Osbiosbardos son unha figuramitolóxica existente enGalicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na caza. Adoita falarse deles coma paxaros ou mozos de gran beleza que ninguén sabe describir e que quen consegue cazalos ten despois moita sorte na vida, coa condición de que non llos ensine a ninguén.
A situación dáse cando un grupo convida a alguén a cazar "biosbardos" de noite, debido a que os non iniciados non coñecen o tema e normalmente aceptan. Dise que hai que ir a un camiño estreito e afastado, onde non se escoite canto de galo nin de galiña, nin voces humanas, e armados cun saco grande de boca ancha. A cuestión é que non existen e os compañeiros aproveitan a escuridade da noite para facerlle algunha inocentada á vítima. Seres semellantes aos biosbardos son osgambusinos ougamburrinos doutras zonas dapenínsula. Odahue,dahut edaru dePoitou é un animal de forma indefinida, extremadamente raro, de pel valiosísima, que só se pode capturar nas noites frías de inverno agardando toda a noite á intemperie a que veña, nunha broma idéntica á descrita para os biosbardos. Parece ser que naIlla de Man existe un ser semellante chamado algo así comophymodee[Cómpre referencia].
O seguinte encantamento fai que os biosbardos se metan no saco:
Outra:
Nalgunhas zonas deGalicia tamén son coñecidos comacachafellos,cazbellos,cazarellos,cocerellos,cozorellos,gazafellos,cozochas,cozochos (enBogo, A Pontenova)cotofellos oucotovelos[1] e varía así mesmo a súa localización, xa que poden atoparse tanto no río coma no monte. Normalmente é máis sinxelo atopalos nas noites de xeada.
Na zona de Sarria é un peixe moi belido, que abunda nas fontes e ríos e salta de noite. Para pescalos hai que ir, xa escurecido, cun saco aberto e dicirlles: