París, 1804.
↑Proudhon, Pierre-Joseph (1840). "Idée d'une révolution".Qu'est-ce que la propriété ?(enfrancés) (1 ed.). Le Livre de Poche..