Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cronoloxía da Grecia antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cronoloxía da Grecia antiga
Historia deHistoria de Grecia
CronoloxíaCronoloxía de Grecia
Cronoloxía da Grecia antiga
Prehistoria
Idade Antiga
Wikidata ]

Esta é unhacronoloxía da Grecia antiga, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos naGrecia antiga e nos seus estados predecesores; tamén eventos internacionais que tiveron relevancia para ahistoria antiga de Grecia.

Séculos:século -IX · século -VIII · século -VII · século -VI · século -V · século -IV · século -III · século -II · século -I · século I · século II · século III · século IV

Prehistoria

[editar |editar a fonte]
Data aproximadaAcontecemento
VI milenio a. C. -IV milenio a. C.Neolítico enGrecia.
3000 a. C.Primeiras aglomeracións enCreta. Chegada dosminoicos.
Século -XXVIIIdade de Bronce. Principio doHeládico e doMinoico antigos.
Século -XXIIIPrincipio doBronce Medio en Grecia. Destrucións. Chegada dosminios ou «protogregos».
Século -XXIPrimeiras formas palaciais enCreta.
Século -XXPaso aoHeládico e aoMinoico medios.
Século -XVIIIPrimeiros palacios cretenses.
Século -XVIIDestrución xeral das localizacións cretenses.
-1680Segundos palacios cretenses.
-1650Primeiras tumbas deMicenas. Chegada dosMicénicos.
-1630Explosión do volcán deSantorini. Hai unha incerteza de máis ou menos cincuenta anos (entre -1650 e -1598).
Século -XVIApoxeo dos palacios deCnossos.
-1600 --1580Paso aoHeládico e aoMinoico recentes.
-1450Destrución xeral das localizacións cretenses. Ocupación micénica de Cnossos.
-1450 --1350Apoxeo dos palacios micénicos.
Século -XIVArquivo de Cnossos enLineal B.
Século -XIVExpansión micénica.
-1250Guerra de Troia
-1200Arquivos dePilos en Lineal B. Perturbacións xerais.
-1194 --1184Guerra de Troia, segundo a cronoloxía helenística.
Século -XIIRuptura das relacións internacionais. Fragmentación e declive das comunidades micénicas. Principio dosséculos escuros.
-1104«Regreso dosHeráclidas» ou migracióndoria, segundo as tradicións antigas.
-1104,-884 ou-776Datas atribuídas aLicurgo nas distintas cronoloxías.
-1102Principio da lista dosreis enEsparta.
-1100Principio daIdade de Ferro en Grecia. Fundación lendaria deGades (Cádiz) polosfenicios.
-1077 --1044Datas tradicionais da fundación deMileto enAsia Menor.
Século -XI -Século -XPoboamento grego da costa de Asia.
-1020Principio daépoca protoxeométrica en Grecia.
-1000Tumba principesca de Lefkandi deEubea. Primeiras pegadas de culto enOlimpia. Primeiro agrupamento grego con carácter urbano enEsmirna (Asia Menor).

Século -IX

[editar |editar a fonte]
Data aproximadaAcontecemento
-900Principio daépoca xeométrica en Grecia.
Século -IXSinecismo enEsparta.
-814Fundaciónfenicia deCartago noMediterráneo occidental.
século -IXPrimeiras pegadas de culto enDelfos.

Século -VIII

[editar |editar a fonte]
Data aproximadaAcontecemento
século -VIIIComposición suposta daIlíada.
-800Fundación grega deAl-Mina nos confíns daSiria e daAnatolia. Instalaciónetrusca enToscana.
-776Primeirascompeticións panhelénicas, enOlimpia.
-775Primeiras pegadas gregas na illa deIschia (Pitecusa).
-VIIIAparición da escritura. Fin da alta época arcaica grega.
-757 --738Primeira guerra deMesenia segundo a cronoloxía tradicional.
-756Fundación deCícico, naPropóntide (mar de Mármara).
-754Principio da lista doséforos enEsparta.
-753Principio das maxistraturas decenais, e posteriormente anuais, enAtenas.
-750Fundación grega deIschia enCampania. Fundación lendaria deEivisa porCartago.Amicleas, ao sur daLaconia convértese no lugar das festas panlaconias.
Fundación deCumas na baía deNápoles.
-747Oligarquía dos Baquíadas, enCorinto.
-736 --716Primeira guerra de Mesenia.
-734 --733Fundación deNaxos e deSiracusa e implantacións gregas enSicilia.
-730Control do estreito deMesina polos gregos.
-730 --725Vestixios arqueolóxicos máis antigos atopados na localización de Cartago.
-720Construción dos grandestemplos deEsmirna e deSamos.
-708Fundación deParium, ao norte doHelesponto.
-706Fundación deTaranto e implantación grega enItalia do Sur.
-700Construción dos templos de Corinto e deArgos. Reorganización urbana deEsmirna. Anexión deEleusis por Atenas.
século -VIIIComposición suposta daOdisea. Templo e ágora de Dredos, enCreta. Guerra lelantina, entreCalcis eEretria deEubea. Navegación nos estreitos.

Século -VII

[editar |editar a fonte]
Data aproximadaAcontecemento
-690acondicionamento dosantuario panhelénico dePoseidón, noistmo de Corinto.
-687Xixes funda adinastía dos Mérmnadas enLidia. Protectorado sobre as cidades deXonia.
-686Fundación deCalcedonia, á entrada doBósforo.
-683Arcontado anual e institución dos seistesmótetas enAtenas.
-675Invasión dosCimerios, un poboescita da estepa. Destrución doArtemision deÉfeso.
-669 --668Guerra entreEsparta eArgos. Derrota deHysiæ. Aparición dafalanxe.
-668 --654Segunda guerra deMesenia.
-657Fundación deBizancio, á entrada do Bósforo, fronte a Calcedonia. Establecemento da tiranía dosCipsélidas enCorinto segundo a cronoloxía tradicional.
-656Fundación deIstros, no esteiro doDanubio e implantación grega nomar Negro.
-652Morte deXixes e entronización deAliates.
651 a. C.Fundación deLampsaco, noHelesponto.
século -VIIActividade do poetaTirteo.
Primeira lei escrita.
-650 --630Tiranía deFeidón en Argos.
-646Fundación deOlbia, no esteiro doDniéper.
-640Primeira representación da falanxe (vaso Chigi).
-635 ou-632Tentativa tiránica deCilón en Atenas.
-630Fundación deCirene enLibia.
-629Fundación deSinope, na costa norte de Asia Menor.
-624 --620Lexislación deDracón en Atenas.
-614Principio do avance dosmedas, poboiranio, na Alta-Mesopotamia.
-610 --580Tiranía deClístenes enSición.
600 a. C.Navegación deColaios de Samos ataTartessos (naPenínsula Ibérica). Primeira implantación fénico-púnica no litoralmarroquino. Principio da expansiónfocea.
Fundación lendaria deMarsella polosfoceos. Destrución deEsmirna porAliates.
Fundación deTrebisonda (Cólquida), na costa norte de Asia Menor.Primeiras moedas enÉfeso.

Século -VI

[editar |editar a fonte]
Data aproximadaAcontecemento
-600 --590Primeiraguerra sagrada. Desenvolvemento daanfictionía deDelfos.
Moedas deExina.
-594 ou-592Arcontado deSolón enAtenas.
-590Fundaciónfocea deEmporion (Empúries) na costacatalá, e logo da súa extensiónNeápolis.
Anarquía (ausencia de arcontado) en Atenas.
-586Anarquía en Atenas.
-585Primeiro enfrontamento entreAliates eMedas.Fronteira do Halys.
-583Caída datiranía enCorinto.
-582 --580En Atenas, arcontado prolongado deDamasias.
-579Creación en Atenas das tres faccións políticas da chaira, a costa e os outeiros.
-566Fundación dasPanateneas.
-565Primeiro establecemento foceo, modesto, enAlalia (Aléria), enCórsega; outro pequeno establecemento enAgde.
-561Primeirogolpe de Estado dePisístrato en Atenas.
-560Establecemento da tiranía dosPisistrátidas en Atenas. Subida ao trono deCreso enLidia.
-559Subida ao trono deCiro II, do clan realpersa dosAqueménidas e herdeiro da dinastía Meda.
-556Primeira expulsión de Pisístrato de Atenas.
-550Formación daliga do Peloponeso. Cesamento das exportacións das cerámicas «gregas do leste».
Unión dos Persas e dos Medas. Principio da expansión persa.
-550 --525Aparición e difusión da moeda de prata.
-549 ou-544Segundo golpe de Estado en Atenas de Pisístrato, apoiado polosAlcmeónidas.
-548Incendio e reconstrución dotemplo de Delfos.
-546 --540Conquista deAsia Menor e das cidades deXonia polos Persas.
-546 ou-541Segunda expulsión de Pisístrato. Repregue enTracia.
-546Conquista do reino lidio polos Persas. Destrución deEsmirna,Xanthos,Caunos. Emigración focea.
-545 --543Destrución deFocea (Asia Menor) polos Persas e transferencia da metrópole focea, coa metade da súa poboación, a Alalia, en Córsega. Refundación.
-540 --535Batalla de Alalia, que enfronta os Gregos de Focea cosCartaxineses e cosEtruscos. Derrota focea. A cidade fica poboada, non se sabe baixo o control de quen. Cinco anos de vagabundeo e de piratería foceas.
-537 --522Tiranía dePolícrates de Samos enSamos.
-535 --530Fundación deVelia, enCampania, polos foceos.
-534Terceiro golpe de Estado de Pisístrato apoiado porTebas eLígdamis de Naxos. Batalla de Palene. Expulsión de Atenas deMilcíades aoQuersoneso.
-530Pitágoras enItalia do Sur. Peche de Esparta ao comercio.
-530 --525Aparición das moedas de Atenas coa «curuxa».
-529Morte de Ciro. Subida ao trono deCambises II.
-528Morte de Pisístrato. Tiranía deHipias en Atenas.
-525Arcontado en Atenas deClístenes o Alcmeónida.
-522Subida ao trono deDarío I.
-522 --521Revoltas no imperio persa. Secesión dosátrapa deLidia. Execución dePolícrates de Samos.
-520Subida ao trono deCleómenes I en Esparta e principio do expansionismo espartano.
-519Darío retoma o control de Lidia e deXonia.
-517Samos,Quíos eLesbos baixo dominio persa.
-516O atenienseMilcíades instálase enTracia, nas posesións ancestrais doQuersoneso.
-515Esparta rexeita intervir en Samos e naEscitia contra os Persas.
-514Tiranicidio en Atenas: asasinato deHiparco, irmán deHipias, polostiranoctonos.
-513Expedición de Darío a Europa, os escitas. Participación dos Gregos de Xonia e de Milcíades. Primeiro paso dos Estreitos.
-512Conquista da Tracia polos Persas.
-512 --511Conquista da Tracia porMegabazo.
Época clásica
-510Intervenciónespartana enAtenas contra otirano. Derrocamento da tiranía en Atenas. Regreso dos exiliados. Exilio deHipias a Persia.Stasis entreClístenes o Alcmeónida eIságoras, xefe dosoligarcas. Intervención deCleómenes de Esparta en favor deIságoras.
-508Primeiro tratado entreRoma eCartago que se reparten oMediterráneo occidental. Intervención espartana en Atenas (fracaso). Reforma de Clístenes. Posta en marcha dos cargosdemocráticos.
-506Nova expedición de Esparta contra Atenas. Conflito entre a cidade de Esparta e o reiDemarato.
-505Principio da tiranía deCleandro enXela.

Século -V

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecementos
500 a.C.Expedición persa contraNaxos. Misión deAristágoras deMileto enEsparta e enAtenas. Débil situación das importacións gregas noMediterráneo occidental.
-499 --494Rebelión das cidades deXonia contra osPersas.
-498Esparta rexeita intervir en Xonia. Saqueo deSardes polos Xonios, aliados cos Atenienses e osEretrios. ACaria e aLicia eChipre únense á Rebelión. Atenas eEretria retiran as súas tropas. Fin datiranía deCleandro e principio da tiranía deHipócrates enXela.
-497Combates en Chipre.
-497 --496.Ofensiva persa enAsia Menor por terra. Asedio deMileto.
-496 --495Tentativa xonia de abrir unha fronte enTracia. Campañas deHipócrates enSicilia oriental contra as cidades calcidias.
-494Vitoria de Esparta sobreArgos enSepeia. Sometemento de Chipre. A frota persa está nomar Exeo. Pacificación do litoralanatolio. Derrota dos Xonios enLade. Caída de Mileto. Misión deDatis de Sardes aPersépole para preparar a contraofensiva no Exeo. Principio da tiranía deAnaxilao, enRexion. Ataque de Hipócrates de Xela contraSiracusa.
-493Última ofensiva xonia ao noroeste da Asia Menor. Captura e execución dos axentes da Rebelión. Restablecemento do dominio persa sobre a Xonia.
-492Reorganización das cidades de Xonia. Instauración de «democracias» polos Persas. Expedición deMardonio aTracia. O AtenienseMilcíades abandona as posesións ancestrais deQuersoneso e volve a Atenas.
-491Intervención espartana enExina. Emisarios deDarío aos Estados gregos para pedir a súa submisión. Principio das hostilidades entre Atenas e Exina. Morte de Hipócrates.Xelón convértese en tirano de Xela. Expulsión dos aristócratas de Siracusa.
-490Expedición naval deDatis e deArtafernes nas illas e contra Atenas (primeira guerra médica).
PrimaveraUnha escuadra persa mandada por Datis aparece no Exeo, proveniente deCilicia.
marzoVitoria de Exina sobre Atenas.
VeránToma deNaxos polos Persas. Asedio e saqueo deEretria enEubea.
setembroDesembarco persa naÁtica, enMaratón. Vitoria ateniense enMaratón, obra de Milcíades. Os persas volven embarcar. Fracaso dun desembarco persa enFalero.
OutonoRepregue da frota persa ao sueste do Exeo.
-489PrimaveraExpedición de Milcíades aParos nasCícladas. Fracaso.
Anaxilao de Regio toma o control deMesina e doEstreito.
-488 --472Tiranía deTerón, enAgrigento.
-486Morte deDarío I. Subida ao trono deXerxes I.
-485 --478Tiranía de Xelón en Siracusa. O seu irmánHierón é gobernador de Xela.
-483En Atenas, lei naval deTemístocles eostracismo deArístides. Anexións e expulsións en Xela,Camarina,Mégara Hyblaea...Rerilos, tirano deHimera, apela aCartago.
-482Preparativos de guerra en Cartago e enSicilia. Fracaso das negociacións entre Xelón e aliga panhelénica deCorinto.
-481Mobilización persa enSardes. Constitución da liga panhelénica en Esparta.
setembroAceleración do programa de construción naval en Atenas.
outubroReunión do exército persa en Sardes, baixo o mando do rei Xerxes. Envío de embaixadores aos Estados gregos.
novembroPaz entre Atenas e Exina, en guerra desde-485.
-481 --480InvernoEmbaixada dos Gregos aXelón de Siracusa. Fracaso do proxecto de alianza.Paz dos trinta anos entre Esparta eArgos.
-480 --479Segundaguerra médica.
-480Avance dos Persas desde os Estreitos ata Grecia central. Derrota grega nasTermópilas. Saqueo deAtenas. Vitoria naval dos gregos enSalamina. Intervención deCartago nos asuntos deSicilia. Vitoria grega deHimera.
PrimaveraEstablecemento daliga panhelénica. Cuartel Xeral no santuario doIstmo.
xuñoXerxes pasa oHelesponto. Unión do exército e da frota persas ao fondo dogolfo Termaico, enMacedonia. Reunión dos Estados gregos resistentes no santuario doIstmo. Paz común e convocatoria aos exiliados. Decisión de defender asTermópilas.
agostoLeónidas e a súa garda espartana avanzan cara ásTermópilas. A frota grega remonta cara aSkiathos.
Xerxes I establece o seu campamento na fronteira sur deMacedonia. A frota persa abandona ogolfo Termaico e bordea as costas macedonias e tesalias.
15 setembroA frota persa chega aogolfo Malíaco, enTesalia. Principio das operacións navais cerca deSkiathos.
17 setembroDouscentos navíos persas chegan aocabo Artemision, ao norte daEubea.Xerxes I ataca asTermópilas.
18 setembroTreboada e destrución dos douscentos navíos persas.
19 setembroMorte deLeónidas.Xerxes I pasa asTermópilas.
21 setembroRepregue da frota grega sobreSalamina. Decisión dos gregos de defender oIstmo. EnAtenas, decisión de abandonar a cidade.
27 setembroXerxes I entra enAtenas.
28 setembroIncendio daAcrópole. A frota persa en formación de combate entre oPireo eSalamina. Consello de guerra dos Gregos.
29 setembroBatalla de Salamina. Os persas repréganse sobreAtenas eFalero.
outubroA frota persa regresa aAsia Menor. O exército persa abandonaAtenas e vai hibernar aTesalia.Xerxes I volve a pasar aAsia e chega aSardes. Mandato deMardonio.
-479Vitoria dePlatea, que libera Grecia. Vitoria naval deMicale e liberación daXonia.
xuñoMardonio invade aBeocia. Nova evacuación e nova destrución deAtenas. Reunión das forzas peloponesias noIstmo, que remontan porMégara e aÁtica ataPlatea, enBeocia.Batalla de Platea. Morte deMardonio. Retirada dos persas cara aos estreitos.
xullo - agostoA frota grega liberaQuíos,Samos eLesbos que forman parte da Liga.Batalla do cabo Micale e destrución das fortificacións persas. A frota remonta cara aos Estreitos e liberaAbidos.
OutonoSaída dos barcos peloponesios.
-478Combates nos Estreitos. Constitución porAtenas daLiga de Delos. EnSiracusa, morte deXelón e subida ao trono deHierón. O terceiro irmán,Polizelos é gobernador deXela.
PrimaveraO espartanoPausanias, vencedor dePlatea, chega anteBizancio, asedio deSestos. Destrución da ponte de barcos persa sobre oHelesponto pola frota ateniense. Chamada de Pausanias a Esparta. A frota ateniense fica soa nomar Exeo.
-478 --477Fundación por Atenas daLiga de Delos.
-476Expulsión dosPersas deTracia e de Europa. Fin da tiranía deAnaxilao enRegion.
-474Vitoria naval deHierón sobre a frotaetrusca, enCumas.
-472Os Persas, traxedia deEsquilo.
-471Rebelión deNaxos. Ostracismo deTemístocles? Morte de Pausanias.
-469Destrución da frota persa. Liberación dos Gregos de Asia.
-466Morte deHierón.Trasíbulo, o cuarto irmán, convértese en tirano deSiracusa.
-465Caída deTrasíbulo. Fin da tiranía enSicilia. Principio da Rebelión deThasos. Terremoto en Esparta e principio da Rebelión doshilotas deMesenia.
-463Fin da Rebelión deTasos.
-461Ostracismo deCimón e reformas deEfialtes, en Atenas.
-461 --446Primeiraguerra do Peloponeso entre Esparta e Atenas.
-460 --454Expedición ateniense aChipre e aExipto: fracaso.
-456Fin da Rebelión dos hilotas de Mesenia.
-454Traslado do tesouro daliga de Delos a Atenas.
-453 --440Movemento de liberación deDucetio enSicilia.
-451Primeira lei dePericles.
-450Apertura do obradoiro daAcrópole de Atenas.
-450 --449Vitoriosa campaña ateniense en Chipre.
-448Irregularidades na percepción do tributo.Paz de Calias cos Persas Segundaguerra sagrada.
-447Primeiraconfederación Beocia.
-446Paz dos trinta anos entre Esparta e Atenas.
-444Fundación panhelénica deTurios.
-441 --431Goberno persoal de Pericles.
-441 --439Rebelión deSamos.
-438Finalización doPartenón.
-437Fundacións atenienses ao norte do Exeo.
-435Conflito entreCorcira eCorinto.
-435 --432Procesos políticos contra o contorno de Pericles.
-433Alianza de Atenas con Corcira.
-432Rebelión dePotidea e intervención ateniense. Decreto contraMégara ? Conferencia de Esparta.
-431 --421Guerra deArquídamo.
-431primaveraExpedición tebana aPlatea.
maio - xuñoInvasión daÁtica polo exército espartano. Instalación dunhacleruquía enExina. Alianza de Atenas co rei deTracia.
-430Principio da epidemia de peste en Atenas. Revogación de Pericles. Nova invasión da Ática.
-430 --429InvernoCapitulación de Potidea enCalcídica.
-429Peste. Reelección e morte de Pericles. Asedio dePlatea polo exército peloponesio.
-428Terceira invasión da Ática. Rebelión deLesbos, dirixida parMitilene.
-427PrimaveraCapitulación de Mitilene. Instalación dunhacleruquía.
VeránCapitulación de Platea.
Principio da guerra civil en Corcira.
-426Primeira expedición ateniense aSicilia.
-425Fin da guerra civil en Corcira.
PrimaveraQuinta invasión da Ática. Expedición naval ateniense ao longo das costas doPeloponeso, ataPilos: bloqueo dos espartanos deEsfacteria.
VeránReavaliación do tributo porCleón.
-424Renovación da paz entre Atenas e osPersas. Ocupación ateniense deCitera. Expedición espartana áCalcídica: conquista deAnfípolis porBrasidas. Derrota ateniense ante osBeocios enDelion. Regreso da frota ateniense de Sicilia.
-423Subida ao trono deDarío II nun contexto problemático.
-422Batalla deAnfípolis. Morte deBrasidas e deCleón enEion.
-421Paz de cincuenta anos entre Esparta e Atenas, chamada «Paz de Nicias».
-420Alcibíades elixidoestratego en Atenas.
-417Ostracismo deHipérbolo en Atenas.
-416Tisafernes,sátrapa deLidia, reduce a Rebelión dePisutnes.
-416 --415Expedición contraMelos.
-415 --413Expedición ateniense a Sicilia. Desastre.
-413Establecemento dunha comisión de 10probuloi para revisar aconstitución ateniense.
PrimaveraOcupación espartana daDecelia.
VeránDerrota ateniense enSicilia.
OutonoDarío II esixe novamente o tributo das cidades xonias.
InvernoEnviados deTisafernes a Esparta. Atenas apoia o fillo dePisutnes.
-412Rebelión dos aliados de Atenas. Tratado entre Esparta e os Persas.
VeránPrimeiro tratado entre Tisafernes e aLiga do Peloponeso. Concentración das forzas navais enXonia.
412 -411 a.C.Invernoatraso dos auxilios persas: segundo tratado entre Esparta e os Persas. Batalla deMileto.
-411Golpe de Estado reaccionario en Atenas (osCatrocentos). Intrigas deAlcibíades, que abandonou o campamento espartano para Tisafernes e negocia a alianza persa contra o seu regreso a Atenas. Fracaso.
PrimaveraRevolución oligárquica en Atenas. Alcibíades enSamos. Reapertura dos Estreitos.
maioComisión dos Dez, estendida a Trinta e dotada de plenos poderes.
xuñoAsemblea de Colono. Goberno dos Catrocentos.
VeránTerxiversacións de Tisafernes que se reprega cara ao sur deAsia Menor. Alcibíades vaise reunir con el.
agostoAsasinato deFrínico. Goberno dos Cinco Mil, arredor deTeramenes en Atenas. Cruceiro da frota nos Estreitos. Vitoria deCinosema cerca deAbidos. (Fin da Historia deTucídides).
OutonoTensións entre os persas e os peloponesios en Xonia. Regreso deTisafernes. Os peloponesios se aproximan aFarnabazo, osátrapa deFrixia.
-411 --410InvernoMisión deAlcibíades anteTisafernes para obter subsidios; internado enSardes.
-410PrimaveraRestablecemento da democracia en Atenas e do poder ateniense noExeo. Vitoria enCícico da frota mandada parAlcibíades.
-409EnSicilia, avance cartaxinés e destrución deSelinunte e deHimera.
-408 --407InvernoDarío II implícase na axuda aos peloponesios. Nomeamento deCiro á fronte daLidia e daFrixia, responsábel das operacións militares. Amizade deCiro e donavarco espartanoLisandro.
-407Lisandro comandante da frota. Regreso de Alcibíades a Atenas. Derrota deNotio e retirada aTracia. (Principio da Historia deXenofonte).
-406Conquista cartaxinesa deAgrigento.Dionisio á fronte deSiracusa con plenos poderes. Proceso dosestrategos atenienses.
VeránVitoria sen futuro de Atenas nasillas Arxinusas.
-405Derrota dos atenienses enEgospótamos. Conquista cartaxinesa deXela e deCamarina.
setembroDestrución da frota ateniense enEgospótamos.
Primeiro tratado de paz entre Dionisio eCartago.
-404Asedio e rendición de Atenas. Fin da guerra do Peloponeso. Morte deDarío II e subida ao trono deArtaxerxes II.
PrimaveraRendición de Atenas. O estratego atenienseConón refúxiase enChipre, e despois onda o rei de Persia.
xuño - decembroRéximedos Trinta en Atenas.
decembroTrasíbulo apodérase do forte deFile.
-404 --403Operacións deLisandro no Exeo e en Xonia.
InvernoMarcha de Trasíbulo sobreo Pireo. Batalla deMuniquia. Liberación do Pireo.
-403Restauración democrática en Atenas.
OutonoPacificación da Ática polo rei de EspartaPausanias I.
setembroBatalla cerca do Pireo. Negociacións e amnistía xeral en Atenas. Repregue dos Trinta aEleusis.
Restauración da democracia.
-403 --399Revisión das leis e cambio de alfabeto enAtenas.
-401 --400Rebelión deCiro o Novo contra o reiArtaxerxes IIMemnón, seu irmán, enrola mercenarios gregos por medio dun espartano. Expedición aMesopotamia.Batalla de Cunaxa e morte de Ciro. «Anábase» dosDez Mil.

Século -IV

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecementos
-400 --399Campañas espartanas contraÉlide.
-400 --394Campañas espartanas aAsia Menor, contra os Persas.
-400 --399Operacións deTibrón aEolia e logo aCaria.
-399 --397Operacións deDercílidas aEolia e cerca dos Estreitos; raid aTracia; operacións enCaria.
-399EnAtenas, proceso e morte deSócrates; enEsparta, conspiración deCinadón.
-397Conquista deMotie porDionisio.
-397 --395Conón impónse á fronte da frota persa.
-396 --394Vitoria deAxesilao II sobreTisafernes.
-396Desembarco deHimilcón enPalermo. Asedio deSiracusa. Retirada deHimilcón.
-395 --390Guerra de Corinto.
-395 --394Operacións espartanas en Grecia central. Morte deLisandro. Chamamento deAxesilao II. Vitoria deCoronea.
-394Vitoria deCnido sobre os Espartanos, que os elimina domar Exeo: principio da recuperación militar deAtenas.Esparta retírase de Asia e das illas.
-394 --393Acción conxunta deConón e dos Persas noHelesponto.
-393Regreso deConón aAtenas: reconstrución dosMuros Longos e dunha frota.
-393 --390Operacións na rexión doIstmo de Corinto.
-392Tentativas de paz. Misión deAntálcidas a Asia que obtén a axuda dosátrapaTiribazo.
Segundo tratado de paz entreDionisio eCartago.
Fundación da liga italota, que reúne as cidades daMagna Grecia.
-390Envío dunha frota espartana aRodas.
-389Expedición deAxesilao II aAcarnania.
Primeira viaxe dePlatón aItalia e aSicilia.
-389 --388Operacións noGolfo Sarónico, arredor deExina.Atenas controlaBizancio eMitilene.
-388Expedición naval deAntálcidas aXonia, e logo aoHelesponto. Liberdade de navegación para os atenienses. Vitoria deDionisio sobre a liga.
-387 --386A frota deEsparta controla a ruta do trigo tracio; dificultades de aprovisionamento enAtenas.
-386Paz do Rei (ouPaz de Antálcidas). Asedio e capitulación deRegion.
-385Destrución deMantinea. Reorganización daliga peloponesia. Colonización noAdriático: fundación deIsa.
-384Saqueo do santuario dePyrgi.
-382Ocupación deTebas polos Espartanos (ocupación daCadmea);Atenas acolle os exiliados tebanos. Nacemento deFilipo II de Macedonia, último fillo do reiAmintas.
-379Liberación deTebas.
-378Segunda Liga marítima ateniense.
-378 --376Campañas espartanas enBeocia.
-372Batalla de Leuctra. Restablecemento daconfederación Beocia.
-371 --361Campañas deEpaminondas noPeloponeso.
-371 --369Inversión das alianzas:Atenas alíase conEsparta. Triunfo do partido da paz enAtenas (Calístrato). Reconstrución dun Estado mesenio.
-368 --365Filipo II de Macedonia refén en Tebas.
-367Nova Paz do Rei.
-367 --366InvernoMorte deDionisio.
-366Tiranía deDión de Siracusa e segunda viaxe dePlatón aSicilia. Goberno deDionisio II.
-365 --364Expedicións atenienses aSamos e aCalcídica (Timoteo).
-361Morte deEpaminondas enMantinea. EnAtenas, evicción deCalístrato e goberno do partido imperialista. Terceira viaxe dePlatón aSicilia.
-360Fundación de cleruquías atenienses.
-359Morte do reiPérdicas III nunha expedición contra os Ilirios; rexencia deFilipo II de Macedonia.
-358 --356Campañas macedonias contra ospeonios e osIlirios do reiBardilis.
-357Caída e exilio deDionisio II. Conquista macedonia deAnfípolis enTracia.
-357 --356Campañas macedonias enCalcídica.
-356Fin da rexencia:Filipo II de Macedonia toma o título real. Conquista dePotidea enCalcídica e dePidna ao sur deMacedonia.
-357 --355Guerra dos Aliados contraAtenas.
-357Toma deAnfípolis porFilipo II de Macedonia.
-356 --346Terceiraguerra sagrada.
-356 --355Triunfo do partido da paz enAtenas (Eubulos). DiscursoSobre a paz deIsócrates; tratado sobreOs Medios de se procurar ingresos (Poroi) deXenofonte.
-354Conquista macedonia deMetona ao sur deMacedonia. Intervención macedonia enTesalia.
-354 --352Campañas macedonias enTesalia. Vitoria doCampo dos Crocus (preto deFeres).Filipo IIarconte deTesalia. Filipo renuncia a cruzar asTermópilas, bloqueadas por unha coalición das cidades.
-351Campaña deTracia.Primeira Filípica deDemóstenes.
-349 --348Guerra deOlinto. Anexión daCalcídica. Desaparición daconfederación calcídica. EnAtenas, proceso deMidias
-347 --346Regreso deDionisio II aSiracusa.
-346Congreso Panhelénico dePella e paz deFilócrates entreFilipo II e os Gregos.Filipo deIsócrates. Fin da TerceiraGuerra sagrada.Filipo II de Macedonia controla asTermópilas eDelfos. Reorganización daanfictionía.
-345Campaña iliria deFilipo II.
circaControl das minas tracias doMonte Panxeo porFilipo II de Macedonia. Primeiras moedas de ouro macedonias.
-344Timoleón enviado porCorinto aSiracusa. Reorganización daTesalia macedonia en catro distritos.
-343Pacto deFilipo II de Macedonia co rei persa. EnAtenas, procesoSobre a embaixada (de-346).
-342Intervención macedonia enEpiro.
-341Vitoria deTimoleón sobreCartago.
Organización da estratexia deTracia. Campaña macedonia aTracia, cara aos Estreitos, contraPerinto eBizancio.
-340OutonoAtenas declara a guerra aFilipo II de Macedonia. Operacións sobre os Estreitos.
-339Cuartaguerra sagrada, levada porFilipo II de Macedonia no nome da anfictionía. Alianza deTebas eEretria.
-338Vitoria deFilipo II sobre os Gregos enQueronea enBeocia. Campaña no Peloponeso.
-337Establecemento daLiga de Corinto. Congreso Panhelénico. Campaña macedonia enIliria.
-337 --336Timoleón remata a súa obra de restauración, abandona os plenos poderes e morre pouco despois.
-336Desembarco dun corpo expedicionario macedonio en Asia, conParmenio. Morte deFilipo asassnado enAigai e subida ao trono deAlexandre. EnCorinto, renovación da alianza cos Gregos.
-335Rebelión e destrución deTebas. Campañas deAlexandre enTracia, sobre oDanubio e enIliria. Movemento anti-macedonio enGrecia.
-334PrimaveraDesembarco enAsia Menor.Batalla do Gránico (maio-xuño).
OutonoLicenza da frota grega.
-334 --333Conquista deAsia Menor porAlexandre contraDarío III.
-333PrincipioAlexandre enGordión.
Outonobatalla de Isos.
-333 --332Operacións navais ao longo do litoral anatolio.
-332Principio da Rebelión deEsparta.
VeránCampaña deFenicia. Asedio deTiro.
-332 --331Conquista deFenicia e deExipto. Fundación deAlexandría.
-331OutonoDerrota deEsparta enMegápolis.Batalla de Gaugamela, o 1 de outubro.
-331 --330Conquista daMesopotamia e daPersia. Morte deDarío III.
-331 --330InvernoAlexandre enBabilonia, enSusa ePersépole. Inverno en Persépole. Incendio da cidade.
-330Asasinato deDarío III polosátrapa deBactriana. Represión do complot deParmenio e deFilotas. Licenza dos continxentes gregos aliados.
-329 --327Pacificación das Altas Satrapías (Afganistán).
-328 --327Pacificación e colonización do val doOxos. Matrimonio conRoxana.Cuestión da proscínese.Conxuración dos Pagos. Mobilización dos Persas.
-327 --325Campaña daIndia.
-325setembro - decembroViaxe de regreso ataSusa.
-324Fuxida deHarpalo, o tesoureiro, aAtenas. Decretos de Susa sobre o regreso dos desterrados e a institución dun culto real. Vodas de Susa. Regreso aBabilonia. Sedición deOpis.
-323Carácter mixto dafalanxe hoplítica.
xuñoMorte deAlexandre enBabilonia. Subida ao trono deFilipo Arrideo e deAlexandre IV. Primeira partición do Imperio. Poder efectivo enPérdicas e enCrátero.
VeránSublevación deAtenas, aliada cosetolios e ostesalios (guerra lamíaca).
-323 --321Primeiro período dos guerras de sucesión (loita entre osDiádocos).
-322Derrota da frota nas augas deAmorgos; derrota do exército de terra enCrannon. Morte deDemóstenes, deHipérides e deAristóteles. Fin daguerra lamíaca. Guarnición macedonia noPireo. Goberno oligárquico deFoción enAtenas.
-321Morte dePérdicas e deCrátero. Conferencia detriparadisos.
-321 --316Segundo período das guerras de sucesión (loita entre os Diádocos).
-319Morte deAntípater.Polipercón sucédeo enGrecia. Amnistía de Polipercón. Restauración democrática.
-318Morte deFilipo Arrideo.Olimpias toma o poder. En Atenas, goberno deDemetrio de Falero. Morte deEumenes.Casandro dono doPireo.
-317Principio do goberno de Demetrio de Falero. Constitución censitaria.
-316Morte de Olimpias.Agatocles,estratego deSicilia con plenos poderes.
-315 --311Terceiro período das guerras de sucesión (loita entre osDiádocos).
-311Liberación das illas. Liga dos Insulares.
-311 --306Guerra de Agatocles contraCartago.
-310Morte deAlexandre IV.Casandro dono deMacedonia.
-307Demetrio Poliorcetes en Atenas e liberación do Pireo. Fin do goberno de Demetrio de Falero. Restauración democrática.
-306Vitoria deSalamina de Chipre.Antígono o Torto e Demetrio Poliorcetes toman o título real.
-306 --305«Ano dos reis».
-306 --304Tolomeo,Seleuco, Casandro,Lisímaco e Agatocles toman o título real. Asedio deRodas por Demetrio Poliorcetes.
-305 --304Atenas en xogo entre Casandro e Demetrio. Demetrio apoiado polosdemagogos (Estratocles).
-305 --303Campaña de Seleuco enAsia central e naIndia.
-301Batalla de Ipsos. Morte de Antígono. Os moderados no poder en Atenas (tendenciaFedro). Política de neutralidade.

Século -III

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
-299Agatocles tomaCorcira.
-297Morte deCasandro. Restauración dePirro enEpiro.
-295Tiranía militar deLacares. Resistencia democrática noPireo.
-294Demetrio I Poliorcetes, rei deMacedonia, controlaAtenas e aGrecia central tras a caída de Lacares. Réxime autoritario e fame.
-292 --287Período oligárquico, tras a chamada dos oligarcas exiliados.
-290 --289Conflito entrePirro e Demetrio, que ocupaCorcira. Morte de Agatocles.
-288Repartición da Macedonia entre Pirro eLisímaco.
-288 --287Elección e reelección deFedro comoestratego doshoplitas.
-287Sublevación contra a guarnición macedonia. Intervención da frota láxida mandada porCalias, irmán de Fedro. Fracaso do asedio por Demetrio. Paz entreTolomeo I e Demetrio: liberación de Atenas, pero non doPireo.
-287Atenas libérase da guarnición macedonia.
-287 --262Período democrático en Atenas. Amizadeláxida.
-286Evacuación da guarnición macedonia deEleusis.
-286 --281Tentativas infrutuosas para recuperar O Pireo.
-285Lisímaco único rei en Macedonia. Demetrio prisioneiro deSeleuco I.
-283 --280Morte dosDiádocos. Constitución dos tres reinos.
-283Morte de Demetrio e de Tolomeo I. Subida ao trono deTolomeo II: apoxeo do reino láxida.
-282 --281Evacuación da guarnición deSalamina. Recuperación dascleruquías.
-281VeránBatalla deCurupedión enLidia. Morte de Lisímaco. Subida ao trono deAreos enEsparta.
-280Morte de Seleuco.Tolomeo Ceraunos dono da Macedonia. Honores póstumos votados aDemóstenes.
-280 --275Pirro, rei de Epiro, enItalia e enSicilia. Vitoria romana.
-279 --278Invasión gálata en Macedonia e enGrecia. Morte de Tolomeo Ceraunos loitando contra eles. Subida ao trono deAntígono Gonatas en Macedonia. Inicio daConfederación etolia.
-278Participación de Atenas na loita contra osCeltas.
-274 --272Primeira guerra deSiria, entre Láxidas eSeléucidas.
-272Embaixada de Tolomeo II ante oSenado romano. Principio da amizade entre os Láxidas e Roma.
-270Honores votados ao demócrataLeocares e aCalias de Esfetos, o «liberador» de-287.
-268Hierón, rei enSiracusa.
-268 --267Arcontado dePitidemo: principio da guerra contra Antígono (guerra deCremónides); alianza de Atenas con Esparta (decreto de Cremónides).
-267Forzasláxidas eantigónidas enÁtica.
-267 --262Guerra de Cremónides.
-265 --262Asedio de Atenas.
-263Independencia dePérgamo.
-262Ocupación e administración macedonia de Atenas.
-260 --253Segunda guerra de Siria.
-256 --255Evacuación de Atenas, pero non das guarnicións exteriores.
-251Principio da expansión daConfederación Aquea.
-250Perda dos confíns orientais doImperio Seléucida.
-246Fin do reinado de Tolomeo II.
-246 --241Cambios de reinado e terceira guerra de Siria.
-240 --238«Guerra fratricida» no reino seléucida e constitución do reino de Pérgamo.
-244Visita de Antígono a Atenas.
-244 --222Época dos reis reformadores en Esparta.
-243PrimaveraInseguridade en Atenas tras a ocupación deCorinto porAratos.
-238Evacuación das fortalezas da campaña porDemetrio II.
-231 --230Fin do reino de Epiro.
-229Morte de Demetrio II. Negociación da retirada da guarnición do Pireo. Política de neutralidade e de non-intervención, dirixida porEuriceides eMición. Intervención romana noAdriático.
-229 --228Primeiraguerra de Iliria.
-227Terremoto enRodas. Constitución da provincia romana de Sicilia.
-227 --222Guerra deCleómenes. Reconstitución daLiga helénica.
-223Subida ao trono deAntíoco III. Rebelión xeral.
-221Subida ao trono deFilipo V.
-221 --217Cuarta guerra de Siria. Batalla deRafia. Guerra dos Aliados entre etolios e a Liga Helénica. Paz deNaupacto.
-219Segundaguerra de Iliria. Principio dasegunda guerra púnica. Repartición de trigo láxida en Roma en período de penuria.
-215Alianza deFilipo V de Macedonia e deHaníbal. Principio daprimeira guerra de Macedonia.
-212Tratado romano-etolio. Intervención de Roma na guerra.
-211Segundaguerra de Iliria.
-205Fin da primeira guerra de Macedonia. Primeira intervención romana no reino láxida. Coa subida ao trono dun rei-neno (Tolomeo V) e mentresAntíoco III esta ás portas deExipto, Roma obtén a retirada do Seléucida.Guerra cretense.
-202Fin da segunda guerra púnica.
-200Alianza deAtalo de Pérgamo e de Roma.

Século -II

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
-200 --197Segunda guerra de Macedonia.
-196Roma proclama a liberdade dos Gregos.
-195Haníbal ante deAntíoco III.
-192 --188Guerra de Antíoco ouetolo-siria. Os romanos pasan aAsia.
-188Paz de Apamea. Retirada dos Seléucidas deAsia Menor. Apoxeo dePérgamo e deRodas, aliados de Roma.
-171 --168Terceira guerra de Macedonia.
-168Desaparición do reino Antigónida. Intervención diplomática de Roma na sexta guerra deSiria: ultimato aAntíoco IV: o legadoPopilio Lenas obrígao a levantar o asedio deAlexandría.
-167Pillaxe doEpiro ao regreso das lexións. Principio daRebelión dos Macabeos.
-166Creación do porto franco deDelos ás expensas de Rodas.
-164Primeira partición do reino dostolomeos: terceira intervención romana, tras da guerra fratricida entreTolomeo VI e o seu irmánApión, o senado obriga a unha partición do reino.
-149 --148Rebelión deAndrisco enMacedonia. Constitución da provincia de Macedonia.
-149 --146Terceira guerra púnica.
-147 --146Guerra deAcaia.
-146Destrución deCorinto e deCartago.
-145 --116Reinado axitado deTolomeo VIII Everxetes II.
-140Extensión do reinoparto ataMesopotamia.
-133Morte deAtalo III, que lega o seu reino a Roma.
-133 --128Rebelión deAristónico enPérgamo. Constitución da provincia de Asia.
-129Derrota e morte deAntíoco VII contra ospartos. Principio do declive seléucida.
-121Principio do reinado deMitrídates VI noPonto.

Século -I

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
-89 --85Primeira guerra mitridática (Sila).
-88Masacre dos italianos deAsia.
-86Vitoria de Sila naterceira batalla de Queronea sobre une exército de Mitrídates VI.
-80Intervención de Sila: á morte deTolomeo IX, sen herdeiro home lexítimo, Sila instala no trono o príncipe que el elixiu.
-74 --70Segunda guerra mitridática (Lúculo).
-67 --63Terceira guerra mitridática e reorganización doOriente porCneo Pompeio Magno. Fin do reino seléucida.
-63Fin do reinado deMitrídates VI.
-58Tolomeo Auletes refúxiase ondaPompeio enRoma.
-55Intervención do gobernador deSiriaGabinio.Tolomeo Auletes é restituído no trono.
-54 --51Caio Rabirio Póstumo ministro de Finanzas do reino láxida.
-51Subida ao trono deCleopatra enAlexandría.
-48Primeira guerra civil. Batalla deFarsalia enTesalia. Execución dePompeio refuxiado enExipto.
-48 --47Sublevación de Alexandría. Campañas deCésar en Exipto e noPonto. Para servir aos intereses de Cleopatra, asasina ao seu irmán-esposo,Tolomeo XII e senta no trono ao irmán máis novo,Tolomeo XIII. Relación con Cleopatra. Nacemento deCesarión.
-47 --44Cleopatra e Cesarión enRoma.
-44Refundación deCorinto por César, como colonia romana.
-41 --30Intervención deAntonio. Relación con Cleopatra e nacemento de tres nenos.
-42Segunda guerra civil.Batalla de Filipos enMacedonia.
-34Antonio en Alexandría. Reorganización do Oriente arredor de Alexandría.
-31Batalla de Actio.
-30Organización da provincia de Exipto.
-27Constitución da provincia deAcaia.

Século I

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
25Morte deEstrabón.
66 -67Liberación dos Gregos porNerón e abolición da provincia deAcaia.
74Reacción antifilosófica e antihelenista deVespasiano. Restablecemento da provincia deAcaia.

Século II

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
120Morte dePlutarco.
124 -125Primeira viaxe deHadriano aGrecia e aAsia.
128 -129Segunda viaxe de Hadriano.
131 -132Terceira viaxe de Hadriano. Fundación doPanhelenión.
Descrición de Grecia (Periéxese) dePausanias.Historia deArriano (aAnábase deAlexandre e aHistoria dos Diádocos, das que só quedan fragmentos).
162Odeón deHerodes Ático enAtenas.
166Granpeste.
170Invasión dosCostobocos.

Século III

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
267Invasión dosHérulos.

Século IV

[editar |editar a fonte]
AnoDataAcontecemento
393Últimaolimpíada.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cronoloxía_da_Grecia_antiga&oldid=7161803»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp