DIN é oacrónimo deDeutsches Institut für Normung ("InstitutoAlemán deNormalización").
ODIN Deutsches Institut für Normung e.V. (a súa marca empresarial éDIN), con sede enBerlín é o organismo nacional de normalización de Alemaña. Elabora, en cooperación cocomercio, aindustria, aciencia, osconsumidores e institucións públicas, estándares técnicos (normas) para aracionalización e oaseguramento da calidade. ODIN representa os intereses alemáns nas organizacións internacionais de normalización (ISO,CEI etc.).
O DIN foi establecido o22 de decembro de1917 comoNormenausschuss der deutschen Industrie (NADI). O acrónimo DIN tamén foi interpretado comoDeutsche Industrie Norm eDás Ist Norm.
A través da metodoloxía empregada na elaboración das normas preténdese garantir que os seus contidos correspondan co "estado da ciencia".
AeditorialBeuth-Verlag, relacionada coDIN, encárgase da venda e distribución das normas editadas poloDIN e das normas doutros organismos de normalización, tanto nacionais como estranxeiros.
Unha normaDIN de uso habitual é aDIN 476 que define os formatos (ou tamaños) de papel e que foi adoptada pola maioría dos organismos nacionais de normalización deEuropa e o resto do mundo.