Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Daltonismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Test de daltonismo (algunhas persoas daltónicas non poden ver o número inserto na imaxe).

Odaltonismo -denominado así polofísicoinglésJohn Dalton, quen o padecía- é un defectoxenético consistente na imposibilidade de distinguir ascores (discromatopsia). Aínda que ningúndaltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan overde e overmello; con todo, poden ver máis matices dovioleta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.

O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelorecesivo ligado aocromosoma X, o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual que nahemofilia.

Como se perciben as cores?

[editar |editar a fonte]

Ao mirar un obxecto con cor, a cor percibida nese momento pode variar dependendo de cando se volva mirar. Por exemplo, á noitiña as cores semellan diferentes de cando se ven coa luz do Sol, e tampouco é o mesmo a percepción con luz natural ou con luz artificial. Por iso ao elixir cores para decorar un interior debe terse en conta o tipo de luz ou a fonte de luz que hai na habitación: se a luz é natural ou artificial, se hai moita ou pouca luz, se a luz é directa ou indirecta etc.

Por que se ven os obxectos de determinadas cores?

[editar |editar a fonte]

Os obxectos absorben e reflicten a luz de forma distinta dependendo das súas características físicas, como a súa forma ou composición etc. A cor que percibimos dun obxecto é o raio de luz que rexeita. Nós captamos eses -rebotes- con diferentes lonxitudes de onda, por medio dos ollos grazas á súa estrutura. Se os raios de luz atravesan ao obxecto, este é invisible.

As células sensoriais (fotoreceptores) daretina que reaccionan de forma distinta á luz e as cores chámasellesbastóns econos respectivamente.

Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir onegro, obranco e os distintosgris. Permítenos percibir o contraste.

Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión das cores. En realidade hai tres tipos de conos; un especialmente sensible á luzvermella, outro á luzverde e un terceiro, á luzazul. Cada cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro por medio do nervio óptico.

A combinación destas tres cores: vermello,amarelo e azul é suficiente como para ver uns 20 millóns de cores distintas. Así por exemplo olaranxa é vermello cun pouco de amarelo e o violeta é azul cun pouco de vermello. É nocerebro onde leva a cabo esta interpretación, pois no ollo só se capta a luz.

Os daltónicos non distinguen ben as cores por erro dos xenes encargados de producir ospigmentos dosconos. Así, dependendo do pigmento defectuoso, a persoa confundirá unhas cores ou outras. Por exemplo se o pigmento defectuoso é o do vermello, o individuo non distinguirá o vermello nin as súas combinacións. Tamén pode darse o daltonismo por falta dun tipo de cono, tendo así só dous.

Tipos de daltonismo

[editar |editar a fonte]

Monocromáticos

[editar |editar a fonte]

Como o seu nome indica, estes individuos só posúen un tipo de cono e só poden ver un tipo de cor.

Dicromáticos

[editar |editar a fonte]

Estas persoas posúen dous tipos de conos. A afección preséntase con variantes, poden haber individuos cegos á cor vermella, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; ou individuos cegos ao azul e que á súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.

Tricromáticos anómalos

[editar |editar a fonte]

É cando a persoa posúe os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden unha cor con outra. É o grupo máis abondoso e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben as tons das cores alteradas. Adoitan ter defectos semellantes aos daltónicos dicromáticos, pero menos notables.

Acromáticos

[editar |editar a fonte]

É cando os conos das persoas non funcionan e só teñen visión en branco e negro. Esta condición é moi rara xa que se viu en moi poucos casos.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • 12
    12
  • 6
    6
  • 2
    2
  • 42
    42

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Daltonismo&oldid=5761875»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp