Cripton |
---|
 |
|
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]] |
Liñas espectrais do Cripton |
Información xeral |
---|
Nome,símbolo,número | Cripton, Kr, 36 |
Serie química | Gases nobres |
Grupo,período,bloque | 18,4,p |
Densidade | 3,708 kg/m3 |
Dureza | {{{dureza}}} |
Aparencia | Incoloro
|
N° CAS | |
N° EINECS | |
Propiedades atómicas |
---|
Masa atómica | 83,798(2)[1]u |
Raio medio | pm |
Raio atómico(calc) | 88pm |
Raio covalente | 110pm |
Raio de van der Waals | 202pm |
Configuración electrónica | [Ar]3d10 4s2 4p6 |
Electróns pornivel de enerxía | |
Estado(s) de oxidación | 0 |
Óxido | |
Estrutura cristalina | cúbica centrada nas caras |
Propiedades físicas |
---|
Estado ordinario | Gas |
Punto de fusión | 115,79 K |
Punto de ebulición | 119,93 K |
Punto de inflamabilidade | {{{P_inflamabilidade}}} K |
Entalpía de vaporización | 9,029 kJ/mol |
Entalpía de fusión | 1,638 kJ/mol |
Presión de vapor | |
Temperatura crítica | K |
Presión crítica | Pa |
Volume molar | m3/mol |
Velocidade do son | 1120 m/s a 293.15K (20°C) |
Varios |
---|
Electronegatividade(Pauling) | 3,00 |
Calor específica | J/(K·kg) |
Condutividade eléctrica | S/m |
Condutividade térmica | 0,00949 W/(K·m) |
1.ªEnerxía de ionización | 1350,8 kJ/mol |
2.ª Enerxía de ionización | 2350,4 kJ/mol |
3.ª Enerxía de ionización | 3565 kJ/mol |
4.ª Enerxía de ionización | 5070 kJ/mol |
5.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización5}}} kJ/mol |
6.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización6}}} kJ/mol |
7.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización7}}} kJ/mol |
8.ª enerxía de ionización | {{{E_ionización8}}} kJ/mol |
9.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización9}}} kJ/mol |
10.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización10}}} kJ/mol |
Isótopos máis estables |
---|
|
Unidades segundo oSI e encondicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria. |
Ocripton[2] é unelemento químico datáboa periódica con símbolo Kr e o seunúmero atómico é 36.
O cripton é un gas nobre incoloro, inodoro e insípido de moi pequena reactividade caracterizado por un espectro de liñas verde e vermello-laranxa moi brillantes. É un dos produtos dafisión nuclear douranio. O cripton sólido é branco, de estrutura cristalina cúbica centrada nas caras ó igual que o resto degases nobres.
Para propósitos prácticos pode considerarse un gas inerte aínda que se coñecen compostos formados cóflúor; ademais pode formarclatratos coa auga ao quedar os seus átomos atrapados na rede de moléculas de auga. Tamén se sintetizaron clatratos conhidroquinona efenol. É o primeiro dos gases nobres na orde do período para o que se define un valor deelectronegatividade.
A definición da lonxitude dometro estivo entre1960 e1983 baseada na radiación emitida polo átomo excitado de cripton; en concreto, o metro estaba definido coma 1 650 763,73 veces alonxitude de onda da emisión vermella-laranxa dun átomo de Kr-86.
Usase en solitario ou mesturado conneon eargon en lámpadas fluorescentes, en sistemas de iluminación de aeroportos xa que o alcance da luz vermella emitida é maior que a ordinaria incluso en condicións climatolóxicas adversas de néboa, e nas lámpadas incandescentes de filamento detungsteno de proxectores de cine. Oláser de cripton usase enmedicina paracirurxía daretina doollo.[Cómpre referencia]
O cripton (do grego κρυπτόν, oculto) foi descuberto en1898 porWilliam Ramsay eMorris Travers nun residuo da evaporación do aire líquido. En 1960, a Oficina Internacional de Pesos e Medidas definiu o metro en función da lonxitude de onda da radiación emitida polo isótopo Kr-86 en substitución da barra patrón. En 1983 a emisión do cripton substituíuse pola distancia percorrida polaluz en 1/299 792 458 segundos.
Gas raro na atmosfera terrestre, da orde de 1 parte por millón, atópase entre os gases volcánicos e augas termais e en diversos minerais en cantidades moi pequenas. Pode extraerse do aire pordestilación fraccionada.
Na atmosfera doplaneta Marte atopouse un contido de 0,3 ppm de cripton.
O cripton natural está constituído por seis isótopos estables e ten caracterizados dezasete isótopos radioactivos.
O isótopo Kr-81 é produto de reaccións atmosféricas cós outros isótopos naturais, éradioactivo e ten unperíodo de semidesintegración de 250,000 anos. Ao igual que oxenon, o cripton é extremadamente volátil e escapa con facilidade das augas superficiais, polo que se emprega para datar antigas (50.000 a 800.000 anos) augas subterráneas.
O isótopo Kr-85 é un gas inerte radioactivo cun período de semidesintegración de 10,76 anos que se produce na fisión douranio e doplutonio. As fontes deste isótopo son as probas nucleares, osreactores nucleares e o reprocesado das barras de combustible dos reactores. Detectouse un fortegradiente deste isótopo entre os hemisferios norte e sur, sendo as concentracións detectadas nopolo Norte un 30% máis altas que nopolo Sur.
- "Táboa periódica dos elementos"(PDF).Consello da Cultura Galega,Xunta de Galicia,Real Academia Galega de Ciencias,Real Academia Galega eCiencia Nosa. 2019.
- Bermejo, M. R.;González, A.;Vázquez, M. (2006).O nome e o símbolo dos elementos químicos(PDF).Xunta,Secretaría Xeral de Política Lingüística eCRPIH.ISBN 978-84-453-4325-8.
- Bermejo, M. R.;González, A.;Maneiro, M. (2018).Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións.Xunta de Galicia eCRPIH.ISBN 978-84-453-5297-7.