Damian Lamonte Ollie Lillard Sr., nado o5 de xullo de1990 enOakland (California), é un xogador debaloncesto profesionalestadounidense que xoga nosMilwaukee Bucks daNational Basketball Association (NBA).
Lillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]
Na tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dendeRodney Stuckey en 2006.
Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]
Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.
Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para oDraft da NBA de2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.
O28 de xuño de2012, Lillard foi elixido na 6ª posición doDraft da NBA de2012 polosPortland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o31 de outubro e 2012 contra osLos Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois deOscar Robertson eIsiah Thomas.
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|