Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cosmódromo de Baikonur

Coord.:45°57′53″N63°18′18″L / 45.9648,63.3051
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cosmódromo de Baikonur
Qyzylorda(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
Persoas e organizacións
 Operador/a
Datas e cronoloxía
 Fundación
2 de xuño de 1955Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1955Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
Localización
 Situado en
 País
 Altitude
90 mEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Plataforma Gagarin no cosmódromo de Baikonur antes do lanzamento doSoiuz TMA-13, 10 de outubro de 2008

Ocosmódromo de Baikonur (enkazako:Байқоңыр ғарыш айлағы, Baıqońyr ǵarysh aılaǵy; enruso:Космодро́м Байкону́р, Kosmodrom Baykonur) é unhabase espacial situada no sur deKazakhstán arrendada porRusia.

Características e historia

[editar |editar a fonte]

O cosmódromo é o primeiro espazoporto do mundo para lanzamentos de satélites e humanos e o maior espazoporto en superficie.[1] A base está localizada na estepa desértica deBaikonur, arredor de 200 km ao leste domar de Aral e ao norte do ríoSir Daria. Está próximo á estación de tren deTyuratam e a uns 90 m sobre o nivel do mar. O cosmódromo e a cidade de Baikonur celebraron o 63.º aniversario da súa fundación o 2 de xuño de 2018.[2]

A base está alugada polo goberno deKazakhstán aRusia ata 2020, e está dirixida conxuntamente polaCorporación Estatal Roscosmos e asForzas Aeroespaciais Rusas.

A área arrendada ten forma dunhaelipse de 90 km de leste-oeste e 85 km de nore a sur, co cosmódromo situado no centro. Foi construído orixinariamente polaUnión Soviética a finais da década de 1950 como base de operacións doprograma espacial soviético. Baixo o actualprograma espacial ruso, Baikonur continúa a ser un espazoporto ocupado con numerosas misións comerciais, militares e científicas cada ano.[3][4] Todos os voos espaciais rusos tripulados se lanzan dende Baikonur.[5]

Tanto oSputnik 1, primeiro satélite artificial, como oVostok 1, primeiro voo tripulado, foron lanzados dende Baikonur. A plataforma de lanzamento que se empregou en ambas as misións rebautizouse comoplataforma Gagarin en honra aocosmonauta soviéticoIuri Gagarin, piloto do Vostok 1 e primeiro humano no espazo.

Nome

[editar |editar a fonte]

Existe diversidade de opinións sobre a orixe do nomeBaikonur. Algunhas fontes indican que o nome foi escollido deliberadamente en 1961 (na época do voo de Gagarin) para dirixir erroneamente obloque occidental[6][7] a un lugar situado a uns 320 km ao nordés do centro de lanzamento, a pequena localidade mineira deBaikonur, preto deJezkazgan.

Outras fontes afirman queBaikonur era o nome da rexión deTyuratam antes de que existise o cosmódromo.[7] Leninsk, acidade pechada construída para apoiar o cosmódromo foi renomeadaBaikonur o 20 de decembro de 1995 porBoris Eltsin.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Baikonur Cosmodrome 45.9 N 63.3 E".FAS.org. Federation of American Scientists (FAS). Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  2. "Baikonur cosmodrome celebrated 63rd anniversary".Dispatch News Desk(eninglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 19 de ourubro de 2018. 
  3. Wilson, Jim (5 de agosto de 2000)."Safe Launch For Critical Space Station Module".Popular Mechanics. Consultado o 12 de agosto de 2009. 
  4. "Baikonur Cosmodrome". International Launch Services. 
  5. "Baikonur Cosmodrome". NASA. Arquivado dendeo orixinal o 01 de marzo de 2021. Consultado o 24 de decembro de 2011. 
  6. Suvorov, Vladimir (1997).The first manned spaceflight: Russia's quest for space. Nova Publishers. pp. 16–17.ISBN 978-1-56072-402-5. 
  7. 7,07,1"The Partnership: A History of the Apollo-Soyuz Test Project".NASA. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Cosmódromo de BaikonurModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Rusia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cosmódromo_de_Baikonur&oldid=6994201»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp