Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

David Wineland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Wineland

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1944Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Milwaukee, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard-Doutor en filosofía (–1970)
Universidade de California, Berkeley-grao en Artes (–1965)
Encina High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Director de teseNorman Foster RamseyEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓptica emecánica cuánticaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoBoulderEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, académicoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía
Universidade de Washington
Universidade de Oregón
Universidade de Colorado en Boulder,adjoint professor(en)Traducir
Universidade Estatal de ColoradoEditar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webexperts.colorado.edu…Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wineland-99

David Jeffrey Wineland, nado enWisconsin o24 de febreiro de1944, é unfísicoestadounidense, laureado copremio Nobel de Física no2012 candaSerge Haroche,[1] «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais».[2] Traballa noInstituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) e no laboratorio de física daUniversidade de Colorado en Boulder.

O seu traballo incluíu avances naóptica, arrefriamentoláser deións entrampas de Paul e o uso de ións atrapados en operacións decomputación cuántica.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Wineland cursou os seus estudos secundarios no Instituto Encina de Sacramento, California, en 1961.[3] Obtivo a súa licenciatura en Física naUniversidade de California, Berkeley en 1965 e finalizou o seu doutoramento en 1970, traballando conNorman Foster Ramsey Jr., naUniversidade Harvard, desenvolvendo unha tese doutoral titulada "O máser atómico de deuterio". Logo traballou como investigador posdoutoral no grupo deHans Dehmelt naUniversidade de Washington antes de unirse áNational Bureau of Standards en 1975, onde iniciou o grupo de almacenamento de ións, agora noNIST, Boulder.

David Wineland traballa naUniversidade de Colorado, e desenvolveu investigacións fundamentais sobre a interacción entre aluz e amateria.

Wineland é membro daSociedade Americana de Física, aSociedade Óptica Estadounidense, e foi elixido membro daAcademia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1992.

Premios

[editar |editar a fonte]

David J. Wineland traballa como físico do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), do Departamento de Comercio dos Estados Unidos. Obtivo o Premio Nobel 2012 de Física, sendo o cuarto premio Nobel en física adscrito ao NIST nos últimos 15 anos.

Wineland compartiu o premio conSerge Haroche doCollège de France e aÉcole Normale Supérieure deParís, Francia, "polos métodos experimentais innovadores que permiten a medición e manipulación de sistemas cuánticos individuais".

Outros premios que recibiu son:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nobel de Física para dos pioneros de la física cuántica.El Mundo, 9 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014.
  2. 2,02,1Royal Swedish Academy of Sciences (ed.)."Press release - Particle control in a quantum world". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  3. Class of 1961 Graduation List. encinahighschool.com. Consultado o 22 de xullo de 2014.
  4. IEEE Ultrasonics, Ferroelectrics, and Frequency Control Society (ed.)."Rabi Award". Arquivado dendeo orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  5. American Physical Society (ed.)."2001 Arthur L. Schawlow Prize in Laser Science Recipient". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  6. NIST, ed. (25 de agosto de 2008)."NIST Physicist David J. Wineland Awarded 2007 National Medal of Science". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  7. Physics Today, ed. (20 de novembro de 2008)."OSA, DPS Name David J. Wineland Winner of First Herbert Walther Award". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=David_Wineland&oldid=6754048»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp