Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Crónica anglosaxoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crónica anglosaxoa
A páxina inicial daCrónica de Peterborough
Autor/aAnónimo
LinguaInglés antigo
Xénero(s)Crónica
Data de pub.Século IX
editar datos en Wikidata ]

ACrónica Anglosaxoa é unha colección de anais eninglés antigo que narran a historia dosanglosaxóns. Os anais creáronse noséculo IX, probabelmente enWessex, durante o reinado deAlfredo o Grande. Fixéronse e distribuíron moitas copiasmanuscritas polosmosteiros de Inglaterra, e fóronse actualizando de maneira independente. Nun dos casos, a crónica aínda se seguía actualizando en1154.

Sobreviven, en parte ou ao completo, nove dos manuscritos, aínda que non todos eles son de igual valor histórico, e ningún deles é a versión orixinal. O máis vello parece que se empezou sobre o final do reinado de Alfredo, mentres que o máis recente se escribiu na Abadía dePeterborough tras un lume no mosteiro, en1116. Case todo o material da crónica está en forma de anal, por anos; os máis antigos están datados no ano60 a.C., e o material histórico segue ata o ano no que se escribiu a crónica, punto no que comezan os rexistros contemporáneos. Colectivamente, estes manuscritos coñécense como aCrónica Anglosaxoa. A Crónica non carece de parcialidade: hai ocasións nas que a comparación con outras fontes medievais revela que os escribas que a escribiron omitiron sucesos ou contaron versións das historias só desde un lado; tamén hai partes que se contradín con outras. Porén, tomada no seu conxunto, a crónica é a fonte histórica máis importante do período que vai entre a saída dosromanos e aconquista normanda. Gran parte da información ofrecida na Crónica non está rexistrada en ningún outro lugar. Ademais, os manuscritos son fontes importantes da historia da lingua inglesa; en particular, o texto de Peterborough é un dos primeiros exemplos existentes doinglés medio.

Sete dos nove manuscritos e fragmentos superviventes residen hoxe naBiblioteca Británica. Os dous restantes están naBiblioteca Bodleiana e na biblioteca doCorpus Christi College, enCambridge.

Composición

[editar |editar a fonte]

ACrónica Anglosaxoa non é un documento individual, senón un conxunto de textos relacionados. Todos os manuscritos superviventes son copias, polo que non se sabe con certeza cando ou onde se compuxo a primeira versión da Crónica. Hai un acordo xeral en que a versión orixinal se escribiu a finais do século IX, probabelmente a principios da década de890, a mans dun escriba deWessex. Por exemplo, Richard Abels di que"os historiadores están de acordo en que aCrónica orixinal se estendeu polo menos ata 890". Keynes e Lapidge suxiren que"o regreso dos viquingos a Inglaterra parece que provocou a 'publicación' daCrónica Anglosaxoa, a finais de892 ou a principios de893".[1][2]

Despois de que se compilase a crónica orixinal fixéronse e distribuíron copias a varios mosteiros. Fixéronse copias adicionais para maior distribución ou para substituír os manuscritos perdidos, e algunhas delas actualizáronse independentemente. Algunhas destas copias tardías son as que sobreviviron.[3]

O manuscrito máis antigo existente, a Crónica deWinchester, foi escrita por un só escriba ata o ano891. O escriba puxo o número do ano, DCCXCII, na marxe da liña seguinte; o material adicional foi escrito por outros escribas.[3] Isto parece colocar a composición da crónica nun punto non posterior a892; o uso do Bispo deAsser dunha versión da crónica no seu libroVida do rei Alfredo, que se sabe que foi escrito en893, proporciona máis evidencia ao respecto.[2] Sábese que o manuscrito deWinchester é como mínimo unha copia dunha copia do orixinal da Crónica; polo tanto, non hai probas de que a Crónica se compilase en Winchester. Ver P. Wormald, "Alfredian Manuscripts", en[4] Tamén é difícil fixar a data de composición, pero pénsase que as crónicas foron compostas durante o reinado de Alfredo o Grande (871–899). Alfredo intentou deliberadamente revivir a aprendizaxe e a cultura durante o seu reinado, e fomentou o uso do inglés como linguaxe escrita. A propia Crónica, ademais da distribución de copias a outros centros de aprendizaxe, puido ser unha consecuencia dos cambios introducidos por Alfredo.[5]

Manuscritos superviventes

[editar |editar a fonte]
Unha páxina da Crónica de Winchester ou Parker, que mostra o prefacio xenealóxico.

Hai nove manuscritos superviventes, dos cales oito están escritos na súa totalidade eninglés antigo (tamén coñecido como "anglosaxón"), mentres que o noveno está en inglés antigo cunha tradución aolatín de cada anal. Un (aCrónica de Peterborough) contén taméninglés medio primitivo. O máis vello (Corp. Chris. MS 173) coñécese como Crónica de Winchester, ou Crónica de Parker, porMatthew Parker, unArcebispo de Canterbury que foi o seu propietario. Seis dos manuscritos imprimíronse nunha edición de1861 de B. Thorpe, co texto disposto en columnas etiquetadas do A ao F. Esta nomenclatura é de uso común e detállase embaixo. Seguindo esta convención, outros tres manuscritos adicionais adóitanse chamar [G], [H] e [I].

Os manuscritos superviventes lístanse embaixo, aínda que o manuscrito G se queimou nun incendio en1731 e só quedan unhas follas.

VersiónNome da crónicaSituaciónManuscrito
AA Crónica de Parker ouA Crónica de WinchesterCorpus Christi College, CambridgeMS. 173
BA Crónica de Abingdon IBiblioteca BritánicaCotton MS. Tiberius A vi.
CA Crónica de Abingdon IIBiblioteca BritánicaCotton MS. Tiberius B i.
DA Crónica de WorcesterBiblioteca BritánicaCotton MS. Tiberius B iv.
EA Crónica de Laud ouACrónica de PeterboroughBiblioteca BodleianaMS Laud 636
FO Epítome Bilingüe de CanterburyBiblioteca BritánicaCotton MS. Domitian A viii.
G ou A2 ou WUnha copia d’A Crónica de WinchesterBiblioteca BritánicaCotton MS. Otho B xi., 2
HFragmento cotonianoBiblioteca BritánicaCotton MS. Domitian A ix.
IUnha Crónica da Táboa de PascuasBiblioteca BritánicaCotton MS. Caligula A xv.

Relación entre os manuscritos

[editar |editar a fonte]
A relación entre sete dos manuscritos da Crónica. O fragmento [H] non pode situarse cun mínimo de fiabilidade no diagrama. Tamén se mostran outros textos relacionados. O diagrama amosa un orixinal putativo e tamén ofrece as relacións dos manuscritos cunha versión setentrional que non sobrevive pero que se pensa que existiu.

Pénsase que todos os manuscritos derivan dun orixinal común, pero as conexións entre os textos son máis complexas cá simple herdanza por copia. O diagrama da dereita mostra unha perspectiva xeral das relacións entre os manuscritos. A seguir ofrécese un resumo das relacións que se coñecen.

  • [A2] foi unha copia de [A], feita en Winchester, probabelmente entre1001 e1013.
  • [B] utilizouse para compilar [C] naAbadía de Abingdon, enAbingdon-on-Thames, a mediados do século XI. No entanto, o escriba que fixo [C] tamén tiña acceso a outra versión que non sobreviviu.
  • [D] inclúe daHistoria Eclesiástica deBeda e dunha serie de anais deNorthumbria do século VIII. Pénsase que foi copiado a partir dunha versión setentrional que non sobreviviu.
  • [E] ten material que parece derivar das mesmas fontes que [D], pero non inclúe algunhas adicións que só aparecen en [D], como o Rexistromercio. Este manuscrito compúxose no mosteiro dePeterborough certo tempo despois dun incendio ocorrido alí en 1116, que probabelmente destruíu a copia que tiñan da Crónica; [E] parece que se compuxo a partir de entón como unha copia da versión deKent, probabelmente deCanterbury.
  • [F] parece que inclúe material da mesma versión de Canterbury que se utilizou para crear [E].
  • AVida do rei Alfredo, deAsser, que se escribiu en893, inclúe unha tradución das entradas da Crónica desde849 a887. Dos manuscritos superviventes, só [A] podía existir en893, pero hai sitios nos que Asser se afasta do texto de [A], polo que é posíbel que Asser utilizase unha versión que non sobreviviu. Por exemplo, Asser omite Esla daxenealoxía de Alfredo; [A] inclúe a Esla, pero [D] non.[2]
  • Aethelweard escribiu unha tradución da Crónica aolatín a finais doséculo X; a versión que utilizou procedía probabelmente da mesma rama que [A] na árbore de relacións.[3]
  • En Abingdon, nalgún momento entre1120 e1140, un autor descoñecido escribiu unha crónica en latín coñecida como osAnais de Saint Neots. Este traballo inclúe material dunha copia da Crónica, pero é moi difícil saber cal versión, xa que o escritor foi selectivo á hora de usar o material. Puido ter sido unha recensión setentrional, ou un derivado en latín desa recensión.[3]

Historia dos manuscritos

[editar |editar a fonte]
Unha páxina do texto de [C] daCrónica Anglosaxoa. Esta entrada é sobre o ano 871, un ano de batallas entre Wessex e os viquingos.

[A]: A Crónica de Winchester, ouParkere, é o manuscrito máis antigo dos que sobreviven. Foi iniciado enOld Minster, Winchester sobre o final do reinado de Alfredo. O manuscrito comeza cunha xenealoxía de Alfredo e a primeira entrada é para o ano 60 a.C. O primeiro escriba detívose no ano891 e varios escribas introduciron as seguintes entradas a diversos intervalos durante o século X. O manuscrito faise independente das outras recensións trala entrada de975. O libro, que tamén contiña unha copia das Leis de Alfredo eIne despois da entrada de924, transferiuse a Canterbury nalgún momento ao principio do século XI. A última na lingua vernácula é sobre1070. Despois disto vén aActa Lanfranci en latín, que cobre sucesos eclesiásticos de 1070 a 1093. Logo segue unha lista de papas e os arcebispos de Canterbury aos que lles concederon opalio. O manuscrito pertenceu aMatthew Parker durante un tempo, que foi arcebispo de Canterbury de1559 a [[1575.

[B]: A Crónica de Abingdon I foi escrita por un só escriba na segunda metade do século X. Comeza cunha entrada sobre o ano 60 a.C. e termina cunha entrada para o ano977. Un manuscrito que hoxe en día está separado (British Library MS. Cotton Tiberius Aiii, f. 178) era orixinalmente unha introdución a esta crónica; contén unha xenealoxía, como [A], pero esténdea ata o final do século X. Sábese que [B] estivo enAbingdon a mediados do século XI, xa que se utilizou para compoñer [C]. Pouco despois foi a Canterbury, onde se fixeron interpolacións e correccións. Ao igual que [A], remata cunha lista de papas e arcebispos de Canterbury aos que lles concederon o palio.

[C]: A Crónica de Abingdon II inclúe material adicional de anais locais de Abingdon, lugar onde se compuxo. Tamén inclúe unha tradución aoinglés antigo dahistoria do mundo deOrosio, seguida dunmenoloxio e algúns versos sobre as leis do mundo natural e dahumanidade. Logo segue unha copia da crónica que comeza o 60 a.C. O primeiro escriba copiou ata a entrada de490 e un segundo escriba asumiu o traballo ata a entrada de1048. [B] e [C] son idénticas entre491 e652, pero as diferenzas a partir dese punto deixan claro que o segundo escriba tamén usaba outra copia da crónica. Este escriba tamén inseriu, tras o anal de915, o Rexistro Mercio, que cobre os anos que van de902 a924 e se centra enEthelfleda. O manuscrito continúa ata1066 e detense na metade da descrición daBatalla de Stamford Bridge. Noséculo XII engadíronse unhas cantas liñas para completar o relato.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. ABELS, R. (2005).Alfred the Great: War, Kingship and Culture in Anglo-Saxon England.Longman.ISBN 0-582-04047-7. 
  2. 2,02,12,2KEYNES, S.; LAPIDGE, M. (2004).Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred and other contemporary sources.Penguin Classics.ISBN 0-14-044409-2. 
  3. 3,03,13,23,3SWANTON, M. (1998).The Anglo-Saxon Chronicle.Routledge.ISBN 0-415-92129-5. 
  4. CAMPBELL, J.; JOHN, E.; WORMALD, P. (1991).The Anglo-Saxons.Penguin Books.ISBN 0-14-014395-5. 
  5. HUNTER BLAIR, P. (1966).Roman Britain and Early England: 55 B.C. - A.D.W.W. Norton & Company.ISBN 0-393-00361-2. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Crónica_anglosaxoa&oldid=6950880»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp