Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dalai Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.
Este artigo amosaescritos tibetanos. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosaletras indias. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Dalai Lama,[1][2] é unmonxe da escolaGelug ou "Sombreiro Amarelo" dobudismo tibetano,[3] a máis nova das escolas do budismo tibetano[4] fundada porJe Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama éTenzin Gyatso.

O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña detulkus,[1] é dicir, encarnacións deAvalokiteśvara,[2] o Bodhisattva da Compaixón.[5] O nome é unha combinación da palabaramongoldalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabrasánscrita "gurú".[6]

Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seurexente dirixiu o Goberno Tibetano ouGanden Phodrang que domina ameseta tibetana dendeLhasa con diversos graos deautonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos deKhoshut eDzungar (1642-1720) e dos emperadoresmanchús daDinastía Qing (1720-1912).[7]

Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións doBuddhaAvalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón unBodhisattva, é o patrón doTíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.

Tras a morte do Dalai Lama, oPanchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, outulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.

Lista de Dalai Lama

[editar |editar a fonte]

Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama:

NomeImaxeVida[8]RecoñecidoEntronizamentoTibetano/WyliePinyin tibetano/ChinésEscrituras alternativasLugar de nacemento[8]
1Gendun Drup1391–1474N/A[9]དགེ་འདུན་འགྲུབ་
dge 'dun 'grub
Gêdün Chub
根敦朱巴
Gedun Drub
Gedün Drup
Shabtod (U-tsang)
2Gendun Gyatso1475–1542N/A[9]དགེ་འདུན་རྒྱ་མཚོ་
dge 'dun rgya mtsho
Gêdün Gyaco
根敦嘉措
Gedün Gyatso
Gendün Gyatso
Tanag Segme (U-tsang)
3Sonam Gyatso1543–1588?1578བསོད་ནམས་རྒྱ་མཚོ་
bsod nams rgya mtsho
Soinam Gyaco
索南嘉措
Sönam GyatsoTolung (U-tsang)
4Yonten Gyatso1589–1617?1603ཡོན་ཏན་རྒྱ་མཚོ་
yon tan rgya mtsho
Yoindain Gyaco
雲丹嘉措
Yontan Gyatso, Yönden GyatsoMongolia
5Ngawang Lobsang Gyatso1617–168216181622བློ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
blo bzang rgya mtsho
Lobsang Gyaco
羅桑嘉措
Lobzang Gyatso
Lopsang Gyatso
Chingwar Taktse (U-tsang)
6Tsangyang Gyatso1682–170616881697ཚངས་དབྱངས་རྒྱ་མཚོ་
tshang dbyangs rgya mtsho
Cangyang Gyaco
倉央嘉措
Tsañyang Gyatso
Mon Tawang,India
7Kelzang Gyatso1708–1757?1720བསྐལ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
bskal bzang rgya mtsho
Gaisang Gyaco
格桑嘉措
Kelsang Gyatso
Kalsang Gyatso
Lithang (Kham)
8Jamphel Gyatso1758–180417601762བྱམས་སྤེལ་རྒྱ་མཚོ་
byams spel rgya mtsho
Qambê Gyaco
強白嘉措
Jampel Gyatso
Jampal Gyatso
Thobgyal (U-tsang)
9Lungtok Gyatso1805–181518071808ལུང་རྟོགས་རྒྱ་མཚོ་
lung rtogs rgya mtsho
Lungdog Gyaco
隆朵嘉措
Lungtog GyatsoDan Chokhor (Kham)
10Tsultrim Gyatso1816–183718221822ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་
tshul khrim rgya mtsho
Cüchim Gyaco
楚臣嘉措
Tshültrim GyatsoLithang (Kham)
11Khedrup Gyatso1838–185618411842མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་
mkhas grub rgya mtsho
Kaichub Gyaco
凱珠嘉措
Kedrub GyatsoGathar (Kham)
12Trinley Gyatso1856–187518581860འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་
'phrin las rgya mtsho
Chinlai Gyaco
成烈嘉措
Trinle GyatsoLhoka (U-tsang)
13Thubten Gyatso1876–193318781879ཐུབ་བསྟན་རྒྱ་མཚོ་
thub bstan rgya mtsho
Tubdain Gyaco
土登嘉措
Thubtan Gyatso
Thupten Gyatso
Dagpo Langdun (U-tsang)
14Tenzin Gyatsonado en 193519371950
(actualmente no exilio)
བསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་
bstan 'dzin rgya mtsho
Dainzin Gyaco
丹增嘉措
Tenzing GyatsoTaktser,Kumbum (Amdo)

Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido,Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o28 de xuño de1707, cando contaba con 25 anos de idade, porLha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.[10][11][12]

Futuro da posición

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente, oDalai Lama foi o líder espiritual e temporal doTíbet;Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte daChina maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller[13]. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama.[14]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Dictionary.com (ed.)."Define Dalai lama". Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. 2,02,1Oxford Dictionaries (ed.)."Definition of Dalai Lama in English". Arquivado dendeo orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  3. Dr Alexander Berzin (novembro de 2014). Berzin Archives, ed."Special Features of the Gelug Tradition - para. on Administration". Consultado o 8 de maio de 2015. 
  4. Schaik, Sam van.Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 129, "Gelug: the newest of the schools of Tibetan Buddhism".
  5. Peter Popham (29 de xaneiro de 2015). Newsweek magazine, ed."Relentless: The Dalai Lama's Heart of Steel". 
  6. "lama" daEncyclopædia Britannica
  7. Smith, Warren W. Jr. (1997). HarperCollins, ed.Tibetan Nation: A History of Tibetan Nationalism and Sino-Tibetan Relations. Nova Deli. pp. 107–149.ISBN 0813331552. 
  8. 8,08,1"The Dalai Lamas - HH The 14th Dalai Lama of Tibet". Arquivado dendeo orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de abril de 2014. 
  9. 9,09,1The title "Dalai Lama" was conferred posthumously to the 1st and 2nd Dalai Lamas.
  10. Stein (1972), p. 85.
  11. Chapman, F. Spencer. (1940).Lhasa: The Holy City, p. 127. Readers Union Ltd. London.
  12. Mullin 2001, p. 276
  13. "Next Dalai Lama May Be Female", artigo enNewser(eninglés).
  14. "Chinese Government: We Will Choose Next Dalai Lama"Arquivado 31 de xaneiro de 2014 enWayback Machine. fromTricycle: The Buddhist Review(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dalai_Lama&oldid=6175359»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp