Deseño amosando un home sendo roubado e agredido. Oroubo e a lesión corporal son exemplos de crimes.
Uncrime[1][2] (do termo en latíncrimen) oudelito é unha ofensa á lei penal dunestado ou doutra autoridade.[3] O crime, así como toda infracción penal, caracterízase pola práctica dunha conduta tipificada pola lei penal comoilícita. Só se consideran crimes as condutas practicadas porhumanos.
Nun sentido vulgar,crime é un acto que viola unhanormamoral. Nun sentido formal, crime é unha violación dalei penal incriminadora. No concepto material, crime é unha acción ou omisión que se prohibe e se procura evitar, ameazándoa con pena, porque constitúe ofensa (dano ou perigo) a un ben xurídico individual ou colectivo. A prohibición de actos como oasasinato, aviolación e oroubo é internacional.[4]
Como concepto analítico, o crime pode ser dividido en dúas vertentes: a causalista e a finalística. A teoría causalista da acción (ou Teoría Clásica), observa o crime como un feito tipificado como tal por lei eilegal. Tal división baséase napremisa de que a culpabilidade é un vínculo subxectivo entre a acción e o resultado de certa conduta e non é considerada como requisito para caracterizar un crime.
Para a teoría finalista da acción, a máis aceptada polosdoutrinadores, unha conduta só será considerada criminal se for típica, ilícita e culpábel, unha vez que os motivos e obxectivos subxectivos do axente son analizados e decisivos para a caracterización ou non da infracción. A conduta só será considerada criminal se for recoñecido odolo na motivación do axente criminoso, ou aculpa, cando a Lei Penal expresamente prever esta posibilidade.