Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Croacia

Coord.:45°15′00″N15°28′00″L / 45.25,15.46667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCroacia
Hrvatska (hr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLijepa naša domovinoEditar o valor en Wikidata

Lema«Llawn bywyd»Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 45°15′00″N15°28′00″L / 45.25,15.46667
CapitalZagrebEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.871.833(2021)Editar o valor en Wikidata (68,41hab./km²)
Lingua oficiallingua croataEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie56.594 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar AdriáticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoDinara (1.831 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixomar Adriático (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de xuño de 1991Editar o valor en Wikidata
Evento clave
8 de outubro de 1991Independência da Croácia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepúblicaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataZoran Milanović(2020–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de CroaciaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataAndrej Plenković(2016–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Croacia ,(Escano: 151)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal70.964.606.465 $ (2022)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.hrEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+385Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,192(pt)Traducir,93 e94Editar o valor en Wikidata
Código de paísHREditar o valor en Wikidata
Código NUTSHR0Editar o valor en Wikidata

Sitio webvlada.hrEditar o valor en Wikidata
BNE: XX452923

Croacia[1] (Gl-Croacia.oggpronunciación (axuda · info)) (encroata:HrvatskaHr-Hrvatska.oga[xř̩ʋaːtskaː] (axuda · info)), oficialmenteRepública de Croacia (Gl-República de Croacia.oggpronunciación (axuda · info)) (encroata:Republika Hrvatska (Hr-Republika Hrvatska.ogapronunciación (axuda · info))), é un país deEuropa central, rodeado polachaira Panónica, osBalcáns e omar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande éZagreb. Comparte fronteiras conEslovenia eHungría ao norte,Bosnia e Hercegovina ao sueste eSerbia eMontenegro ao leste.

Antigo membro daRepública Federal Socialista de Iugoslavia, o25 de xuño de1991 Croacia declarou a súa independencia converténdose nun Estado soberano. O1 de xullo de2013 Croacia entrou naUnión Europea. Ademais é membro dasNacións Unidas, oConsello de Europa, aOTAN, aOrganización Mundial do Comercio e membro non permanente doConsello de Seguridade das Nacións Unidas durante o período2008 e2009. Croacia está clasificada como unhaeconomía emerxente e en desenvolvemento poloFondo Monetario Internacional e país de alta renda poloBanco Mundial.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Dubrovnik,a perla do Adriático, centro turístico de Croacia.

Croacia atópase na beira nororiental domar Adriático. Comparte fronteiras conEslovenia eHungría ao norte, conSerbia eMontenegro polo leste, e conBosnia e Hercegovina ao sur e ao leste. Esta república dobra en tamaño aBélxica, e adopta a forma dun búmerang dende aschairas de Panonia en Eslavonia, a través do centro montañoso, até chegar á península deIstria e a accidentada costaadriática. O extremo meridional da costa croata, incluída a cidade deDubrovnik, está separado do resto do país por unha saínte deBosnia e Hercegovina.

A principal atracción turística de Croacia constitúena as súas praias. O país está formado por 1.778 km de liña costeira (5.790 km se se inclúen as illas), con todo, moitas das praias contan con grava branca no canto de area. As illas son consideradas tan belas como ashelénicas e existen 1.185, porén só 66 están habitadas. O mar Adriático croata é unha das áreas máis limpas do mar Mediterráneo, e a súa claridade e transparencia fan que cada ano millóns de turistas acudan ás súas costas.

O montañoso Parque Nacional de Risnjak alberga numerososlinces, mentres que os frondosos bosques do Parque Nacional de Paklenica están poboados deinsectos,réptiles eaves, entre eles ovoitre leonado, en perigo de extinción. No Parque Nacional dos Lagos de Plitvice pódense atoparosos,lobos ecervos.

Parque Nacional de Plitvice.Patrimonio da Humanidade

O clima varía domediterráneo da costa adriática aocontinental do interior. As asolladas zonas costeiras ofrecen veráns cálidos e secos e invernos suaves e chuviosos. As montañas altas da costa actúan de escudo impedindo que cheguen os fríos ventos do norte; isto fai que os croatas gocen dunha primavera temperá e un outono tardío. EnZagreb, as temperaturas medias acadan os 27 °C en xullo e descenden até os 2 °C en xaneiro.

SegundoWWF, o territorio de Croacia repártese entre catro ecorrexións:

  • Bosque tépedo de frondosas
    • Bosque mixto de Panonia, no norte
    • Bosque mixto dos Alpes Dináricos, nosAlpes Dináricos
  • Bosque mediterráneo
    • Bosque caducifolio de Iliria, na costa
    • Bosque mixto e esclerófilo do Tirreno e o Adriático, nas illas do Adriático

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Iliria, Tratado de Trianon, Tratado de Saint-Germain-en-Laye e Guerras Iugoslavas.

Orixes

[editar |editar a fonte]

Os croatas son un pobo de orixeeslava que emigrou dende a rexión onde se atopaba, naantiga Persia, cara a occidente, ao redor doséculo VI, chegando primeiramente á rexión da actualPolonia. Alí mesturáronse cos eslavos adquirindo a súa lingua e costumes. Posteriormente volveron emigrar e estabelecéronse na actual Croacia durante oséculo VII.

Idade Media

[editar |editar a fonte]
Pintura de Oton Ivekovic que representa a chegada dos croatas aoAdriático

A partir doséculo IX Croacia converteuse nun dos reinos máis poderosos da rexión, combatendo con éxito aávaros,búlgaros emaxiares e, en1102, a raíz dunha unión nupcial, os nobres croatas aceptan formar un reino conxunto conHungría.

Contra mediados doséculo XIII, o reino húngaro foi fortemente impactado polaexpansión otomá, a cal levou aoparlamento croata (savor) a invitar aosHabsburgo, baixo o reinado deFernando I, a asumir o poder sobre Croacia.

Idade Moderna

[editar |editar a fonte]

O reinado dos Habsburgo combateu con éxito aos otománs e, contra oséculo XVIII, gran parte de Croacia estaba totalmente libre do control turco, mentres que parte deDalmacia permaneceu baixo o control deVenecia. En1868, Croacia gañouautonomía nacional aínda que baixo autoridade húngara.

Idade contemporánea

[editar |editar a fonte]

Tras aprimeira guerra mundial e a caída doimperio austrohúngaro, Croacia foi integrada noReino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, o cal, en1929 foi denominado comoReino de Iugoslavia.

O29 de outubro de1918, oSabor croata declarara a independencia e na súa soberanía manifestou a súa vontade de ingresar no novoEstado dos Eslovenos, Croatas e Serbios para afrontar a ameaza do exército italiano que entraba polo sur e o occidente do territorio.

A negociación finalmente rematou o23 de novembro de1918 despois de enviar unha delegación aBelgrado, sendo proclamada a unión coReino de Serbia o1 de decembro de1918.

OEstado Independente de Croacia, ouReino de Croacia títere deItalia durante a II GM.

En1924 unha decisión de apenas a metade máis un dos deputados da Asemblea Nacional iugoslava estipulou na constitución o carácter centralista do estado. Esta decisión propiciada con autoritarismo polo primeiro ministroNikola Pašić, provocou a oposición dos croatas, os cales loitaron dende entón por restabelecer a súa autonomía, obxectivo central para o Partido Campesiño Croata, conseguido en1939 cando o seu líderVladko Maček asinou co goberno do reino o Tratado Cvetković-Maček, que estabeleceu aBanovina (provincia) de Croacia.

Iugoslavia foi invadida porAlemaña durante asegunda guerra mundial e Croacia foi convertida polosnazis noEstado Independente de Croacia. Tras a derrota das forzas doEixe, Croacia reintegrouse de novo en Iugoslavia, esta vez naRepública Federal Popular de Iugoslavia, sendo convertida nun estadosocialistafederal, baixo a dirección deJosip Broz Tito, co nome deRepública Popular de Croacia (máis tarde,República Socialista de Croacia).

Cando Croacia declara a súa independencia de Iugoslavia en1991, os habitantes serbios néganse a secundar a secesión da República Federal Iugoslava e, apoiadas polo exército federal iugoslavo, independízanse de Croacia como aRepública Serbia de Krajina no territorio desa rexión. Tras catro anos de loitas, o goberno croata logra desaloxar a gran parte das forzas serbias estacionadas na Krajina durante aOperación Tormenta. A recuperación polo goberno daEslavonia Oriental levouse a cabo pacificamente e de xeito negociado conBelgrado en1998 baixo a supervisión daOrganización das Nacións Unidas.

Cara á Unión Europea

[editar |editar a fonte]

Croacia solicitou o ingreso na Unión Europea en2003, e aComisión Europea recomendou facela candidata oficial a comezos de2004. As negociacións de entrada comezaron en outubro de2005, poñéndose en marcha tamén o proceso de investigación. Esperábase que Croacia se adhirira ao redor do ano 2010, pero xurdiron algunhas dúbidas sobre a ampliación da UE despois do rexeitamento deIrlanda aoTratado de Lisboa nun referendo.[2] Pero tras a aprobación e a entrada en vigor deste tratado este temor pasou,[3]e Croacia puido continuar, e finalizar, con éxito as negociacións.

O intento de adhesión de Croacia foi posíbel debido á consolidación das institucións do país, reforma electoral, incrementos dos fondos para o Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo, e melloras nos dereitos das minorías e o retorno e integración de refuxiados. Así como a solución, na medida do posíbel, dalgún temas de disputa como

  • a cooperación coTPII;
  • os desacordos fronteirizos con Eslovenia, e
  • a propiedade da terra.

O Consello Europeo, no cumio do20 de decembro de2004, estableceu o17 de marzo de2005 como a data para comezar as negociacións de entrada, sempre que Croacia continuara cooperando coTPII. Pero o16 de marzo, o día anterior ao do previsto para iniciar as reunións, a UE pospuxo o seu comezo porque o TPII avaliou os esforzos croatas para capturar ao xeneral fuxitivoAnte Gotovina, acusado polo TPII porcrimes de guerra ecrimes contra a humanidade, comoinoportunos e insuficientes.

Jadranka Kosor, primeira ministra de Croacia.

Resolvidos, ou encamiñados cara á solución, estes problemas, as negociacións para a entrada de Croacia na UE remataron o30 de xuño de2011, polo cal entrará a formar parte da UE o próximo1 de xullo de2013.[4] Finalmente, o9 de decembro de2011, produciuse a sinatura do tradado de adhesión e Croacia converterase, efectivamente, o 1 de xullo de 2013 no 28º membro da UE. "Hoxe Croacia volve ao grupo das nacións europeas, unha familia á que sempre pertenceu", declarou a primeira ministra do país,Jadranka Kosor no seu discurso durante a cerimonia celebrada en Bruxelas.

Tras a firma por parte de todos os líderes europeos, o goberno de Zagreb organizará un referendo nos primeiros meses do ano 2012 para que os croatas dean a súa aprobación ao ingreso na UE, mentres que o resto de Estados membros procederán á ratificación pola vía que marca cada lexislación nacional. Así Croacia será, despois de Eslovenia, o segundo país da antiga Iugoslavia que ingresa na Unión Europea. A partir de xaneiro do 2012 comezou a asistir aos cumios e reunións ministeriais en calidade de observador.[5]

Antes do referendo, os políticos croatas, unanimemente pro europeos, insistiron en que a integración na UE era a decisión máis importante para este país desde a súa independencia.[6]

O22 de xaneiro de2012 os croatas celebraron o referendo de adhesión que, con escasa participación (o 43,58 %, moi inferior á rexistrada nas eleccións lexislativas celebradas en decembro de 2011), foi aprobado polo 66 % dos cidadáns.[7]

O Tratado de adhesión, asinado en decembro por Croacia, foi ratificado por cada un dos 27 Estados membros da UE para concluír a entrada do país no bloque europeo o1 de xullo de2013. Tras Eslovenia, en 2004, Croacia foi a segunda das seis ex repúblicas iugoslavas en adherirse á UE.

Croacia conta con sete votos no Consello, dun total de 352. O croata recoñécese como lingua oficial da UE, e todos as actas da UE aparecen redactadas igualmente en croata.[8]

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Banski dvori, a residencia do Goberno
Croacia divídese en vinte condados e unha cidade

Dende a aprobación da década de1990 da Constitución, Croacia converteuse nunhademocracia, tendo entre1990 e2000 un sistema de gobernosemipresidencialista e dende o 2000 unsistema parlamentario.

OPresidente de Croacia (Predsjednik) é oxefe de Estado, elixido directamente para un mandato de cinco anos, limitado pola Constitución a un máximo de dous. Ademais de ser o comandante en xefe das forzas armadas, o presidente ten o deber de nomear ao Primeiro Ministro co consentimento do Parlamento, ademais de posuír certa influencia na política exterior. A súa residencia oficial é o Predsjednički dvori, ademais de dúas residencias de verán nas illas de Vanga de Hvar.

O Parlamento de Croacia (Sabor) é un órgano lexislativounicameral (unha segunda cámara, a "Casa dos Condados", fora creada pola Constitución de1990 mais foi abolida en2001). O número de membros do Sabor pode variar de 100 a 160, todos eles elixidos por voto popular para un mandato de catro anos. As sesións plenarias do Sabor teñen lugar do15 de xaneiro ao15 de xullo e do15 de setembro ao15 de decembro.

O Goberno de Croacia (Vlada) está encabezado poloPrimeiro Ministro, que ten dous viceprimeiros ministros e catorce ministros a cargo de determinados sectores de actividade. Opoder executivo é o responsable de propor a lexislación e un orzamento, a execución das leis, e orientar a política exterior e interior da república. A residencia oficial do Goberno está en Banski dvori. En canto aopoder xudicial a máxima autoridade croata é o Tribunal Supremo, tendo por debaixo del tribunais nos condados e nos concellos. Existe un Tribunal Constitucional para os temas de interpretación da Constitución.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]

Oscondados (encroata:županije) son as principais subdivisións territoriais de Croacia. Cada condado ten unha asemblea que está composta polos representantes elixidos por voto popular, mediante escrutinio proporcional plurinominal, durante un período de catro anos. A asemblea elixe a dirección executiva do condado, decide os orzamentos anuais, as propiedades do condado etc. Ogobernador do condado é ožupan. Ožupan preside o goberno executivo do condado, e representa ao condado en asuntos exteriores. A subdivisión administrativa de menor nivel en Croacia son as cidades (en croata:grad en singular,gradovi en plural) econcellos (en croata:općina en singular,općine en plural). A cidade máis grande esZagreb, sendo esta a única que supera o millón de habitantes.

Condados de Croacia:

CondadoNome croataÁrea (en km²)Poboación (censo de2001)Densidade (hab/km²)Capital
Croacia central
1Condado de ZagrebZagrebačka županija3.078309.696100,6Zagreb
2Condado de Krapina-ZagorjeKrapinsko-zagorska županija1.230142.432115,8Krapina
3Condado de Sisak-MoslavinaSisačko-moslavačka županija4.448185.38741,7Sisak
4Condado de KarlovacKarlovačka županija3.622141.78739,1Karlovac
5Condado de VaraždinVaraždinska županija1.260184.769146,6Varaždin
6Condado de Koprivnica-KriževciKoprivničko-križevačka županija1.734124.46771,8Koprivnica
7Condado de Bjelovar-BilogoraBjelovarsko-bilogorska županija2.638133.08450,4Bjelovar
20Condado de MeđimurjeMeđimurska županija730118.426162,2Čakovec
21Cidade deZagrebGrad Zagreb640779.1451217,4
Istria, costa norte e Croacia Montañosa
8Condado de Primorje-Gorski KotarPrimorsko-goranska županija3.590305.50585,1Rijeka
9Condado de Lika-SenjLičko-senjska županija5.35053.67710,0Gospić
18Condado de IstriaIstarska županija2.813206.34473,4Pazin
Eslavonia
10Condado de Virovitica-PodravinaVirovitičko-podravska županija2.02193.38946,2Virovitica
11Condado de Požega-EslavoniaPožeško-slavonska županija1.82185.83147,1Požega
12Condado de Brod-PosavinaBrodsko-posavska županija2.027176.76587,2Slavonski Brod
14Condado de Osijek-BaranjaOsječko-baranjska županija4.149330.50679,7Osijek
16Condado de Vukovar-SrijemVukovarsko-srijemska županija2.448204.76883,6Vukovar
Dalmacia
13Condado de ZadarZadarska županija3.643162.04544,5Zadar
15Condado de Šibenik-KninŠibensko-kninska županija2.994112.89137,7Šibenik
17Condado de Split-DalmaciaSplitsko-dalmatinska županija4.524463.676102,5Split
19Condado de Dubrovnik-NeretvaDubrovačko-neretvanska županija1.782122.87069,0Dubrovnik
Total:56.5424 437 46078,5

Demografía

[editar |editar a fonte]
Grupos étnicos en Croacia.
Pirámide de poboación.

Croacia está habitada maioritariamente por croatas (89,6%), mentres que os grupos minoritarios son osserbios (4,5%),bosníacos,húngaros,italianos,eslovenos,alemáns,checos, osromaneses e outros (5,9%). Durante a meirande parte doséculo XX a poboación de Croacia tivo unha tendencia ascendente, pasando de 3 430 270 en1931 a 4 784 265 en1991, mais actualmente a taxa de crecemento natural da poboación é negativa. A esperanza media de vida é 75,1 anos e a taxa de alfabetización é do 98,1 por cento. As principais relixións de Croacia son ocatolicismo (88%),cristianismo ortodoxo (4,4%), outros cristiáns (0,4%),islam (1,3%), outras relixións e sen especificar (0,9%) ou ningunha (5,2%).Durante a última década doséculo XX a poboación de Croacia estancouse debido áGuerra Croata de Independencia. Durante a guerra, grandes sectores da poboación foron desprazadas e aumentou a emigración. En1991, nas rexións de maioría serbia, máis de 80.000 croatas foron expulsados dos seus fogares polas forzas serbias de Croacia ou fuxiron da violencia. Durante os últimos días da guerra en1995, máis de 120.000 serbios, e talvez até 200.000 fuxiron antes da vitoria das forzas croatas. Só unha pequena fracción dos serbios regresaron aos seus fogares dende1995 segundo Human Rights Watch, sendo asentados de novo polo Goberno de Croacia nas rexións que anteriormente habitaban.

Adiáspora croata é moi significante, con abondosas colonias enAmérica do Norte,Chile,Suecia,Alemaña,Australia,Arxentina e, en menor número, outros países suramericanos.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Croacia.
Ponte Skradin

Croacia posúe unha economía baseada principalmente en varios servizos e algunhas industrias lixeiras como a industria química. Posúe ademais grandes estaleiros de barcos comerciais, que son vendidos a moitos países e gozan de fama mundial. O turismo é unha importante fonte de ingresos. A croata xunto coaeslovena, eran e seguen sendo as nacións máis industrializadas e avanzadas da ex-República Federal Socialista de Iugoslavia.

Os principais socios comerciais de Croacia sonItalia eAlemaña, cos cales realiza intercambios comerciais que suman máis dun 20% do seu PIB. Croacia comezou a recibir axudas dos fondos de pre-adhesión áUnión Europea en2003, que ao peche dese ano sumarán os 420 millóns de €. Estas axudas destináronse principalmente a reforzar as políticas de modernización do goberno, como pode ser a reestruturación industrial, mecanización agrícola e política financeira. O PIB de Croacia estímase que creza nun 4,4% en2006, dous con dous puntos sobre a media de crecemento daUE.

Infraestruturas

[editar |editar a fonte]
Croatia Airlines, a compañía de transporte aéreo nacional de Croacia

Croacia ten agora máis de 1.200 km de autoestradas que conectan Zagreb coas demais rexións. As estradas máis coñecidas son a A1, que conectaZagreb conSplit e a A3, que atravesa de leste a oeste o noroeste de Croacia eEslavonia. A maioría das estradas son de peaxe, fóra da de circunvalación Zagreb e tramos da A3, A7, B8 e B9. A rede de estradas de Croacia está considerada dunha calidade xeral moi boa e dunha excelente seguridade, gañando varios premios EuroTAP.[9]

En canto a ferrocarrís Croacia ten unha extensa rede ferroviaria, aínda que debido a circunstancias históricas algunhas rexións (en particular,Istria e máis aíndaDubrovnik) non son accesibles en tren sen pasar por países veciños. A rede precisa un serio investimento durante a próximas décadas para a súa harmonización coas normas europeas, tanto na velocidade como en eficiencia. Tódolos servizos ferroviarios son operados por Ferrocarrís de Croacia (encroata:Hrvatske željeznice). A inter-rede de autobuses urbanos (operada por operadores privados) está moi desenvolvida, con maiores niveis de cobertura e horarios que os ferrocarrís.

Croacia ademais conta con tres aeroportos internacionais importantes, enZagreb,Split eDubrovnik. Outros aeroportos importantes son o deZadar,Rijeka (na illa de Krk),Osijek,Bol ,Lošinj ePula. A compañía nacional é Croatia Airlines. Un amplo sistema de transbordadores, operado por Jadrolinija, serve ás moitas illas de Croacia e liga as cidades costeiras. Tamén hai dispoñíbeis servizos de transbordador aItalia.

Cultura

[editar |editar a fonte]

A cultura de Croacia é o resultado de catorce séculos de longa historia que viu o desenvolvemento de moitas cidades e monumentos. O país posúe sete sitios doPatrimonio Mundial e oito parques nacionais. Croacia é tamén o lugar de nacemento dunha serie de figuras históricas, incluídas trespremios Nobel e numerosos inventores, estando os descubrimentos máis famosos algunhas das primeiras plumas estilográficas ou agravata (kravata). O país ten unha longa tradición artística, literaria e musical, ademais dunha unha interesante e diversacociña.

Idioma

[editar |editar a fonte]
Texto escrito en croata doséculo XIII
Artigo principal:Lingua croata.

O idioma oficial e común é ocroata, unha linguaeslava da familia das linguas eslavas do sur, que utiliza oalfabeto latino. Practicamente toda a poboación fala o croata, aínda que tamén se falaserbio,italiano,húngaro eturco entre as minorías. Doutra banda, o idioma croata subdivídese á súa vez en tres dialectos: oČakavski, oŠtokavski e oKajkavski. O čakavski é o dialecto falado enIstria, o golfo de Kvarner, o litoral deDalmacia e nalgunhas rexións do centro de Croacia, o štokavski en Dalmacia eEslavonia, e por último o Kajkavski no norte e noroeste de Croacia.

Literatura

[editar |editar a fonte]

A literatura croata ten unha longa historia de dez séculos, descubríndose os primeiros textos noséculo XI, os cales eran traducións do eslavón antigo, escritos enalfabeto glagolítico (escritos litúrxicos, hagiografías e apócrifos), inspirados na literatura medieval eslava e bizantina, como o Misal de Kíiv (século XI), documentos como a Táboa de Baška (1100) e a Lei Vinodol (1288).

En canto á literatura croata contemporánea poden destacarse autores como Drago Kekanovič; Pero Budak (1919); Ivan Aralica (1930); Marijan Matjovič (1915-1985), de estilo realista socialista conSlučaj maturanta Wagnera («O caso do graduado Wagner»,1953),Igra oko smrti («Baile ao redor da morte»,1955),Vašar snova («Mercado dos soños»,1959) eI bogovi pate («Os deuses tamén padecen»,1965); e os borgesianos Goran Babič, Pavao Pavličyč (1946), Stjepan Cuič (1945), Goran Tribuson (1948), Vlatko Pavletič (1930), Ivo Frangeč (1920) e Zvonimir Majdak (1938).

Himno

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lijepa naša domovino.
Día Nacional de Croacia

O himno nacional croata chámaseLijepa naša domovino (A nosa fermosa patria). A letra, de Antun Mihanović, foi publicada por primeira vez en1835 na revista Dánica (A estrela da mañá), co título Hrvatska domovina (patria croata). A música foi escrita na década de1840 por Josip Runjanin.

Máis tarde, en1861, a partitura experimentou varios cambios menores, realizados por V. Lichtenegger. En1891 a canción foi cantada como himno nacional nunha exhibición levada a cabo pola Sociedade Económica Croato-Eslava enZagreb. Como Croacia formaba parte noséculo XIX doImperio Austrohúngaro, tiña como himno nacional o austríaco. O29 de febreiro de1972 a primeira emenda da Constitución croata declarou esta canción o himno nacional oficial (a pesar de que nese momento Croacia aínda formaba parte deIugoslavia). Logo da independencia de Croacia, en1990, realizáronselle lixeiros trocos na letra.

Festas nacionais

[editar |editar a fonte]
Días non laborais en Croacia[10]
DataFestividade
1 de xaneiroAno novo
6 de xaneiroEpifanía
Día despois da semana santaLuns de Pascua
1 de maioDía do traballo
60 días despois de PascuaCorpus Christi
22 de xuñoDía da loita antifascista
25 de xuñoDía Nacional do Estado
5 de agostoDía de Acción de Grazas
15 de agostoAsunción da Virxe María
8 de outubroDía da Independencia
1 de novembroDía de Tódolos Santos
25 de decembro e26 de decembroFestividades do Nadal

Educación

[editar |editar a fonte]
Universidade de Zagreb.

A educación primaria en Croacia comeza á idade de seis ou sete anos e componse de oito graos. No ano2007 aprobouse unha lei para aumentar ensino libre pero non obrigatorio até os dezaoito anos de idade. A educación obrigatoria consta de oito categorías divididas entre escola primaria e ensino secundario que é proporcionada polos ximnasios e centros de formación profesional.

Croacia conta con oito universidades, a Universidade de Zagreb, a Universidade de Split, a Universidade de Rijeka, a Universidade de Osijek, a Universidade de Zadar, a Universidade de Dubrovnik, a Universidade de Pula e a Dubrovnik International University. A Universidade de Zadar é a primeira universidade de Croacia, foi fundada no ano1396 e permaneceu activa até o ano1807. No ano2002 cando outras institucións de educación superiores se fixeron cargo da fundación da nova Universidade de Zadar no ano2002.

A Universidade de Zagreb, fundada no ano1669, é a universidade máis antiga en funcionamento de todo o sueste deEuropa. Tamén hai institucións politécnicas e de educación superior.

Deporte

[editar |editar a fonte]
Dražen Petrović.
Artigo principal:Croacia nos Xogos Olímpicos.

Os deportes máis populares en Croacia son ofútbol, obalonmán, obaloncesto, owáter-polo e otenis. A selección croata de fútbol terminou terceira naCopa Mundial de Fútbol de1998, gañandoDavor Šuker a Bota de Ouro como o xogador máis goleador do torneo. Ademais chegou a ocupar en1999 o terceiro posto na Clasificación Mundial daFIFA. O país fracasou na súa oferta conxunta conHungría para organizar a Eurocopa 2012, chegando á última instancia, na cal resultou electa a candidatura conxunta dePolonia eUcraína.

A Selección Croata de Balonmán foi campioa do mundo en2003 e dúas veces gañadora dos xogos olímpicos en1996 e2004. Ademais o croataIvano Balić foi considerado varias veces o mellor xogador de balonmán do mundo. O RK Zagreb foi un campión de Europa dúas veces e RK Bjelovar gañou unha vez o mesmo campionato. O equipo nacional de baloncesto finalizou terceiro no Campionato Mundial de Baloncesto de 1994, segundo nosXogos Olímpicos de 1992 e terceiro no Eurobasket1993 e1995. Os equipos croatas de baloncesto coroáronse 5 veces campións de Europa: tres veces o KK Split e dúas veces o KK Cibona. O terceiro club de baloncesto máis famoso é KK Zadar.

A Selección Croata de Wáter-polo é a actual campioa do mundo. O Mladost foi campión de Europa por 7 veces e foi galardoado co título de Mellor Club doséculo XX pola LEN (Ligue Européenne de Natation). O Equipo croata deCopa Davis gañou o torneo en2005. O xogador de tenisGoran Ivanišević é un dos deportistas máis recoñecidos que gañou en2001 o Grand Slam deWimbledon, así comoIva Majoli gañadora deRoland Garros en1997. Outros deportistas famosos son:Janica Kostelić eIvica Kostelić enesquí,Blanka Vlašić enatletismo,Duje Draganja,Sanja Jovanović,Đurđica Bjedov ennatación ou enbaloncestoDražen Petrović, un dos mellores xogadores da historia,Krešimir Ćosić,Toni Kukoč ouDino Rađa.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracroata.
  2. Smyth, Jamie (05-08-2008)."Karadzic's arrest hailed as victory for EU enlargement policy".Irish Times. Arquivado dendeo orixinal o 07-03-2012. Consultado o 14/12/2011. 
  3. "Bruselas prevé que Croacia sea miembro de la EU antes de 2013". ABC de España. Arquivado dendeo orixinal o 30/05/2013. Consultado o 14/12/2011.. 
  4. "Croacia entrará a la UE el 1 de julio de 2013". Arquivado dendeo orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  5. DiarioEl Mundo(encastelán) Consultada o 10/12/2011.
  6. DiarioEl Mundo, 9/12/2011.(encastelán)
  7. univision Croacia respalda adhesión a UE con 66 % de votos en referéndum (oficial)Arquivado 25 de febreiro de 2014 enWayback Machine.(encastelán) Consultada o 23/1/2012.
  8. Cosejo de Europa. Bienvenida a Croacia.Arquivado 02 de marzo de 2012 enWayback Machine.(encastelán) Consultada o 15/12/2011.
  9. "EuroTest". Arquivado dendeo orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2009. 
  10. Festividades nacionais de Croacia

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CroaciaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste
Países e territorios doMediterráneo
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Croacia&oldid=6941459»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp