Dalian (大连 enchinés simplificado; 大連 en chinés tradicional; Dàlián enpinyin) é unha cidade do nordeste daChina situada no extremo meridional da Península deLiaodong pertencente a provincia deLiaoning no sur deManchuria. A súa poboación urbana é de 3 120 000 habitantes, chegando ós 6 200 000 coa interurbana.
Posúe o máis importante porto desta parte da China, sitúase na beira doMar Amarelo entre a Baía de Corea e o golfo de Bohai. É a saída natural da potente rexión industrial manchú é do petróleo dos xacementos de Daqing, no norte.
Pequeno pobo de pescadores ata 1899, baixo o dominio ruso da zona converteuse en moderno porto comercial co nome deDalny, é proseguiu o seu desenvolvemento co control xaponés entre 1905 e aIIGM cun novo nome,Dairen. Recuperada a plena soberanía pola China dende 1955, tense convertido ademais en importante centro industrial.
No seus límites administrativos, vinte quilómetros ao suroeste está o histórico porto deLüshun (Port Arthur), con máis de dous milenios de historia, importante base naval, que xunto con Dalian conforman a aglomeración urbana chamada Lüda.
A historia urbana de Dalian vén marcada por ser dende sempre unha privilexiada avanzada sobre oMar Amarelo, propicia para bases portuarias nos tránsitos entreChina eCorea. De feito, as sucesivas dinastías doImperio Chinés (dende dúas centurias antes da nosa era) estableceron no lugar prazas de estacionamento nas súas campañas cara á península coreana. Foi así como xurdironLüshun (co nome de Shizikou, "Porto do León", coñecida no século XIX comaPort Arthur, 30 km ao suroeste) e Jinzhou, vila fortificada e cabeceira da área, base militar coadinastía Qing, hoxe ao norte da aglomeración urbana moderna (chamada no seu conxuntoLüda).
Hai que sinalar que as características da división administrativa chinesa fan que os extensos límites municipais de Dalian (13.800 Km2) inclúan entre outras as dúas vilas citadas, aínda que deberían seren consideradas cunha historia de seu.
Así establecido,Dalian propiamente foi unha pequena aldea pesqueira (Sanshan, "Porto das Tres Montañas" nadinastía Ming;Qingniwa na dinastía Qing) ata 1899, ano no que os rusos construíron alí un porto, fundando ao seu carón unha vila que chamaronDalny.
Fundación rusa como terminal portuaria do Transiberiano
O interese doImperio Ruso porManchuria, e concretamente apenínsula de Liaodong, coma saída aoPacífico sen xeo invernal (alternativa por tanto aVladivostok), era grande. A disputa coXapón resolveuse tralaguerra sino-xaponesa de 1894-1895 (con batalla decisiva polo control de Port Arthur) coa hexemonía provisional rusa que forzou en 1898 o arrendamento por 25 anos da rexión a unha debilitada dinastía Qing.
O obxectivo dos rusos, deseñado polo ministro de finanzasSergei Witte, era a ampliación doTransiberiano cun ramal meridional (Ferrocarril do Sur de Manchuria) ata a súa terminal nun novo gran porto franco preto de Port Arthur (que restaría coma base naval). En 1899 o enxeñeiro V.V. Sakharov (que viña de proxectar Vladivostok) coa axuda do arquitecto K.G. Skolimovskii foi encargado do plan para Dalny ("afastado" en ruso)[1].
Panorama de Dalny en obras arredor de 1900: á dereita das vías a nova cidade, á esquerda o porto co centro administrativo en primeiro termo; ao fondo a ampla baía.
A ambiciosa empresa, financiada con abundantes fondos pola compañía ruso-chinesa do Ferrocarril Oriental Chinés, avanzou cunha rapidez (coma a do propio Transiberiano) que asombrou no seu tempo (en 1903 estaban operativos ferrocarril e porto).
O plano da vila estaba inspirado tanto noParís de Haussmann de grandes eixos partindo de prazas-rotonda, coma na cidade-xardín de E. Howard e o movementocity-beautiful norteamericano, zonificada en distritos administrativo, comercial e residencial con zonas verdes e separación da cidade chinesa (sobre o primitivo pobo de pescadores). Unha gran praza central arrodeada de edificios representativos segue sendo hoxe icona da cidade (inda que rodeada de rañaceos[2]).
O ataque e asedio polos xaponeses á frota rusa de Port Arthur en 1904 significou o comezo daguerra ruso-xaponesa que rematou ao ano seguinte coa retrocesión do arrendo da península de Liaodong por parte rusa, arrendo que pasou aoImperio Xaponés.
Dalny foi renomeadaDairen dentro da chamada concesión de Kwantung (o sur da actual municipalidade de Dalian) da que en 1937 chegaría a seres capital no lugar de Port Arthur (renomeada Ryojun). Axiña os investimentos no porto e nunha forte infraestrutura industrial compensaron a paralización do proxecto ruso. Apoiado na Compañía do Ferrocarril do Sur de Manchuria con sede na cidade e a riqueza que reportaba o comercio desoia a occidente, o crecemento portuario non deixou de medrar e a vila comezou a estenderse cara ao oeste[3], e incrementouse a partir de 1932 coa creación deManchukuo, o estado monicreque do Xapón en Manchuria, o que fixo do porto de Dairen un dos maiores de extremo oriente ademais dunha gran modernización e embelecemento da cidade[4]. Co advento dun ambiente pre-bélico en 1937 a urbe reforzou inda máis o seu papel industrial que resultou crucial no sostemento do expansionismo xaponés durante asegunda guerra mundial.
En 1945 a cidade é tomada polas tropas soviéticas e, despois dun período de control conxunto sino-soviético (renomeada Lüda), en 1955 definitivamente devolta a súa soberanía a China que continúa o seu desenvolvemento industrial (centro dos estaleiros chineses e do refino petrolífero)[5].
En 1984, dentro da política de apertura aos investimentos estranxeiros do país e xa co seu nome actual, as autoridades elixiron Dalian comacidade aberta e dende entón numerosas compañías internacionais téñense instalado naDalian Development Zone no distrito de Jinzhou. Asemade, tense convertido nun centro turístico importante polas numerosas praias na municipalidade.