Adanza é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música.[1] É unha das principaisartes escénicas daantigüidade, ao lado doteatro e damúsica.
É o movemento estático e en desprazamento que sucede no espazo e o tempo que se realiza cunha parte e todo o corpo do executante, con certo compás ouritmo como expresión de sentimentos individuais ou de símbolos da cultura e a sociedade. A danza tamén é unha forma de comunicación; úsase a linguaxe non verbal entre os seres humanos onde obailarín oubailarina expresa sentimentos e emocións a través de xestos e movementos. Realízase maiormente con música, xa sexa unhacanción,peza musical ou tons.
Os primeiros en recoñecer a danza como unha arte foron os gregos que lle dedicaron na súa mitoloxía unha musa.Terpsícore. A súa práctica estaba ligada ao culto do deusDioniso e, xunto coa poesía e a música, era elemento indispensable da traxedia grega, onde acatarse poñía ao individuo en relación cos deuses; aínda que tamén entre os gregos cumpría a danza unha función de comunicación e cohesión social.
Dentro da danza existe acoreografía, que é a arte de crear danzas. Á persoa que crea coreografías coñéceselle comocoreógrafo. A danza pódese bailar cun número variado debailaríns, que vai desde solitario, en parella ou grupos; pero o número polo xeral dependerá da danza que se vai a executar e tamén do seu obxectivo, e nalgúns casos máis estruturados, da idea do coreógrafo.
A danza caracterízase polo uso do corpo seguindo movementos previamente estabelecidos (coreografía) ou improvisados (danza libre).
A danza pode existir como manifestación artística ou como forma de divertimento e/ou cerimonia. Como arte, a danza exprésase a través dos signos de movemento, con ou sen acompañamento musical, para un determinado público, que ao longo do tempo se foi desvinculado das particularidades do teatro.
Nas formas máis clásicas de danza os bailaríns adoitan bailar por parellas e en grupos, coordinando os pasos entre eles conxuntamente.
Actualmente, a danza manifestase nas rúas en eventos como "Danza en Tránsito", so a forma de vídeo, no chamado "vídeo-danza", e en calquera outro ambiente en que for contextualizado o propósito artístico.
A orixe da danza pódese remontar á antigüidade, cando se facían pantomimas e bailes, e aínda que non quedan testemuños escritos o estudo dos pobos primitivos contemporáneos fai pensar que os humanos máis primitivos debían acompañar os seus rituais con algún tipo de movemento rítmico que se podería considerar un baile ou danza, que podía pasar de ser de moi elemental a moi rico e sofisticado.
Noantigo Exipto as danzas cerimoniais foron instituídas polosfaraóns. Estas danzas, que culminaban en cerimonias representando a morte e a reencarnación do deusOsiris, fóronse facendo cada vez máis complexas, ata o punto de que só podían ser executadas por profesionais altamente cualificados.
Ó redor deDioniso ouBaco, o deus doviño e a embriaguez, grupos demulleres chamadas ménades ían de noite as montañas, onde baixo os efectos do viño, celebraban as súas orxías con danzas extáticas. Estas danzas incluían, eventualmente, música e distintas figuras damitoloxía clásica que eran representados por actores e bailaríns adestrados. A finais doséculo V a.C. estas danzas comezaron a formar parte da escena social e política da antigaGrecia.
Entre osromanos, a aceptación da danza por parte dos poderes públicos foi decaendo. Acristianización do Imperio Romano introduciu unha nova era na que o corpo, asexualidade e a danza resultaron unidas e foron obxecto de controversia e conflitos.
A partir doséculo IV e durante toda aIdade Media a actitude daigrexa cristiá respecto á danza foi ambivalente. Por un lado encontramos o rexeitamento da danza comocatalizadora da permisividade sexual, alascivia e a éxtase por líderes da igrexa comoAgostiño de Hipona (354-430), cuxa influencia continuou durante toda a Idade Media. Por outro lado, algúns antigosPais da Igrexa intentaron incorporar aos cultos cristiáns as danzas propias dosceltas,anglosaxóns,galos etc.
Na década de 1920, os estudos da danza (práctica da danza, teoría crítica, análise musical e da historia) comezaron a ser considerados como disciplinas académicas. Na actualidade estes estudos son unha parte integral das artes en moitas universidades e programas de humanidades. A finais do século XX recoñeceuse o coñecemento práctico como igual ao académico, o que conduciu á aparición de prácticas de investigación. Unha ampla gama de cursos de baile están dispoñibles, incluíndo:
Práctica profesional: habilidades de interpretación e técnica,docencia
Práctica de investigación: a coreografía e o desempeño
Etnocoreoloxía, que abrangue os aspectos relacionados coa danza de: antropoloxía, estudos culturais, estudos de xénero, estudos de área, teoría post-colonial, etnografía etc.
Muller realizando un baile típico do estado deVeracruz, México.
Acoreografía (literalmente "escritura da danza", tamén chamadacomposición da danza) proceda das palabras gregas "χορεία" (danza circular,corea) e "γραφή" (escritura). É aarte de crear estruturas en que sucedenmovementos; o vocábulo composición tamén pode referirse á conexión destas estruturas de movementos. A estrutura de movementos resultante tamén pode ser considerada como acoreografía.
Os elementos (movementos) e características específicas dunha danza, empréganse para elaborar unha coreografía, e a partir deles poden inventarse novos movementos para crear novas coreografías. A coreografía tamén se emprega en situacións especiais, como nacinematografía, oteatro,musicais,concertos,performances, eventos e presentacións artísticas.
De principio a fin o que foi a historia da danza viuse dentro dos métodos tradicionais para a preparación dunbailarín, mais ao longo deste tempo os profesores percatáronse de que estes métodos non sempre deixan o alumno de danza da forma mellor preparada. Por iso é importante ver os avances que se tiveron na ciencia do deporte e apsicoloxía, para así poder ter unha información máis intelixible para poder aplicar a psicoloxía no ensino da danza e poder outorgar un mellor rendemento aos estudantes desta disciplina, ao igual que dará un mellor panorama para a preparación mental que implica a danza.[2]
É a que experimentan os bailaríns durante a súaactuación, conducíndoos a unha actitude escénica, o cal é orixinado polos cambios realizados polobailarín para poder render ao máximo. Na base atópase amotivación, posteriormente a confianza nun mesmo, consecuentemente a intensidade e por último aconcentración.[2]
Motivación
Amotivación lógrase cando unha persoa atopa por certo medio un xeito de satisfacer algunha necesidade e así crea unha mellor disposición ou aumento pola realización de dicha acción.[3]
Hai algunhas situacións onde se pode observar que o bailarín o ten todo (extensión, técnica, forza), mais non chegan a dar o seu máximo. En cambio atópanse outras situacións de bailaríns aos que lles custa máis traballo, é dicir, carecen dotalento pero chegan a obter un nivel máis alto.
Confianza nun mesmo
É o segundo nivel da pirámide de actitude escénica, sendo un dos niveis máis influentes na actuación da danza, ao igual que parte integral do programa psicolóxico de rendemento. Esta confianza dentro da danza identificarase pola sólida fe que obteña obailarín no momento de aprender e realizar certa técnica ou representar algún papel. Polo tanto, nunca se debe limitar a un bailarín o ensino de habilidades técnicas e artísticas, polo que se lles debe mostrar a confianza en canto á capacidade da execución de devandita técnica.[2]
Intensidade
Refírese ao grao de preparación psicolóxica que terá o bailarín no momento previo da súa actuación. Esta caracterízase polas diversas evolucións que presentarán no estado fisiolóxico, como o son os latexos do corazón,presión sanguínea, produción deadrenalina e mesmo medo. Os bailaríns pódena presenciar dun xeito tanto positivo como negativo.[2]
Concentración
O máximo punto da pirámide de actitude escénica. En certas ocasións é o menos comprendido, non obstante ser o que sintoniza osbailaríns na súa actuación. Este é a capacidade que se ten cara a unha cousa nun longo período de tempo.[2]
Amelie Soyka,Tanzen und tanzen und nichts als tanzen. Tänzerinnen der Moderne von Josephine Baker bis Mary Wigman. AvivA, Berlín, 2004.ISBN 3-932338-22-7.