Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cuarzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Cuarzo
Cuarzo variedade hialino (cuarzo puro)
Fórmula químicaSiO2
ClaseSilicatos
SubclaseTectosilicatos
Sistema cristalinoRomboédrico (hexagonal a máis de 537 °C)
CorToda a gama
BrilloVítreo
Dureza7
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade2,65 g/cm3

Ocuarzo é unmineral da clase 4 (óxidos), segundo aclasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio, tamén chamadosílice,SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominadoseixo.[1]

Non é susceptíbel deexfoliación, porquecristaliza no sistema trigonal (romboédrico).

Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (éalocromático).[2]

A súadureza é tal que pode raiar osaceiros comúns.[3]

É moi abundante nasrochas graníticas. Preséntase en cristais, ás veces de tamaños considerábeis, hexagonais, coroados por unha pirámide trigonal. Estes cristais pódense encontrar o mesmo illados quemaclados segundo tres importantes leis: Delfinado, no Brasil e o Xapón, ou en agrupacións formandodrusas ouxeodas. Os cristais adoitan presentar inclusións doutros minerais, auga ou gases. Tamén aparece en grans irregulares ou compactos.

Quimicamente moi inerte, é resistente ámeteorización química que provoca a intemperie, á vez que os seus grans son moi duros e difíciles deerosionar na súa superficie. Como consecuencia, o cuarzo dun granito permanece enteiro, mentres que os outros minerais (micas efeldespatos) se converten enarxilas ao disgregárense. As arxilas son esenciais nos procesossedimentarios, mentres que os grans de cuarzo son os que forman a maior parte dasareas.

Formación

[editar |editar a fonte]

O cuarzo fórmase primariamente durante acristalización lenta dosmagmas terminais moi ácidos, que son os que permanecen de forma residual cando, durante o ascenso, vanse segregando en rexións profundas ossilicatos ferromagnésicos, de cor escura. Como resultado, o cuarzo é un dos minerais que caracterizan a composición dasrochas magmáticas plutónicas que forman o zócolo ou baseamento dos continentes, especialmente ogranito. O cuarzo é o último dos minerais en se solidificar durante a formación destas rochas, así que a súa forma se adapta á dos cristais preexistentes, e as súas caras non reflicten a súa estrutura cristalina.

Aspecto

[editar |editar a fonte]

O cuarzo no seu estado puro é un mineral incoloro e transparente. Pode presentarse en forma masiva, ocupando filóns entre as cavidades das rochas, recubrindo cun manto as superficies convexas (drusas) ou cóncavas (xeodas). É frecuente que se presente na súa forma cristalina (tubulares hexagonais cunha pirámide no seu extremo) e que adopte, segundo o tipo de impurezas que conteña, todo tipo de coloracións. Ademais podemos clasificar o cuarzo, segundo o tamaño dos seus cristais: macrocristalino (se está formado por cristais grandes) ou criptocristalino (se está formado por microcristais imperceptibles para o ollo humano).

  • Cuarzo afumado (morión)
    Cuarzo afumado (morión)
  • Cuarzo amatista
    Cuarzo amatista
  • Cuarzo citrino
    Cuarzo citrino
  • Cuarzo leitoso
    Cuarzo leitoso
  • Cuarzo rosado
    Cuarzo rosado
  • Xacinto de Compostela (ou hematoideo)
    Xacinto de Compostela (ou hematoideo)
  • Calcedonia
    Calcedonia
  • Xaspe
    Xaspe

Variedades do cuarzo macrocristalino

[editar |editar a fonte]
Diferentes tonalidades que pode presentar o cuarzo segundo a variedade
  • Afumado
Vai das tonalidades agrisadas pardas máis claras ata o negro tamén chamadomorión. É típico dalgunhas zonas deSuíza.
  • Ametista
Típica tamén das Minas Gerais doBrasil, esta variedade de cuarzo é de cor violeta ou morada, por incluír na súa composición residuos de óxidos deferro.
  • Citrino
O citrino é un cuarzo que vai dende a coloración amarela máis tenue ata a parda máis escura. A súa coloración é debida á inclusión de óxidos hidratados deferro.
  • Falso zafiro
Variedade de cuarzo de cor azul, que recorda ózafiro.
  • Hialino
Tamén é chamadocristal de rocha. É o cuarzo puro e como tal non presenta coloración ningunha. Pódese atopar con facilidade en minas doBrasil (Minas Gerais) e enMadagascar. Utilízase en xoiería para a elaboración de xemas.
  • Leitoso
É de cor branca pola inclusión de gases e erros da súa estrutura durante o seu crecemento.
  • Prasio
O prasio é unha variedade de cuarzo de cor verde, debida á inclusión de impurezas de mica da variedade fuchsita.
  • Rosado
É moi raro que este tipo de cuarzo apareza na súa forma cristalina. Faino, polo tanto, en forma de masa de cor rosada debida á inclusión de átomos detitanio emanganeso na súa composición.
  • Xacinto de Compostela
Ou tamén chamadohematoide. É de cor vermella opaca pola presenza deferro en forma de óxidos. EnEspaña este mineral é típico deValencia.

Propiedades

[editar |editar a fonte]

Debido as súas propiedades de dureza, elevada resistencia á compresión e estabilidade ante os ácidos e meteorización é moi dificilmente atacable, tanto por vía mecánica como por vía química.

Propiedades físicas

[editar |editar a fonte]

Propiedades piezoeléctricas

[editar |editar a fonte]

O cuarzo coñécese polas súas propiedadespiezoeléctricas: cando se comprime, prodúcese unha separación de cargas eléctricas que xera á súa vez unhadiferenza de tensión e, de xeito recíproco, reacciona mecanicamente cando se somete a certavoltaxe. Este efecto convérteo nun elemento de grande utilidade para gran variedade detransdutores, dende chisqueiros atéaltofalantes.

Comportamento resoante

[editar |editar a fonte]

Outra característica interesante dun cristal de cuarzo é a súa capacidade de presentar un comportamentoresoante. Do mesmo xeito que unpéndulo ou unhacarriola oscila cunhafrecuencia propia ao darlle impulso e deixalos moverse libremente, un cristal de cuarzo sometido a un estímuloeléctrico pode continuar vibrando a unha certa frecuencia (dependente da propia natureza do cristal), até perder ese impulso inicial. Se se mantén o estímulo de forma periódica e sincronizada, teremos un sinal a unha frecuencia extraordinariamente precisa, no que podería considerarse a contrapartida electrónica dun reloxo de péndulo. Esta aplicación é común en calquera tipo de sistemas electrónicos comoreloxos,microprocesadores, eosciladores.

Termoluminescencia

[editar |editar a fonte]

Atermoluminescencia é a capacidade de emitir luz cando se somete a unha fonte calorífica. Os raios cósmicos producen cambios na estrutura cristalina do cuarzo que se acumulan co tempo. Cando o cuarzo se quenta, a estrutura volve para a normalidade, emitindo luz. Canto máis tempo foi radiado, máis luz emite o cuarzo. Ao medir as lonxitudes de onda, e comparalas con elementos xa datados, pódese obter o tempo que estivo exposto á intemperie (datación por termoluminescencia).

Propiedades abrasivas

[editar |editar a fonte]

Emprégase comoabrasivo, citándose comoarea silícea, sendo o abrasivo máis usado polo seu baixo prezo, utilizándose para a fabricación de lixas, discos ou bloques e, principalmente, en sistemas de abrasión por medio chorro de aire a presión (chorro de area).

Lugares onde se atopa

[editar |editar a fonte]

O cuarzo constitúe aproximadamente o 18% da codia daTerra e é polo tanto un mineral omnipresente en tódalas partes do mundo. Os xacementos doBrasil son explotados a nivel mundial, en especial os de cuarzo hialino das famosasMinas Xerais e os de ametistas e ágatas enRío Grande do Sul.

Produción mundial

[editar |editar a fonte]
EstadoProdución no 2005 (en toneladas)
Estados Unidos30 600
Eslovenia11 000
Alemaña8 160
Austria6 800
Francia6 500
España6 500
Xapón4 850
Reino Unido4 500
Australia4 000
Brasil1 600
Portugal5
Resto do mundo33 485
Totais118 000

Fonte(eninglés):USGS (Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos)

Usos do cuarzo

[editar |editar a fonte]

O cuarzo, no seu estado puro, é utilizado polas súas propiedades e o seu baixo custo coma material abrasivo para a fabricación de lixas ou discos. Ten gran perigosidade ó ser respirado, xa que pode ser causante desilicose. Por iso arestora está a ser trocado por outros abrasivos de menos risco para a saúde, aínda que nos países subdesenvolvidos o seu uso segue a ser moi popular.

O cuarzo, polas súas propiedades piezoeléctricas, é utilizado como material de precisión en aparellos como os reloxos, os altofalantes, asradios ou os procesadores dos nosos ordenadores.

Os exemplares máis estéticos utilízanse coma material ornamental ou de coleccionismo, como xoias, enfeites, pequenas esculturas etc.

Tamén se emprega para area de moldes defundición, fabricación devidro,esmalte, saponáceos, dentífricos,fibras ópticas, refractarios,cerámica...

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Área de Linguaxes Especializadas, SNL daUniversidade de Santiago de Compostela (ed.)."Onde se mercan reloxos de seixo?".Un idioma precis.  Na realidade,seixo non é sinónimo decuarzo, senón o nome que se lle dá adoito a unha variedade deste mineral, de cor branca, moi abundante en Galicia.
  2. Dise que é alocromático un mineral incoloros en estado puro e que adquire coloración cando na súa rede cristalina se introducen certos elementos alleos á súa fórmula química.
  3. efunda.com(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Cuarzo
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cuarzo&oldid=6361304»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp