Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Cova (homónimos).
O interior dunha caverna enAlabama,USA
Caverna do Acsibi
Cova dos verdes,Lanzarote

Unhacova,caverna,espenuca,gruta,furna oupala é unha abertura ou cavidade na superficie dacodia terrestre.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

As covas poden clasificarse segundo varios parámetros:

Distribución

[editar |editar a fonte]

EnGalicia existen principalmente tres zonas con covas:

Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.

Antropoloxía

[editar |editar a fonte]

As covas sempre foron obxecto dun temor atávico por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: asmouras e os mouros, os franceses, os trasnos etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada porVicente Risco enA trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, enPico Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.

Lexicoloxía

[editar |editar a fonte]

A lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:

  • Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
  • Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ataOceanía (Bora Bora)[Cómpre referencia];
  • Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
  • Espelunca ouespenuca, denominación de orixe grega;
  • Sima, un substantivo de orixe descoñecida.

Vivenda

[editar |editar a fonte]

Os habitantes das covas son oscavernícolas outrogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigoshomínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificiais:

A causa de que se habiten é que o ambiente químico (térmico ehigrométrico) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para aarqueoloxía, apaleoantropoloxía e aantropoloxía en xeral:

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Cova

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cova&oldid=5815791»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp