Dante Alighieri, nado comoDurante di Alighiero degli Alighieri[1] en maio ou xuño de1265 e finado o 13 ou14 de setembro de1321,[2] foi un escrito, poeta e filósofo,[3] considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior naIdade Media. Tamén coñecido sinxelamente comoDante,[4][5] naceu e viviu gran parte da súa vida enFlorencia. O seu poema, de cariz épico eteolóxico,A divina comedia, orixinalmente chamadoComedìa (en italiano moderno:Commedia) e máis tarde cristianizado comoDivina porBoccaccio,[6] é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.[7][8][9] É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo[2] e a base dalingua italiana moderna.
A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita enlatín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, enDe vulgari eloquentia, Dante defende o emprego daslinguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir entoscano en obras comoVita nuova (1295) e na devanditaDivina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos comoPetrarca ouBoccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións doInferno, doPurgatorio e doCeo serviron de inspiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras deJohn Milton,Geoffrey Chaucer,William Shakespeare eLord Alfred Tennyson, entre outros.
En italiano é coñecido comoil Sommo Poeta («o Poeta Supremo»).[10] A Dante tamén se lle considera o «pai do idioma»italiano (chamadovolgarenaquela época).[11] A súa primeira biografía foi escrita porGiovanni Boccaccio (1313-1375), noTrattatello in laude di Dante.
Descoñécese a data de nacemento de Dante, aínda que el propio nos informe de que naceu baixo o signo dos xemelgos, o que significa que sería entre maio e xuño. Naceu nunha importante familiaflorentina, (cuxo apelido era, na realidade, Alaghieri)[12] comprometida politicamente co partido dosGüelfos, unha alianza política envolvida en loitas con outra facción de florentinos: osxibelinos. Os güelfos estaban divididos en güelfos brancos e güelfos negros. Dante, noInferno (XV, 76) pretende dicir que a súa familia ten raíces naRoma Antiga, aínda que o familiar máis antigo que se lle coñece (citado polo propio Dante, no libroParaíso, (XV, 135), sexaCacciaguida degli Elisei, que terá vivido, cando moito, contra o ano1100 (o que, con respecto ao propio Dante, non é moi antigo).
O seu pai,Alighiero di Bellincione, foi un güelfo branco. Non sufriu, porén, ningunha represalia após a vitoria do partido xibelino naBatalla de Montaperti. Esta consideración por parte dos propios inimigos denota, sen sombra de dúbida, o prestixio da familia.[13] A nai de Dante chamábase Dona Bella degli Abati;[12] nome algo comentado por significar "a bela dos abades", aínda que Bella sexa na realidade unha contracción de Gabriella. Morre cando Dante conta apenas con 5 ou 6 anos de idade. Alighiero rapidamente casa con Lapa di Chiarisimo Cialuffi. Hai algunha controversia canto a este casamento, propondo algúns autores que os dous se uniran sen contraer matrimonio, debido a dificultades postas daquela ao casamento de viúvos. Desta segunda muller nacerá o irmán de Dante, Francesco e Tana (Gaetana), a súa irmá.
Dante Alighieri e Beatrice Portinari no xardín, 1903, obra mestra de estilo prerrafaelita de Cesare Saccaggi da Tortona.
Cando Dante tiña 12 anos, en1277, decidiuse o seu casamento con Gemma, filla de Mese Manetto Donati.[12] Contraer matrimonio con esta idade, naquela altura, era bastante común. Dábaselle unha importancia excepcional á cerimonia, que decorría nun ambiente moi formal, coa presenza dun notario. Dante tivo varios fillos de Gemma. Como acontece en xeral coas persoas famosas, apareceron moitos supostos fillos do poeta. É probábel, no entanto, que Jacopo, Pietro e Antonia fosen, realmente, fillos seus.[12] Antonia tomou o hábito de freira, co nome de Irmá Beatriz. Outro home, chamado Giovanni, reclamou tamén a filiación pero, malia ter estado con Dante no exilio, restan algunhas dúbidas ao respecto.
Pouco se sabe sobre a educación de Dante. Presúmese que estudou na casa, de forma autodidacta. Sábese que estudou a poesía toscana, talvez coa axuda deBrunetto Latini. A poesía toscana centrábase na "Scuola poetica siciliana", un grupo cultural deSicilia que se daba a coñecer daquela naToscana. Ese interese axiña se ampliou a outros autores, entre os cales destacan osmenestreis e poetasprovenzais, alén dos autores da Antigüidade Clásica latina (de entre os cales elixía, preferentemente, aVirxilio,[14] aínda que tamén tivese coñecemento da obra deHoracio,Ovidio,Cicerón e, de forma máis superficial,Tito Livio,Séneca,Plinio e outros dos que encontramos bastantes referencias na Divina Comedia).
É importante referir que durante aIdade Media, aItalia estaba composta por un complexo mosaico de pequenos estados, de modo queSicilia estaba tan lonxe, cultural e politicamente, deFlorencia como aProvenza. Os territorios que hoxe compoñen Italia aínda non compartían a mesma lingua nin a mesma cultura, en parte debido ás vías de comunicación deficitarias. Porén, é notorio o espírito curioso de Dante que, sen dúbida, pretendía estar a par das novidades culturais a un nivel internacional. Aos dezaoito anos, conGuido Cavalcanti,Lapo Gianni,Cino da Pistoia e, pouco despois,Brunetto Latini, Dante lanza oDolce Stil Nuovo. Na Divina Comédia (Inferno, XV, 82) faise unha referencia especial a Brunetto Latini, onde se di que instruíu a Dante. Tanto naDivina Comedia como naVita Nuova apréndese que Dante se interesou por outros medios de expresión como a pintura e a música.
Aínda novo (18 anos), coñeceu aBeatrice Portinari, a filla de Folco dei Portinari, aínda que, acreditando no propio Dante, a teña fixado na memoria cando a viu pola primeira vez, con nove anos (tería Beatriz, nesa altura, 8 anos). Hai quen di,[quen?] no entanto, que Dante a viu unha única vez e que nunca deu falado con ela. Non hai elementos biográficos que comproben este feito.
É difícil interpretarmos en que consistiu esta paixón pero, é certo, foi de importancia fulcral para a cultura italiana. É baixo o signo deste amor que Dante deixa a súa marca profunda no Dolce Stil Nuovo e en toda apoesía lírica italiana, abríndolle camiño aos poetas e escritores que lle seguiron para desenvolveren o tema doAmor (Amore) que, até entón, non fora tan enfatizado. O Amor por Beatriz (tal como o amor quePetrarca demostra por Laura, aínda que nunha perspectiva diferente) aparece como a xustificación da poesía e da propia vida, case confundíndose coas paixóns políticas, igualmente importantes para Dante. Cando Beatriz morre, en1290, Dante procura refuxio espiritual na filosofía daLiteratura latina. PoloConvívio sabemos que leu a "De consolatione philosophiae" deBoecio e a "De amicita" deCicerón. Dedicouse, pois, ao estudo da filosofía en escolas relixiosas, como adominicana deSanta Maria Novella, tanto máis que el propio era membro daOrde Terceira de San Domingos. Participou nas disputas entremísticos edialécticos, que se producían, entón, en Florencia nos medios académicos. Disputas esas que se centraban en torno das dúas ordes relixiosas máis relevantes. Por un lado, osfranciscanos, que defendían a doutrina dos místicos e, por outro, osdominicanos, que se socorrían das teorías de SanTomé de Aquino. A súa paixón "excesiva" pola filosofía é criticada por Beatriz (representando aTeoloxía), noPurgatorio.
Dante participou, tamén, na vida militar da época. En1289 combateu ao lado dos cabaleiros florentinos, contra os de Arezzo, naBatalla de Campaldino, o11 de xuño.[15] En1294 estaba cos soldados que escoltaban aCarlos Martel de Anjou (fillo deCarlos de Anjou e heroe dePoitiers) cando este estaba en Florencia.[16] Foi, tamén, médico e farmacéutico; non pretendía exercer esas profesións pero, segundo unha lei de 1295, todo nobre que pretendese tomar un cargo público debía pertencer a unha dasGuildas (Corporacioni di Arti e Mestieri - ou sexa,Corporación de Artes e Ofícios). Ao entrar na guilda dos boticarios, Dante podía, así, acceder á vida política. Esta profesión non era de todo inadecuada para Dante, xa que, nesa época, os libros vendíanse nas boticas. De 1295 a 1300, fixo parte do Consello dos Cen (o Consello Municipal de Florencia), onde fixo parte dos seis priores que gobernaban a cidade. O compromiso político de Dante carrexoulle varios problemas. O PapaBonifacio VIII tiña a intención de ocupar militarmente Florencia. En 1300, Dante estaba enSan Gimignano, onde preparaba a resistencia dos güelfos toscanos contra as intrigas papais.[17] En 1301, o papa enviou aCarlos de Valois, (irmán deFilipe, o Belo, rei deFrancia), como pacificador da Toscana. O goberno de Florencia, no entanto, xa recibira mal os embaixadores papais, semanas antes, de forma a rexeitar calquera influencia da Santa Sé. O Consello da cidade enviou, entón, unha delegación a Roma co fin de indagar ao certo as intencións do Sumo Pontífice. Dante encabezaba esa delegación.
Bonifacio rapidamente enviou os outros representantes de volta a Florencia , retendo só a Dante en Roma. Entrementres, o1 de novembro de1301,Carlos de Valois entraba enFlorencia cos güelfos negros que, por seis días, devastaron a cidade e masacraron gran número de partidarios da facción branca. Instalouse, entón, un goberno partidario dos güelfos negros, e Cante dei Gabrielli di Gubbio foi nomeado "Podestá" (funcionario público designado polas familias máis influentes da cidade). Dante foi condenado, en Florencia, ao exilio por dous anos, alén de ser condenado a pagar unha elevada multa en diñeiro. Estando aínda en Roma, o papa "suxeriulle" que ficase, sendo considerado, a partir de entón, un proscrito.
Non tendo pago a multa, foi, por consecuencia, condenado ao exilio perpetuo. O poeta participou en varias tentativas para repor os güelfos brancos no poder; en Florencia, no entanto, debido a diversas traizóns, todas fallaron. Dante, contrariado polo o tratamento de que foi albo por parte dos seus inimigos, lamentaba tamén a inacción dos seus antigos aliados. Declarou solemnemente, daquela, que pertencía a un partido cun único membro. Foi nesta altura cando comezou a facer o bosquexo do que sería a "Divina Comedia", poema constituído por 100 cantos, divididos en 3 libros ("Inferno", "Purgatorio" e "Paraíso") con 33 cantos cada un (exceptuando o primeiro libro que, dos seus 34 cantos, o primeiro é considerado apenas como Canto introdutorio). Foi paraVerona, onde foi hóspede deBartolomeo Della Scala; mudouse paraSarzana (Liguria), e, despois, suponse que viviu algún tempo enLucca con Madame Gentucca, que o acolleu de forma calorosa (o que, máis tarde, será referido de forma agradecida no Purgatorio XXIV,37).
Algunhas fontes chegan a avanzar que estivo enParís, entre1308 e1310. Outras fontes, menos fiábeis, porén, din que foi atéOxford. En 1310,Arrigo VII deLuxemburgo invadía Italia. Dante viu nel a oportunidade de se vingar. Escribiulle (así como tamén a varios príncipes italianos) cartas abertas onde incitaba violentamente á destrución do poderío dos güelfos negros. Mesturando relixión e asuntos privados, invocou a ira divina sobre a súa cidade, suxerindo como albo principal do desagrado de Deus os seus máis acérrimos inimigos persoais. En Florencia, Baldo d'Aguglione perdoou a maior parte dos güelfos brancos que estaban no exilio, permitíndolles o seu regreso. Dante, no entanto, traspasara con moito os límites tolerábeis para o partido negro nas súas cartas a Arrigo VII, polo que o seu regreso non foi permitido. En 1312, Arrigo asalta Florencia, derrotando os güelfos negros. Non hai, no entanto, ningunha evidencia dunha posíbel participación de Dante no evento. Hai quen di que Dante se negou a participar nun ataque á súa cidade ao lado dun estranxeiro. Outros, porén, suxiren que o seu nome se tornara incómodo para os propios güelfos brancos, polo que calquera trazo da súa pasaxe foi axiña ocultado para a posteridade. En 1313, coa morte de Arrigo, morre tamén a esperanza de Dante de rever a súa cidade.
Volta para Verona, onde Cangrande Della Scala lle permite vivir seguro, confortábel e con algunha prosperidade. Cangrande é unha das personaxes admitidas por Dante no seu Paraíso (XVII, 76). En 1315, Florencia foi obrigada, por Uguccione della Faggiuola (oficial militar que controlaba a cidade) a outorgar amnistía a todos os exiliados. Dante constaba na lista daqueles que debían recibir o perdón.
No entanto, esixíase que estes pagasen unha determinada multa e, sobre todo, que aceptasen participar nunha cerimonia de cariz relixioso onde se retractarían como ofensores da orde pública. Dante negouse a semellante humillación, preferindo o exilio. Cando Uguccione derrota, finalmente, a Florencia, a sentenza de morte que recaía sobre Dante foi conmutada nunha pena de prisión, baixo a única condición de que tería de ir a Florencia xurar solemnemente que xamais entraría na cidade. Dante non foi.[18]
Como resultado, a pena de morte estendeuse aos seus fillos. Dante aínda esperou que fose posíbel ser convidado por Florencia a un regreso honrado. O exilio era como unha segunda morte, privándoo de moito do que formaba a súa identidade. Os seus restos mortais mantéñense enRávena, non en Florencia. Guido Novello da Polenta, príncipe de Rávena, convidouno en1318 a vivir alí. Dante aceptou a oferta. Foi en Rávenaonde terminou oParaíso e, pouco despois, falecía, talvez demalaria, en 1321, con 56 anos, sendo sepultado na Igrexa de San Pier Maggiore (máis tarde chamada Igrexa de San Francesco). Bernardo Bembo, pretor deVenecia, decidiu honrar os restos mortais do Poeta, erixíndolle un monumento funerario de acordo coa dignidade de Dante Alighieri.
A divina comedia describe unha viaxe de Dante a través doInferno, doPurgatorio, e doParaíso, primeiro guiado polo poeta romanoVirxilio, autor do poema épicoEneida, a través do Inferno e do Purgatorio e, despois, no Paraíso, pola man da súa amada Beatriz (con quen probabelmente nunca chegou a falar e apenas viu dunha a tres veces). En termos xerais, os lectores modernos prefiren a descrición vívida e psicoloxicamente interesante para a sensibilidade contemporánea do "Inferno", onde as paixóns se axitan de forma angustiada nun ambiente case cinematográfico. Os outros dous libros, oPurgatorio e oParaíso, xa esixen outra abordaxe por parte do lector: contén sutilezas a nivel filosófico e teolóxico, metáforas dificilmente comprensíbeis para a nosa época, requirindo algunha procura e paciencia. O Purgatorio é considerado, dos tres libros, o máis lírico e humano. É interesante verificar que é, tamén, aquel onde aparecen máis poetas. O Paraíso, o máis pesadamente teolóxico de todos, está repleto de visións místicas, raiando a éxtase, onde Dante tenta describir aquilo que, confesa, é incapaz de expresar (como acontece, de feito, con moitos textos místicos que fan a historia da literatura relixiosa). O poema preséntase como "poema sagrado", o que demostra que Dante leva moi a serio o lado teolóxico e, quizais, profético, da súa obra. O poema chámase "Comedia" non por ser divertido ou cómico, senón porque termina ben (no Paraíso). Era ese o sentido orixinal da palabracomedia, en contraste coatraxedia, que terminaba, en principio, mal para os personaxes. Dante escribiu a "Comedia" no seu dialecto local. Ao crear un poema de estrutura épica e con propósitos filosóficos, Dante demostraba que a lingua toscana (moi próxima ao que hoxe é coñecido como linguaitaliana) ou lingua vulgar (en oposición ao latín, que se consideraba como a lingua apropiada para discursos máis serios) era adecuada para o máis elevado tipo de expresión, ao mesmo tempo que establecía otoscano como dialecto patrón para o italiano.
Vida nova, onde insire sonetos comentados onde narra a historia do seu amor por Beatriz. A lingua utilizada é a toscana, tanto para os poemas (o que non é gran novidade, xa que moitas obras líricas xa se escribían daquela en lingua vulgar) como para os comentarios que, polo seu carácter máis teórico, xa innovan ao prescindir do latín.
Le Rime - ("As rimas"), tamén chamadas de "Canzoniere", onde aparecen varios textos de cariz lírico (sonetos,cancións,baladas,sextinas...), onde, novamente, lle canta ao amor idealizado (amor platónico), a Beatriz, así como á Ciencia, á Filosofía e á Moral (nun sentido amplo do termo);
Il Convivio - "O Convivio" ou "O Banquete", de carácter filosófico, é presentado polo poeta como un banquete con 14 pratos (simbolizando as cancións), acompañados do pan (os comentarios). Fai parte das obras que pretenden dignificar a lingua vulgar. Dante chega aquí a citar autores tan importantes comoAristóteles ou SanTomé de Aquino.
Monarchia - "Monarquia", onde expón as súas ideas políticas;
Outras obras, consideradas menores, como "As Epístolas", "Églogas" e "Quaestio de aqua et terra".
↑Wetherbee, Winthrop; Aleksander, Jason (30 de abril de 2018)."Dante". En Zalta, Edward N.The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Metaphysics Research Lab, Stanford University.