Corsario (dolatíncursus ['carreira']) era o nome que se concedía aosnavegantes que, en virtude do permiso concedido por un goberno nunhacarta de marca oupatente de corso, capturaban e saqueaban o tráfico mercante dasnacións inimigas dese goberno.
Ata oséculo XIX a actividade corsaria estivo sempre a cargo de particulares quearmabanbuques unha vez obtida a patente de corso e recuperaban o investimento co botín obtido nas presas capturadas e os rescates por pasaxeiros de importancia capturados. O corsario estaba limitado na súa acción pola patente, podendo só capturar mercantes de determinadospaíses e tendo que repartir botín e rescate coEstado en moitas ocasións. Esta é a principal diferenza copirata, que atacará calquera buque que poida capturar e non ten que render contas a ninguén.Francis Drake é un bo exemplo desta época.
Aínda que a actividade corsaria xa se practicou na antigüidade, o auxe dos corsarios tivo lugar entre osséculosXVI eXVIII. Durante este período todas as potencias navaiseuropeas empregaban sistematicamente os corsarios para entorpecer o tráfico dos seus rivais coas colonias como complemento á súa frota militar regular. Os últimos actos corsarios tradicionais tiveron lugar no século XIX durante aguerra de Cuba.
Posteriormente mantívose a denominación de corsarios ouBuques-Q para aqueles buques pertencentes a mariñas de guerra regulares que entorpecían o tráfico mercante inimigo. A principal actividade deste tipo foi a protagonizada polosalemáns durante ambas as guerras mundiais con mediossubmarinos principalmente. Tamén osEstados Unidos empregaron esta estratexia contra oXapón noPacífico durante asegunda guerra mundial coa súa frota submarina. Neste caso non existe botín e os corsarios limitábanse a afundir os mercantes inimigos.
Antes do desenvolvemento dodereito internacional entre as naciónseuropeas, non había ningún recurso ao que acollerse para obter satisfacción tras sufrir pequenos agravios. Os corsarios empregábanse para resolver estes asuntos sen entrar en guerra aberta. O goberno dun país proporcionaba unha patente de corso ao propietario dun barco que lle permitía armar o seu barco e atacar a outros barcos que navegaban baixo unha bandeira particular. A cambio, recibían unha porción do botín, indo o resto a parar ás arcas do goberno, o que emendaba o agravio.
Para o país obxectivo, o corsario era practicamente igual que unpirata (en ocasións os corsarios acababan sendo piratas), e ademais esta era a intención. A única diferenza era que os piratas estabanproscritos en todas as nacións, mentres que os corsarios tiñaninmunidade legal no país que os contrataba, e considerábanseprisioneiros de guerra se eran capturados por outros países. Os corsarios ás veces recibían o nome de "piratas cabaleiros". Algúns corsarios recibían tamén o encargo de cazar outros corsarios, mentres que en ocasións os corsarios incorrían na piratería sen que llo encargasen se entraba nos seus plans.