Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Década de 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segundo milenio
Século XX
1990
 
2000
 
2010
2000  · 2001  · 2002  · 2003  · 2004
2005  · 2006  · 2007  · 2008  · 2009

Odecenio dos 2000, osanos 2000 oudécada dos 2000, comprende o período de tempo que vai dende o 1 de xaneiro de2000 (aínda que o 2000 é aínda parte doséculo XX) até o 31 de decembro de2009. A década foi declaradaDecenio Internacional dunha cultura de paz e non violencia para os nenos do mundo polaONU.

O decenio dos anos 2000 estivo marcado pola guerra contra o terrorismo declarada polos Estados Unidos (baixo o mandato deGeorge W. Bush) tras osatentados terroristas do 11 de setembro de 2001 contra asTorres Xemelgas deNova York eO Pentágono. Nese contexto tiveron lugar os conflitos bélicos enAfganistán (2001-2021) eIraq (dende 2003) que provocaron, respectivamente, o derrocamento do réxime talibán e o deSaddam Husayn. Aínda que o terrorismo daAl-Qaida seguiu golpeando e provocando máis mortes en Bali (2002), Madrid (2004), Londres (2005), Bombai (2006) e multitude de atentados en Iraq e Afganistán.

Tamén foi a década do auxe daChina como potencia mundial (en 2001 ingresou na OMC e en 2010 converteuse na segunda potencia económica mundial) e o ascenso económico daIndia e oBrasil, convertidos en polos de referencia a nivel mundial (os coñecidos como "países emerxentes"). Estados Unidos seguirá sendo a principal superpotencia mundial pero non terá o poder que ostentaba a anterior década, iniciándose o proceso cara a un mundo multipolar.

A década tamén trouxo a primeira presidencia dunafroamericano (Barack Obama) nosEstados Unidos ou a maior ampliación da historia daUnión Europea (1 de maio de2004), coa incorporación de dez novos países na súa maioría procedentes do Leste de Europa (antigo bloque socialista). Tamén, cabe engadir que se produciu o primeiro Conclave do III Milenio (en 2005) que elixiu como papa aBieito XVI, tras o falecemento deXoán Paulo II.

EnAmérica Latina coa chegada ao poder enVenezuela deHugo Chávez xorde osocialismo do século XXI. A feroz retórica antiglobalización e o seu achegamento á clase obreira lograron que o movemento se estendese en toda a rexión. A Marea rosa foi conformada por gobernos como o deLula da Silva (Brasil),Néstor Kirchner (Arxentina),Evo Morales (Bolivia) ouRafael Correa (Ecuador). Tamén supuxo a creación daUnión de Nacións Suramericanas (UNASUR) ou o movemento contra a área de Libre Comercio das Américas (Non ao ALCA). NoPerú, o mandatarioAlberto Fujimori viuse obrigado a renunciar ao cargo tras 10 anos de goberno.

Coa independencia deMontenegro e, parcialmente recoñecida, a deKosovo, finalizou a dinámica da disolución deIugoslavia iniciada na década anterior dos 90. TaménTimor Oriental independizouse definitivamente deIndonesia en 2002.

Foron tamén anos de logros científicos en campos como a xenética (secuenciación doxenoma humano) ou aastronáutica (o final da MIR e a posta en marcha o mesmo ano daEEI). Por desgraza, no ano 2004 produciuse unha das maiores traxedias naturais da historia, o tsunami que arrasou o Sueste Asiático e que provocou a morte a máis de 240 000 persoas.

No punto de vista social foi tamén a década na que a implantación masiva deinternet e osteléfonos móbiles cambianron as relacións sociais para sempre. Apareceron empresas punteiras no sector tecnolóxico que inflúen decisivamente en todo o mundo comoApple,Google entre outras. As chamadas "redes sociais" inician o seu "auxe" a finais da década, modificando ao longo dadécada seguinte de forma vertixinosa as formas e as relacións sociais en todo o planeta.

Os derradeiros anos da década estiveron profundamente marcados polo inicio da crise financeira e bolsista mundial iniciada nos EE. UU. en 2008 e ocasionada polas denominadas hipotecas subprime. Dita crise acabou afectando o tecido económico mundial e converténdose no acontecemento máis importante do último terzo da década e que condicionará a década seguinte.


2000

Artigo principal:2000.

2001

Artigo principal:2001.
Retrato oficial de George W. Bush
Ariel Sharon, gañador das eleccións xerais en Israel.
As Torres Xemelgas após os dous impactos.

2002

Artigo principal:2002.
Mark Shuttleworth naEstación Espacial Internacional.
Timor-Leste

2003

Artigo principal:2003.
Saddam Hussein após a súa captura

2004

Artigo principal:2004.

2005

Artigo principal:2005.

2006

Artigo principal:2006.
Rusia corta a subministración degas natural aUcraína por unha disputa no prezo.

2007

Artigo principal:2007.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

2008

Artigo principal:2008.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

2009

Artigo principal:2009.
  • Cumio doGrupo de Río enMéxico.
  • A cidade deA Paz cumpreu 200 anos de existencia após ser fundada co nome da nosa Señora da Paz.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Maio

Xuño

25 de xuño - Morte de Michael Jackson.
  • 25 de xuño - A morte da estrela do pop estadounidenseMichael Jackson desencadea unha onda de dor global. En liña, as reaccións ao evento están paralizando varios sitios e servizos importantes xa que a abundancia de persoas que acceden a enderezos web leva o tráfico de Internet a niveis históricos e sen precedentes.
  • 27 de xuño - ATorre de Hércules foi declaradaPatrimonio da Humanidade polaUNESCO.
  • Copa Confederacións 2009.


Xullo

Outubro

Decembro

  • Eleccións presidenciais e parlamentarias enChile.


Referencias

  1. "Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras",ABC, 28 de agosto de 2000, p. 34.(encastelán).
  2. La Voz de Galicia, 28.10.2004.
  3. "Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra",ABC, 26 de abril de 2007, p. 28.(encastelán)
  4. Resultados elecciones presidenciales en ArgentinaArquivado 16 de febreiro de 2009 enWayback Machine.(encastelán)
  5. "Noticia en Science que anuncia a xeración de células nai a partir de células de pel humana"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 5 de setembro de 2012.  (en inglés).
  6. "Slovenian EU presidency". Arquivado dendeo orixinal o 16 de maio de 2007. Consultado o 16 de maio de 2007. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  9. "An Asteroid Hurtles Towards Mars". Arquivado dendeo orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  12. "The Strongest de Bolivia, el ´Tigre´, celebra su centenario".La Opinion A Coruña(encastelán). 15 de abril de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Década_de_2000&oldid=7141398»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp