Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dalriada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Dalriada no ano 590. As rexións pictas están marcadas en amarelo.

Dalriada,[1] ouDál Riata foi o reino da tribo dosescotos existente no norte deIrlanda e na costa oeste deEscocia desde a fin doséculo V ata mediados doséculo IX. O derradeiro rei de Dalriada,Kenneth MacAlpin conseguiu unificar o seu reino co dos veciñospictos dando lugar ao reino que sería coñecido a partir de entón como Alba ouEscocia.

Historia

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente considérase que na fin do turbulentoséculo V, mentres oImperio Romano de Occidente sucumbía ante a presión dos pobos bárbaros, un extenso clan irlandés chamado Dalriada ocupaba a costa oeste da actualEscocia (onde actualmente está o Condado deArgyll) e establecía un reino. Os dalriadanos proviñan do norte da Irlanda, doUlster e máis precisamente do Reino deOriel. Os romanos chamabanescotos aos piratas e saqueadores de orixe irlandesa que falabangaélico, de onde se explica porque os dalriadanos serían coñecidos posteriormente por este nome latino, que sería a orixe etimolóxica da denominación de Escocia.

Actualmente existen serias discusións sobre se os dalriadanos chegaran realmente de Irlanda na fin do séculoV ou comezo doVI. Extensos traballos arqueolóxicos fallaron en probar que durante esa época se produciu unha migración en grande escala do norte de Irlanda ata o oeste de Escocia. As evidencias arqueolóxicas parecen demostrar que, ao contrario, durante esa época houbo unha continuidade da poboación que habitaba a rexión. Por iso, algúns especialistas cren que os dalriadanos eran, en realidade, os habitantes nativos de Escocia occidental, e que quizais sexan os descendentes da tribo dos Epidii, mencionados polosromanos. Sexa ou non verdadeira a lenda sobre a invasión de Escocia, existe unha relación lingüística incuestionable entre os dalriadanos e os irlandeses, xa que ogaélico escocés, idioma derivado da lingua dos dalriadanos está estreitamente ligado aogaélico irlandés.

O rei Aedan ouÁedán Mc Gabrián, que reinou entre574 e608 aproximadamente, construíu unha poderosa armada naval e puxo fin á política guerreira expansionista que levou ao saqueo daIlla de Man e dasÓrcadas. En terra tivo menos éxito, perdendo a batalla de Degsastan en603 contra osanglos. En637 o poder de Dalriada no Ulster diminuíu notablemente por mor dunha decisiva derrota diante dosO'Neill (Uí Néill) en637 nabatalla de Mag Rath.

Despois destas derrotas, os dalriadanos concentráronse nas súas terras da actual Escocia, aínda que conservaron unha porción do territorio irlandés. Os seus rivais eran ospictos ao nordeste e osanglos do reino deBernicia ao leste. Polo sur, o seu reino era limítrofe coReino de Strathclyde, un reinobritánico. O outeiro deDunadd, en Argyll, foi probablemente a sede dos reis de Dalriada. Desde os seus dominios en Argyll, os dalriadanos estendéronse polo condado dePerth, despois porLothian e, máis tarde, ata o norte por Mur e asTerras Altas. Esta expansión colocábaos en conflito coa poboación caledonia nativa, ospictos. As longas loitas e guerras entre ambos os pobos concluíron varios séculos máis tarde, cando os pictos e dalriadanos (escoceses) se uniron nunha única nación.

Dalriada estaba dividida en tres señoríos denominados “cenel” cun cuarto que se engadiu máis tarde: oCenél nGabráin, enKintyre, oCenél Loairn, enLorne,Cenél nEógan, enIslay eJura e oCenél Conaill enCowal eBute, engadido posteriormente.

A fin do reino é confusa. Parece que Dalriada foi conquistada polo reino picto e ambos os pobos, pictos e dalriadanos acabaron uníndose. Con todo e paradoxalmente, parece que os dalriadanos aculturaron aos pictos e non ao contrario, xa que o idiomagaélico escocés estendeuse polo antigo territorio picto, así como ocristianismo, xa que os dalriadanos foron os que introduciron esta relixión a partir de Irlanda, en Escocia.Kenneth MacAlpin, un dalriadano, foi o primeiro rei dos pictos e escotos, reinando de840 a857. O seu reino chamouse Alba (nome en gaélico utilizado paraGran Bretaña) ou Escocia, nome que, á súa vez, deriva dosescotos. Os ataquesviquingos contra Escocia durante oséculo X cortaron as comunicacións mariñas entre Irlanda e Escocia, rachando definitivamente os vencellos entre os territorios irlandeses de Dalriada e os propiamente escoceses. Os territorios irlandeses de Dalriada formaron un novo reino chamadoUlidia.

Lista de reis de Dalriada

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Entrada escoto en Digalego". Arquivado dendeo orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Studies in the history of Dalriada, John Bannerman, Scottish Academic Press, 1974. tapa dura, 178 páxinas, Scottish Academic PressISBN 0-7011-2040-1
  • The Isles, A History por Norman Davies, Oxford University Press, 1999,ISBN 0-19-514831-2
  • Saints and Sea-kings. The First Kingdom of the Scots por Ewan Campbell, Canongate Books for Historic Scotland, 1999,ISBN 0-86241-874-7
Antigos celtas
Estudos celtas
Pobos
Lugares
Relixión
Mitoloxía
Sociedade
Arte
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dalriada&oldid=5570154»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp