| Cosmic Background Explorer (COBE) / Explorer 66 | |
|---|---|
Diagrama de COBE. | |
| Tipo | Observatorio espacial |
| Organización | NASA |
| Contratistas principais | Centro Goddard de Voos espaciais,Ball Aerospace |
| Data de lanzamento | 18 de novembro de 1989, 14:34GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta 5920[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Estudo doradiación cósmica de fondo.[2][3][4] |
| NSSDC ID | 1989-089A |
| Masa | 2206 kg[2][4][5] |
| Dimensións | 5,49 m de altura[5] |
| Potencia | 750vatios[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7256,4 km[1] |
| Inclinación | 99,0graos[1] |
| Apoapse | 892,1 km[1] |
| Periapse | 878,7 km[1] |
Cosmic Background Explorer (COBE) foi unobservatorio espacial daNASA pertencente óprograma Explorer lanzado18 de novembro de1989 mediante un fogueteDelta 5920 desde aBase Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][4][5]
COBE adicouse a facer medicións daradiación de fondo cósmico de microondas alonxitudes de onda de entre 1 micrómetro e 1 centímetro sobre toda a esfera celeste, en concreto adicouse a medir:[2]
A nave estaba dividida en dous módulos:[2]
COBE foi deseñado inicialmente para ser lanzado por untransbordador espacial, pero despois do accidente doaccidente do transbordador espacial Challenger redeseñouse para ser lanzado mediante un Delta 2. O satélite estabilizábase por rotación a 1 revolución por minuto grazas a tresvolantes de inercia, co eixo de rotación coincidindo co eixo de simetría, eliminando así erros sistemáticos nas medicións da anisotropía e permitindo observar aluz zodiacal a varios ángulos de elongación solar. A orientación do eixo de rotación mantíñase apuntando en sentido contrario áTerra e cun ángulo de 94graos respecto da liña Terra-Sol. A enerxía era proporcionada por trespaneis solares despregables que alimentaban un conxunto debaterías. A órbita de COBE eraheliosincrónica, polo que sempre tiña o Sol a un lado e tapado polo parasol desde o punto de vista dos instrumentos. O tipo de órbita e o eixo de rotación permitían unha exploración completa do ceo cada seis meses.[2]
As operacións científicas finalizaron o 23 de decembro de 1993, pero o satélite mantívose activo ata xaneiro de 1994 usado para diversas probas. A misión de COBE foi continuada polos satélitesWMAP da NASA ePlanck daESA.[2]
COBE levaba a bordo tres instrumentos científicos, inmersos nuncriostato con 95,7 litros de helio líquido:[4]
COBE medíu o fondo cósmico de microondas cunha preción do 0,005%, confirmando a hipótese dobig-bang como orixe doUniverso. O científico principal de COBE,John C. Mather, e o resto do equipo recibiron oPremio Gruber de Cosmoloxía 2006 polo seu estudo do fondo cósmico realizado grazas ao satélite. Tanto Mather comoGeorge Smoot recibiron oPremio Nobel de Física de 2006 polo seu descubrimento da forma docorpo negro e aanisotropía do fondo cósmico de microondas medida por COBE.[6]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cosmic Background Explorer |