Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Curtume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coireiros traballan a pel curtida sobre unha táboa e cun coitelo.

Ocurtume oucurtido é o proceso para converter apel de orixeanimal nunhamateria prima flexible e imputrescible, ocoiro, axeitada para a elaboración de obxectos.[1][2] Mediante tratamentosquímicos e mecánicos, conséguese a reacción das fibras decoláxeno da pel, estabilizándoas para facelas resistentes ádescomposición.

Os profesionais que traballan no curtume son chamados curtidores ou, tradicionalmente,coireiros.[3] Os establecementos onde se realizan estas tarefas denomínanse curtidoiros. Ademais, enGalicia varios topónimos están ligados ás actividades do curtume como o dePelamios.

Historia

[editar |editar a fonte]

Aínda que o uso de pel animal como prenda está documentada en comunidadespaleolíticas, as primeiras evidencias de coiro curtido que ofrece o rexistro arqueolóxico remóntanse aSumeria contra o 6 000 a.C. Nese contexto, está rexistrado o traballo de pelellas debois,ovellas ecabras para facer, principalmente, arreos.[4] EnExipto, esta actividade gañou importancia na elaboración decalzado epergamiños, alí tamén existe o primeiro rexistro gráfico do oficio: na decoración dun sartego datado entre o2 800 e2 750 a. C. represéntanse curtidores traballando.[5]

Ilustración da primeira metade doséculo XV que representa un curtidor traballando.

Os xeitos máis antigos de curtume recorrían a limpar as pelellas relando a carne e retirando opelo, por exemplo empregandocinza, tal e como se conserva nas culturassaami enativas americanas. Logo introducíanse en auga ou ben cubrilas de neve, como osinuit, para logo engraxalas con vísceras de animais, principalmente ofígado oumiolos, ouaceites vexetais (como o deoliva). Por último, deixábanse secar e/ou afumábanse.[6] Considérase que naIdade de Ferro comezou o emprego dascortizas de determinadasárbores como axente curtinte.[4]

Durante aIdade Media, enEuropa, osgremios de curtidores ocuparon un rol económico sobrandeiro en cidades comoVenecia,Florencia ouBruxas. Paralelamente, enAl-Andalus os coiros curtidos deCórdoba gañaron sona e deron nome a un tipo de coirocaprino repuxado conmetal.[7] Con todo, naIdade Moderna, as regulacións gremiais afogaron algunhas destas industrias; doutra parte, tamén, as autoridades municipais tenderon a forzar o desprazamento dos obradoiros dos curtidores ás aforas da cidade debido o cheiro que producían. Ademais de como ocupación profesional, as actividades do curtume tamén eran desenvolvidas a tempo parcial por zoqueiros elabregos no ámbito rural.[8]

A partir doséculo XVIII en Europa Occidental, nacen as fábricas de curtidos, que centralizan todo o proceso produtivo, requiriron maior inversión de capital e concentraron á man de obra asalariada.[9] Dende oséculo XIX os axentes curtintes máis empregados son de orixe química, fundamentalmente, a base decromo.[10][11]

Proceso

[editar |editar a fonte]

Curtume tradicional

[editar |editar a fonte]
Curtidores deTetuán nas pías para curtir a pel.

O proceso tradicional de curtume de coiro é longo e complexo e baseáse no emprego de cortizas naturais ricas entaninos. As descricións etnográficas permiten coñecer os tratamentos artesanais, como o que se presenta a continuación, recollido porXaquín Lorenzo.[12] Comeza no lavadoiro, un espazo conpías con auga nas que se introducen as peles de animais para que abranden co remollo ou perdan o sal, no caso de que foran salgadas por motivos de conservación. Alí quedan durante catro ou oitodías, no caso dos salgados, e de 15 a 20 no caso dos outros. Pasado este tempo, introdúcense no caleiro, unhapía que contén auga ecal apagado (que aumenta opH), onde quedarán entre dous e catro meses para a perda dapelaxe. Nesta fase, de cando en cando unha persoaganchea, é dicir, ergue os coiros para retiralos do caleiro; entón, golpéase o recipiente cunhas mazas para evitar a sedimentación do cal. Posteriormente, sumérxense de novo os coiros.

Coireiro esloveno relando na pel (1954)

Logo de pasar polo caleiro, disponse o coiro nunha táboa de pelar onde se lle pasa un coitelo sen fío para que abra os poros e caía o pelo que aínda quedaba. Logo dun lavado, a pel volve a unha táboa semellante á anterior onde cun coitelo con fío se retira a carne que teña. Feito isto, novamente métese nunha pía con auga ecanina (mestura de excremento decan,pomba ougaliña) para que perda os restos de cal, quedando nela durante quince días no verán e un mes no inverno. Unha vez perden o cal, repásanse os coiros para que queden dun grosor uniforme en traballos coñecidos como aprimar e labrar. Estas operacións poden repetirse varias veces ata acadar a condición desexada.

Secado e traballo das peles nun curtidoiroindonesio durante as primeiras décadas doséculo XX.

Unha vez a pel ten o grosor necesario, iníciase ogranéu: métense nunha nova pía con auga ecasca moída de especies vexetais que conteñan taninos, enGalicia era decarballo ouaciñeira, que actúan como axentes curtintes. Cada día, durante dúas semanas, os coiros son retirados para remexer a auga e a casca. O longo deste fase, o coiro pasará por catro pías, cada unha con maior concentración de taninos. Logo, son rañados nun traballo coñecido como esparrado e logo engráxanse. Para isto, colócanse sobre unha mesa e aplícase agraxa (enGalicia era común oaceite desardiña) na cara da pel que tiña o pelo, coñecida como flor, e logo na parte interior, chamada carnaz. Tras isto deixase secar durante varios días, normalmente o aire libre. Logo, procédese ao mazado cunha maza especial que ten uns saíntes prismáticos e ráspanse de novo. A derradeira fase do curtume consiste no rematado, cunha lámina cónica repásase a pel e estíranse as enrugas.

Curtume industrial

[editar |editar a fonte]
Traballadores estirando a pel nunha fábrica.

O uso de químicos, concretamentesales derivadas docromo, é corrente nos curtidos industriais. Grazas a estes compostos, e á maquinaria especializada, acúrtanse os tempos dos procesos e lógranse coiros máis finos e flexibles que os resultantes da curtición natural. Primeiramente, para a retirada da pelaxe, introdúcense as peles en auga mesturada con cal esulfuros dentro dun bombo xiratorio. O cal aumenta aacidez doauga e os sulfuros disolven ospigmentos dosfolículos pilosos, mediante o xiro do bombo asegúrase e que as peles reciben unha cantidade uniforme e axeitadada da mestura. Posteriormente, lávanse e procédese a retirar a carne que aínda queda adherida mediante coitelos ou instrumental semellante. A continuación, límpanse cunha solución de cloruro e sulfatoamónico para retirar calquera resto de cal.[11]

Obreiro nun curtidoiro industrial nosPaíses Baixos.

Para que as peles sexan moles e finas, aplícase unha solución acuosa de enzimas pancreáticas para rachar as fibras de coláxeno que dan rixidez ao coiro. Déixase actuar durante un período de tempo antes de volvelas limpar e secar. Antes de proceder á curtición propiamente dita, procédese a mergullar as peles nunha solución con aoácido sufúrico e/ouácido fórmico para rebaixar o pH da pel. Ademais, procédese á división da pel para nivelar o grosor da mesma, posto que é máis grosa na cabeza e no lombo.

Bombo xiratorio actual

Chegado este punto, a pel está preparada para á curtición, sendo o axente curtinte máis común o sulfato de cromo.[13] Neste momento mergúllase a pel na solución curtinte, deixándoa durante un tempo. Posteriormente, escórrese ao facer pasar o coiro entre os dous roletes dunha máquina e estírase a pel para evitar que encolla. Logo, mediante un procedemento mecánico, aplícase presión a pel para eliminar o exceso de auga presente nela e, unha vez seca, lévase a cabo o rebaixado, é dicir, recurtar ata acadar o grosor buscado. O rebaixado faise mediante unha máquina que conta con coitelashelicoidais.[14] No proceso industrial, faise unha recurtición para dotala de maior flexibilidade e a suavidade, para por último proceder a engraxar e tintar o coiro. Tras un secado, no que se pode aplicar calor xerado a partir da combustión ou mediante aparellos eléctricos, faise un abrandado mediante un dispositivo que vibra sobre o coiro, o batanado e o esmerilado (que reduce as diferenzas entre ambas caras do coiro). No caso de facerse un abrillantado do coiro, procédese a pulilo cun rolete devidro. O perfeccionamento dos detalles da peza son a derradeira fase do traballo como a igualación das tinturas ou a protección da superficie.[10]

No curtume industrial, as máquinas adoitan incorporar unha serie de coitelas para calibrar o espesor da pel ou roletes para garantir o tratamento homoxéneo da peza. Pero tamén ocupan un papel central os bomboscilíndricos xiratorios que interveñen en diferentes tarefas como o remollo da pel, no arrincado dapelaxe, no desencalado, na curtición e para engraxar o coiro.

Instalacións

[editar |editar a fonte]
Antigo curtidoiro da familia Nogueiras enAllariz (actual Museo do Coiro) á beira dorío Arnoia, no andar as fiestras con táboas indican o secadoiro.

Curtidoiro

[editar |editar a fonte]

Aínda que nalgunhas zonas do mundo, tradicionalmente, os traballos de curtido se fan ao aire libre, como noMagreb, os obradoiros de curtume adoitan ocupar unha construción especialmente edificada para esta fin, os curtidoiros.

Os curtidoiros artesanais enGalicia e noutras partes deEuropa adoitan ter un baixo e un andar. No baixo están as pías e concéntranse nel as primeiras tarefas nas que o mergullo do coiro ocupa boa parte dos traballos. No piso superior hai un espazo para a remata, a derradeira fase do curtume, e o secadoiro, onde os coiros son pendurados do teito para que perdan humidade e no que a parede adoita contar con táboas ou doelas demadeira para facilitar o secado.[9][15]

Un factor de localización dos curtidoiros é a proximidade aosríos debido á inxente cantidade de auga necesaria. Nalgúns casos fixeronsecanalizacións ou pequenosencoros para garantir o abastecemento.

Edificacións auxiliares

[editar |editar a fonte]

Os curtidoiros tradicionais podían contar conpombais para acanina usada na limpeza docal oscoiros. Outra construción auxiliar era o muíño de casca, onde se procedía a moer acortiza dasárbores para obter a casca empregada como axente curtinte. Estesmuíños, antes de ser mecanizados, podían ser hidráulicos oude vento pero máis comúns foron os que funcionaban pola forza dunhabesta que camiñaba en círculos.[16] Ademais, conforme o proceso do curtume foise industrializando, os curtudoiros adoptaron o proceso de secado porcalor para aforrar tempos, polo que incorporaron unhacheminea.[17]

Impacto ambiental

[editar |editar a fonte]

Consumo de auga e enerxía

[editar |editar a fonte]

A industria do curtume demanda un elevado volume deauga durante todas as súas actividades, por exemplo, enEuropa os curtidoiros precisaron de media de 0,121metros cúbicos de agua para obter unmetro cadrado decoiro no período2016-2018.[18] Doutra parte, o consumo enerxético adoita ser térmico para o secado e o lavado das peles eelectricidade para o funcionamento da maquinaria. Calcúlase que entre2017 e2020 a industria europea do curtume consumiu 1,76toneladas equivalentes apetróleo de enerxía para curtir 1 000metros cadrados decoiro.[18]

Contaminación das augas

[editar |editar a fonte]

A auga empregada durante o proceso queda contaminada polos diferentes axentes químicos usados, tales como:cromo,nitróxeno,sólidos en suspensión, sulfuros,sulfatos,demanda química de osíxeno,sal,cloruros eamoníaco. Isto fai imprescindible o tratamento destas augas endepuradoras e evitar verteduras a ríos onde poden ocasionar graves efectos pois estragan a calidade da auga (aspecto avolto, cor e perda do osíxeno disolto). Ademais, a presenza de sulfuros e amoníaco pode facelatóxica, e, onitróxeno pode provocareutrofización. Doutra banda, os sólidos en suspensión danan osecosistemas fluviais porque impiden o paso daluz e doosíxeno.[19]

Xeración de residuos

[editar |editar a fonte]
Coiros curtidos sen cromo nun bombo. Actualmente, existe unha tendencia a reducir a curtición con cromo por mor do seu impacto ambiental.

Segundo as estimacións de2020, o sector do curtume europeo xerou 2,63quilos de refugallos sólidos pormetro cadrado decoiro curtido.[18] Trátanse das carnazas desbotadas, recortes ou labras de pel curtida, sal, refugallos asimilables a sólidos urbanos (por exemplo: cartón,papel ouplásticos), pos do puído, aceites, pelo, disolventes e lodos. A vertedura incontrolada destes residuos provoca graves impactos no medio natural, mais boa parte deles poden reaproveitarse: dunha parte, entre o lixo orgánico, o pelo pode empregarse paracompostaxe, doutra, o carnaz, as labras e os recortes de coiro pódense empregar para conseguircoláxeno ouxelatina, así como taménfertilizantes e bioestimulantes.[19][20] Ademais, os lodos poden procesarse para obter enerxía ou para mellorar a terra para cultivos.[18]

Emisións á atmosfera

[editar |editar a fonte]

O cheiro asociado ao curtume é provocado pola descomposición da materia orgánica. Isto levou a que xa dende aIdade Moderna, autoridades municipais regularan o establecemento dos curtidoiros, situándoos lonxe dos centros urbanos. Mais, a descomposicion de materia orgánica, canda a emisións de ácido sulfhídrico e dos vapores de disolventes empregados, son as principais emisións provocadas áatmosfera.[18]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Definición da palabra: curtume".Portal das Palabras. Consultado o2023-10-07. 
  2. "Definición da palabra: curtido".Portal das Palabras. Consultado o2023-10-07. 
  3. "Dicionario de dicionarios: Coireiro".ilg.usc.gal. Consultado o2023-10-07. 
  4. 4,04,1Levey, Martin (1957-08)."Tanning Technology in Ancient Mesopotamia".Ambix(eninglés)6 (1): 35–46.ISSN 0002-6980.doi:10.1179/amb.1957.6.1.35. 
  5. "HISTORIA DE LA PIEL".biblioteca.org.ar. Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2023. Consultado o2023-10-07. 
  6. Carlson, Stella (2021)."Leather in Late Iron Age Scandinavia: From elk-traps to cheese-glue"(PDF).Uppsala Universitet: Department of archaeology and ancient history. Consultado o 7-10-2023. 
  7. "Vocabulario de comercio medieval - Legado Gual Camarena: Cordoban".Universidad de Murcia. 
  8. Otero Eiriz, Claudio (2020).A industria galega dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro. Laiovento. p. 31.ISBN 978-84-8487-495-9. 
  9. 9,09,1Caamaño Suárez, Manuel (2016).As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Zeika. p. 485.ISBN 84-607-7768-5. 
  10. 10,010,1Guía de buenas prácticas ambientales: industria del curtido de pieles. Consejería de Agricultura, Agua y Medio Ambiente. Secretaría Sectorial de Agua y Medio Ambiente. 2001. Arquivado dendeo orixinal o 14 de outubro de 2023. Consultado o 07 de outubro de 2023. 
  11. 11,011,1Gómez Escuer, Javier (1985)."Proceso de curtido de piel"(PDF).Universitat Autónoma de Barcelona. 
  12. Lorenzo, Xaquín (1962).Historia de Galiza (Tomo II). Nós. 
  13. "Cuero y Química – Tecnología del Cuero"(encastelán). 2022-02-09. Arquivado dendeo orixinal o 14 de outubro de 2023. Consultado o2023-10-13. 
  14. Otero Eiriz, Claudio (2020).A industria galega dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro. Laiovento. pp. 166–178.ISBN 978-84-8487-495-9. 
  15. Otero Eiriz, Claudio (2020).A industria galega dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro. Laiovento. p. 133.ISBN 978-84-8487-495-9. 
  16. Buchanan, Robert Agnus (1972).Industrial Archaeology in Britain. Penguin Books. pp. 225-230.ISBN 9780140214130. 
  17. Otero Eiriz, Claudio (2020).A industria galega dos curtumes. Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro. Laiovento. pp. 148–149.ISBN 978-84-8487-495-9. 
  18. 18,018,118,218,318,4"Informe social e medioambiental 2020"(PDF).Industria Europea del Curtido. 
  19. 19,019,1Informe medioambiental del sector curtidos. Fundación Entorno, Empresa y Medio Ambiente. 1998. pp. 9–12. 
  20. "La industria del curtido, menos contaminante UAB Barcelona".www.uab.cat. Consultado o2023-10-17. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CurtumeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Curtume&oldid=6904167»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp