Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dean Jagger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDean Jagger

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1903Editar o valor en Wikidata
Columbus Grove, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 1991Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos DíasEditar o valor en Wikidata
EducaciónWabash College(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, actorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1929Editar o valor en Wikidata - 1987Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWésternEditar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0415591Allocine: 3604Allmovie: p35003TCM: 93681TV.com: people/dean-jaggerIBDB: 46771
BNE: XX1305978Musicbrainz: 4b9e02c2-8208-4763-ba62-ae666d321be6WikiTree: Jagger-278Find a Grave: 8585Editar o valor en Wikidata

Dean Jeffries Jagger,[1] nado enColumbus Grove[2] ou enLima[3] (Ohio) o7 de novembro de1903 e finado enSanta Monica (California) o5 de febreiro de1991 foi un actorestadounidense.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Durante a súa infancia abandonou a escola varias veces antes de chegar aoWabash College. Finalmente tamén o deixou, dándose de conta de que a vida académica non era para el.[4] Durante varios semestres ensinou todos os graos nunha escola elemental antes de marchar a Chicago.[2]

Estudou interpretación no Lyceum Arts Conservatory de Chicago,[4] uníndose a unha compañía como substituto deSpencer Tracy.[2] Actuou envodevís, na radio e no teatro,[2] debutando en Broadway en 1925 nunha produción deGeorge M. Cohan.[4] Seguiu en Broadway durante as décadas de 1930 e 1940.

Jagger tivo o seu primeiro papel no cinema enThe Woman from Hell (1929), conMary Astor e o seu primeiro papel importante foi o protagonista deBrigham Young (1940).[5] Foi un actor de carácter recoñecido que apareceu en case cen filmes e gañou oOscar ao mellor actor secundario porTwelve O'Clock High (1949).

En 1947 intentou casar coa súa segunda esposa, Gloria Ling, mais foilles denegada a licenza de matrimonio en California pola lei estatal que "prohibe as unións entre caucásicos e mongois[sic]"; o pai de Ling nacera na China.[6]

Participou en filmes comaThe Robe (1953),White Christmas (1954),Bad Day at Black Rock (1955), conSpencer Tracy,King Creole (1958), onde interpretou o pai deElvis Presley eElmer Gantry. En 1956 rexeitou participar no filme británico de ciencia ficciónX the Unknown porque o director,Joseph Losey, estaba na lista negra de Hollywood. Finalmente Losey foi apartado do proxecto e substituído porLeslie Norman.

Jagger tamén acadou éxito participando en series de televisión.

En 1972 Jagger foi bautizado como membro dosmormóns.[7]

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Dean Jagger".Variety. 10 de febreiro de 1991. 
  2. 2,02,12,22,3Flint, Peter B. (6 de febreiro de 1991)."Dean Jagger, Actor, 87, Is Dead; Versatile Figure in Films and TV".The New York Times. 
  3. Oliver, Myrna (6 de febreiro de 1991)."Oscar-Winning Character Actor Dean Jagger Dies".Los Angeles Times. 
  4. 4,04,14,2"Former Teacher Dean Jagger Returning to 'School'".Hazleton Standard-Speaker. 15 de xuño de 1963. 
  5. Church News, 7 de xullo de 2003.
  6. "Film Actor, Secretary Denied License to Wed".Pottstown Mercury. 25 de xaneiro de 1947. 
  7. Famous Mormons (ed.)."Dean Jagger (1903-1991) Actor". Arquivado dendeo orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Dean JaggerModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dean_Jagger&oldid=6701863»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp