Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Daniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ODaniano é, naescala de tempo xeolóxica, a idade episo máis antigo dos tres que conforman aépoca e seriePaleoceno. Esténdese no tempo entre os 66 e os 61,6 millóns de anos atrás. A súa base vén definida polaExtinción masiva do Cretáceo-Terciario. O Daniano está precedido poloMaastrichtiano noCretáceoSuperior e é seguido poloSelandiano.[1]

Definición estratigráfica

[editar |editar a fonte]
Paisaxe daniana.

O Daniano foi introducido na literatura científica polo xeólogoPierre Jean Édouard Desor en1847. Foi denominado así a partir do topónimolatino paraDinamarca. O pisoMontiano da estratigrafíabelga (polo nome da cidade deMons) considérase agora un sinónimo obsoleto.

A base do daniano defínese na anomalía deiridio que caracteriza a fronteiracretácea-paleóxena (fronteira K-T) nas seccións estratigráficas en todo o mundo. Unha sección enKef,Tunisia, foi designada como o perfil de referencia (GSSP) para este importante límite.[2] É moi importante porque a anomalía de iridio é recoñecida facilmente e foraminíferos planctónicos primitivos do Daniano definen a súa base. Osforaminíferos do Daniano repoboaron os mares doPaleoceno despois da extinción masiva doCretáceo.[3] A primeira substitución de foraminíferos do Paleoxeno é a deGlobigerina eugubina, que se utiliza para definir a base do piso Daniano.[4] Este foraminífero substituíu o xénero cretáceoGlobotruncana.

A parte superior de piso Daniano (a base do Selandiano ) está cerca do límite bioestratigráfico entre as biozonas mariñas NP4 e NP5. Sitúase un pouco despois das primeiras aparicións de moitas novas especies de plancto calcario do xéneroFasciculithus (F. ulii,F. billii,F. janii,F. involutus,F. tympaniformis eF. pileatus) e preto da primeira aparición da especie deplancto calcarioNeochiastozygus perfectus.

O piso Daniano superponse ás idades mamífero de América do NortePuerciano eTorrejoniano e ásidades mamífero de AsiaShanghuiano e parte baixa doNongshaniano. Inclúe as máis antigas zonas de mamíferos do Paleóxeno europeo, MP1 a MP5.[5]

Paleontoloxía

[editar |editar a fonte]

Aínda que osdinosauros non avianos extinguíronse, os mamíferos e outrosanimais terrestres pequenos sobreviviron, a maioría nin sequera do tamaño dunha ovella. Con todo había excepcións, comoAnkalagon saurognathus, que alcanzaba o tamaño dun oso de tamaño mediano. Numerosas liñaxes depaxaros modernos tamén sobreviviron, particularmente na área ao redor deAustralia, pero tamén noutros lugares, por exemplo,Scaniornis na rexión doMar do Norte. Os océanos mantivéronse moi similares aos mares do Cretáceo Superior, só que había menos vida, unsréptiles mariños (como eran tartarugas e crocodilos), e outros animais menos coñecidos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cohen, K.M., Finney, S., Gibbard, P.L. (2013),http://www.stratigraphy.org/ICSchart/ChronostratChart2013-01.pdf, International Commission on Stratigraphy.
  2. O GSSP para o piso Daniano foi establecido por Molinaet al.(2006)
  3. (Olsson et al.,1996 )
  4. (Stainforth et al.,1975 )
  5. Alroy, John."Mammal Paleogene zones". p. The Paleobiology Database. Arquivado dendeo orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Desor, P.J.É.;1847:Sur le terrain Danien, nouvel étage de la craie, Bulletin de la Société Géologique de France, série 2, 3, p. 179-181, ISSN 0037-9409.(enfrancés)
  • Gradstein, F.M.; Ogg, J.G. & Smith, A.G.;2004:A Geologic Time Scale 2004,Cambridge University Press.
  • Molina, E.; Alegret, L.; Arenillas, I.; Arz, J.A.; Gallala, N.; Hardenbol, J.; Salis, K. von; Steurbaut, E.; Vandenberghe, N. & Zaghbib-Turki, D.;2006:The Global Boundary Stratotype Section and Point for the base of the Danian Stage (Paleocene, Paleogene, "Tertiary", Cenozoic) at El Kef, Tunisia: original definition and revision, Episodes29(4), p. 263-273, ISSN 0705-3797.
  • Olsson, R.K., Liu, C., and Van Fossen, M.;1996:The Cretaceous-Tertiary catastrophe event at Millers Ferry, Alabamain Ryder, G., Fastovsky, D., and Gartner, S., eds., The Cretaceous-Tertiary Event and other catastrophes in Earth history: Geological Society of America Special Paper 307, p. 263-277.
  • Stainforth, R.M., Lamb, J.L., Lutherbacher H., Beard, J.H., and Jeffords, R.M.;1975:Cenozoic planktonic foraminifera zonation and characteristics of index forms: The University of Kansas Paleontological Institute, Article 62, 425 p.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daniano&oldid=6687752»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp