Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cordilleiras Costeiras Catalás

Coord.:41°41′22″N2°34′40″L / 41.689322,2.577667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCordilleiras Costeiras Catalás
Imaxe
Tipocordilleira
rexión xeográficaEditar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpinoEditar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropaEditar o valor en Wikidata
División administrativaCataluña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 41°41′22″N2°34′40″L / 41.689322,2.577667
Comparte fronteira conVal do EbroEditar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.712 mEditar o valor en Wikidata
Unidades morfoestructurales de Cataluña:
     Pireneo     Prepireneo     Depresión Central     Pequenas estribacións na Depresión Central     Cordilleira Transversal     Cordilleira Prelitoral     Cordilleira Litoral     Depresión Litoral ePrelitoral e outras planícies costeiras

OSistema Mediterráneo Catalán, tamén coñecido como asCordilleiras Costeiras é un sistema dual de aliñacións montañosas paralelas, aCordilleira Prelitoral e aCordilleira Litoral, situadas na comunidade autónoma deCataluña.[1]

Descrición

[editar |editar a fonte]

As dúas cadeas que forman o sistema están separadas por unhafosa tectónica coñecida como a Depresión Prelitoral. ACordilleira Prelitoral é a aliñación interior, que se estende desde a desembocadura doTer ata oMontsià, e presenta os puntos máis altos do conxunto do Sistema. OMontseny, é o pico máis alto, con 1.712 m. de altitude. ACordilleira Litoral, por contra, é a aliñación exterior, paralela á costa, que se estende desde oEmpordà ata o Campo deTarragona, e as súas altitudes son menores. OMontnegre é o punto máis alto con 763 m. de altitude.

O Sistema Mediterráneo Catalán é dicir - as dúas cordilleiras de xeito paralelas - esténdese de suroeste a nordeste ata unirse co contrafuertes dosPireneos que se estenden desde o marMediterráneo cara ao oeste. De feito, os Pireneos e o Sistema Mediterráneo Catalán enmarcan unha área interior máis chaira coñecida como aDepresión Central Catalá.

Xeoloxía

[editar |editar a fonte]

Xeoloxicamente o sistema é moi complexo. É o resultado do levantamento tectónico dun antigo macizo dunha lonxitude de máis de 300 km. Diferéncianse dous grandes sectores cuxa liña divisoria é orío Llobregat. O sector do norte está constituído por materiais paleozoicos e cristalinos, mentres que o sector do sur está formado por sedimentosmesozoicos eterciarios.

Unidades de relevo

[editar |editar a fonte]

Transversalmente, o Sistema Mediterráneo pódese dividir en tres unidades:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Cordillera Costero-Catalana"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cordilleiras_Costeiras_Catalás&oldid=6843272»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp