Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
OCorán[1] ouAlcorán[2] (enárabe: القرآن al-qur'ān, literalmente "a recitación"; taménAl Qur'ān Al Karīm ou "O Nobre Corán") é olibro sagrado doislam.
Osmusulmáns cren que o Corán é a transcrición da palabra literal deDeus e a culminación da revelación de Deus á humanidade, transmitida a través do profetaMahoma durante un período de 23 anos polo anxo Jibreel (Gabriel). O Corán consiste de 114suras, ou capítulos, cun total de 6.236aleias (versículos). O Corán retoma moitos personaxes que aparecen nos libros sagrados doxudaísmo e docristianismo (Torah eBiblia) e na literatura devota (apócrifos), con moitas diferenzas de detalle. Personaxes bíblicas moi coñecidas, comoAdán,Noé,Abraham,Moisés,Xesús eXoán o Bautista aparecen mencionados comoprofetas.
Segundo a tradición, Mahoma non sabía ler nin escribir e limitouse a recitarlles aos seus compañeiros o que lle era revelado para que estes o escribisen e memorizasen. Esta tradición de memorización existe aínda entre os musulmáns. Os crentes sosteñen que o texto literal do Corán tal e como se transmite hoxe correspóndese exactamente co que lle foi revelado a Mahoma, ou sexa, son as mesmas palabras que Deus lle comunicou a Mahoma a través deJibreel (Gabriel).
O recitado comezou unha noite do ano610, cando Mahoma, que na altura contaba 40 anos, durmía no mes deRamadán. Escoitou unha voz que o chamaba exhortándoo "Recita! Recita! Recita!" O anxo recitoulle tres versos e, ao espertar, tíñaos, dicía Mahoma, inscritos no corazón. A partir de entón, sóuboseprofeta e mensaxeiro de Deus, o derradeiro dunha liña sete que comezara conAbraham e tivera enXesús Cristo ao sexto. A súa misión era transmitir a derradeira e máis importante das mensaxes de Deus, a Recitación en árabe, ouAlcorán (tamén transcrito comoQur'an). As xentes de Deus (xudeus ecristiáns) desviáranse do camiño e o propósito do Corán era reconducilas.
Ese recitado volvería a Mahoma en moitas ocasións. El repetía o que escoitaba e os seus seguidores memorizábano. Nalgúns casos tamén se transcribía o texto no soporte que estivese dispoñíbel. O Corán, xa que logo, foi un texto fundamentalmente oral durante a vida de Mahoma. Pero era tamén un texto fluído: conforme se lle engadían versículos e se reorganizaba o texto, os seguidores debían volver a memorizar o texto á luz das adicións e mudanzas. Mahoma repudiou certos versículos que se lle revelaran acusándoos de seren versículos "satánicos", ditados non por Gabriel senón porSatán, e foron expurgados.
Corán abásida, século X
Corán interprétase habitualmente como "recitación", o que indica que non pode existir como un simple texto. Para poder orar (unha das obrigas dos musulmáns) hai que aprender polo menos algunhassuras do Corán. Normalmente comézase pola primeira sura,al-Fatiha, coñecida como "os sete versículos moi repetidos" e progresando logo aos máis curtos cara ao final. Quen coñece o Corán enteiro recibe o nome deQari' (قَارٍئ) ouHafiz, que queren dicir "recitador" ou "memorizador", respectivamente. Mahoma foi o primeiro Hafiz.
Os compañeiros de Mahoma comezaron a recoller as suras por escrito antes de que este morrese (en632), e hai constancia disto na tradición, como na historia da conversión deUmar ibn al-Khattab (estando Mahoma aínda naMeca), cando se menciona que a súa irmá estaba a ler o texto da suraTa-Ha e dise que enMedina uns 65 "compañeiros" (sahaba) actuaron como escribas nalgún momento e que Mahoma recorría con frecuencia a eles cando lle viña unha revelación.
Segundo unha tradición posterior, a primeira compilación do Corán nun volume único realizounaZayd ibn Thabit en tempos do primeirocalifa,Abu Bakr. Zayd ibn Thabit "recolleu o Corán de varios pergamiños e anacos de óso e dos peitos (ou sexa, as recordacións) dos homes". Esta copia gardaríase na casa deHafsa bint Umar pero non está claro se era unha versión completa nin se tiña carácter oficial[3].
Durante o califato deUthman ibn Affan tivo lugar unha disputa sobre o uso de varios dialectos (ahruf) no recitado do Corán. Tamén causaron preocupación as diverxencias que se producían nos recitados da revelación, especialmente entre os novos musulmáns. Como resposta, arredor de650 Uthman decidiu codificar e estandarizar o texto. Segundo algunhas tradicións islámicas, Uthman encargoulle a un comité no que participaron Zayd e varios membros destacados de Quraysh a redacción do texto padrón, baseado nunha compilación que estaba en poder de Hafsa.
Ao rematar, Uthman enviou copias a varios recantos do Imperio islámico e ordenou a destrución de todas as copias non coincidentes. Varios manuscritos, entre eles omanuscrito de Samarkanda, pretenden ser unha desas copias orixinais, o cal é discutido. De entre os manuscritos descubertos recentemente enSaná, parece que tres polo menos datan de antes do ano 50 dahéxira. Os restos de inscricións dátanse de algo máis tarde: arredor do ano 50.
Ademais das primeiras versións coñecidas de Abdallah Ibn Masud e Ubay Ibn Ka'b, tense noticia dunha versiónxiíta supostamente compilada porAlí, o xenro de Mahoma, á que renunciou en favor da colección de Uthman. Os eruditos musulmáns aceptan que as diferenzas entre as versións consistían maiormente en variantes ortográficas e léxicas e un cómputo distinto dos versos. Todos os tres mencionados (Ibn Masud, Ubay Ibn Ka'b e Alí) tiñan un posición de autoridade que lles permitiría oporse a calquera variación que existise entre a súa colección e a de Uthman e, porén, todos os tres apoiaron a compilación de Uthman e continuaron a servir a este califa.
Dado que a versión de Uthman non contiñamarcas diacríticas e podía, en consecuencia, ser lida de varias maneiras por quen a memorizasen, arredor do ano700 iniciouse o desenvolvemento dunha versión para a oralidade. O exemplar máis antigo que se garda é doséculo IX. Hoxe en día o Corán publícase con todas as vogais.
Existen actualmente dez recitados canónicos e catro non canónicos. Un recitado canónico debe cumprir tres condicións:
Debe axustarse á compilación de Uthman, letra a letra.
Debe seguir as regras sintácticas do árabe.
Debe seguir unha continuidade (''isnad'') até ao Profeta Mahoma a través detawatur, isto é, ten que ter sido transmitido por un grupo de xente amplo a través da cadea daisnad.
Estes recitados difiren na vocalización (tashkil تشكيل) dunhas poucas palabras, o que lle dá un significado complementar á palabra en cuestión de acordo coas regras da gramática do árabe. Por exemplo, a vocalización dun verbo pódeo facer mudar entre as súasvoces activa epasiva. Pode modificar tamén a formación léxica, implicando intensidade, por exemplo. As vogais pódense facer longas ou curtas e asparadas glotais (hamzas) pódense engadir ou eliminar, de acordo coas regras de cada recitado concreto. Por exemplo, o nome do arcanxo Gabriel pronúnciase diferente nos diferentes recitados: Jibrīl, Jabrīl, Jibra'īl, e Jibra'il. O nome "Qur'ān" pronúnciase sen a parada glotal ("Qurān") nun dos recitados e o nome do profeta Abraham pronúnciase Ibrāhām noutro.
As narracións máis usadas son as deHafs (حفص عن عاصم),Warsh (ورش عن نافع),Qaloon (قالون عن نافع) eAl-Duri (الدوري عن أبي عمرو). Os musulmáns cren ferventemente que todos os recitados canónicos foron recitados polo Profeta mesmo, citando a cadea da narraciónisnad propia, e acéptanas como válidas para o culto e como referencia para as regras daxaria. Os recitados non canónicos chámanse "explicativos" polo seu papel de dar unha perspectiva diferente dunayah concreto. Varias ducias de persoas hoxe en día reciben o título de "Memorizador dos Dez Recitados", considerado como a honra suprema nos estudos coránicos.
A tradición islámica considera que o Corán lle foi revelado a Mahoma enárabe. A base desta idea está no propio texto coránico, pois no versículo 103 da sura 16 afírmase que lle foi dado ao profeta nun árabe "claro", "elocuente" ou "puro" (en árabe: لِسَانٌ عَرَبِیٌّ مُّبِیۡنٌ).[4][5]
Tradicionalmente afirmábase que a variedade orixinaria era o dialecto dos Quarish, a tribo de Mahoma. Porén, os estudos filolóxicos actuais desbotan esta posibilidade ofrecendo dúas teorías: a maioritaria, considera que a lingua é akoiné árabe empregada na poesía preislámica ('arabbiya) con trazos dialectais do Hejaz (a rexión daMeca eMedina), mentres que a outra acha que primeiramente era recitado en dialecto mequí e que logo foi escrito no árabe poético preislámico.[6]
Acrítica textual bíblica revolucionou oXudaísmo e oCristianismo ao cuestionar asuncións moi establecidas sobre as orixes daBiblia; algúns críticos textuais están a facer o mesmo co Corán. Indican que partes do Corán están baseados en historias dosTanakh (a Biblia hebrea), oNovo Testamento, a Biblia cristiá e outras obras cristiás non canónicas. As diferenzas entre as versións bíblicas e as coránicas suxiren que estas historias non se tomaron directamente dos textos escritos, senón que eran parte das tradicións orais daPenínsula arábica en tempos de Mahoma. Para os musulmáns, as historias xudías e cristiás son simplemente corrupcións textuais dun orixinal divino case perdido que se reflicte no Corán.
Esta crítica procura tamén atopar probas da evolución do texto e das disputas sobre a transcrición no islam primeiro. O recente descubrimento dos "Cemiterios do Corán" noIemen parece que poderá achegar nova luz sobre a materia.
De acordo cos testemuños máis antigos, escritos todos eles por crentes, o Corán foi revelado aos poucos durante o período extenso. Cada sura, e ás veces mesmo cada versículo individual, ten as súas propias circunstancias específicas. Nalgúns casos, estas menciónanse nos coñecidostafsirs (por exemplo, a suraIqra, ou moitas partes, incluídos os ayat 190-194, da suraal-Baqarah); noutros casos (por exemplo, a suraal-Asr), o máis que se pode dicir é en que cidade vivía o Profeta na altura (dividindo entre as suras de Makkan e as de Medina). Nalgúns casos, tal e como na suraal-Kawthar, hai diverxencias sobre as circunstancias e tradicións diferentes fornecen unha relación diferente. Porén, cando son coñecidas, as circunstancias considéranse unha axuda importante para comprender o significado pretendido de cada versículo. O telón de foro máis xeral do Corán, especialmente o histórico, tamén ten valor para a súa interpretación. Por exemplo, non sería posíbel entender ben a suraal-Fil sen coñecer o que os primeiros historiadores árabes contan doAno do Elefante.
Nena da etnia salar con táboas con versos coránicos. Fotografía tirada en1933 na provinciachinesa deQinghai.
A axuda externa de maior utilidade á hora de interpretar os significados do Corán son osHadith, a colección de tradicións islámicas da que derivan os detalles da historia islámica primitiva. Unha completa ciencia daisnad apareceu nos primeiros séculos do islam que pretendía clasificar supostos ditos de acordo coa súa fiabilidade. A interpretación do Corán derivou logo na súa propia ciencia, ailm at-tafsir. De entre os comentadores máis famosos destacanat-Tabari, az-Zamakhshari, at-Tirmidhi eIbn Kathir. En canto que estes comentarios mencionan todas as interpretacións comunmente aceptadas, os comentarios fundamentalistas modernos, como o deSayyed Qutb tenden a cinxirse a só unha das interpretacións posíbeis.
A crenza na orixe divina, directa e ininterrompida é fundamental para o islam. Isto supón crer que o Corán non contén erros nin inconsistencias. Así, a suraal-Baqarah di no seu versículo segundo: "Este é o libro no que non non caben dúbidas, un guía para os crentes". Porén, é ben sabido que certos versículos cronoloxicamente posteriores substitúen a outros anteriores. Por exemplo, a prohibición do viño logrouse gradualmente e non inmediatamente, e mentres que para algúns estudosos certos versículos que desaconsellan certas prácticas (como apoligamia) sen prohibilas de todo débense interpretar como parte dun proceso semellante, para outros isto contradí a sura 5,3 ("Neste día perfeccionei a vosa relixión para vós, completei o Meu favor sobre vós e escollín para vós o islam como relixión").
Con referencia á mensaxe básica do Corán hai tres ideas que se reiteran no libre: esta vida é unha proba; o alén é certo; as nosas accións nesta vida teñen consecuencias na vindeira.
As variedades máis estendidas de teoloxía musulmá consideran que o Corán é eterno e "non-creado", reflectindo certos aspectos dafilosofía grega, en concreto as teorías dePlatón segundo as que as realidades e verdades últimas son eternas e inmutábeis. Dado que os musulmáns cren que as figuras bíblicas comoMoisés eXesús Cristo predicaron o islam, a doutrina dunha revelación inmutábel e non creada implica que as contradicións entre as súas afirmacións en relación co Corán e a Biblia han de ser o resultado da corrupción humana das revelacións divinas anteriores.
Porén, algúns, entre eles as seitasMu'tazili eIsmailí, contradicen esta doutrina do Corán non creado. Varios movementos liberais dentro do islam cuestionan, implicitamente ou explicitamente, a doutrina do Corán non creado ao discutir a aplicabilidade e validez dalei islámica, xa que as súas xustificacións baséanse con frecuencia na crenza de que esas leis foron creadas por Deus para afrontar necesidades e circunstancias específicas da comunidade de Mahoma.
De entre as moitas razóns ofrecidas por esas voces disidentes para a súa crítica da doutrina dun Corán eterno están as implicacións que tería para a doutrina datawhid, ou unidade de Deus. Se o Corán é a fala eterna e non-creada de Alá, fala que existiu sempre xunto con El, estase a presentar un concepto plural da natureza de Deus.
Aínda que non sempre, o Corán presenta unharima asonante entre versículos sucesivos, como na suraal-Fajr:
Wal-fajr(i),
Wa layâlin `ashr(in),
Wash-shaf`i wal-watr(i)
Wal-layli 'idhâ yasr(î),
Hal fî dhâlika qasamun li-dhî ḥijr(in).
Estas vogais de fin de versículo non se pronuncian cando os versículos se enuncian por separado, fenómeno pausal normal en árabe. Nestes casos,î eû riman normalmente e hai certo grao de variación nas consoantes finais de sílaba. Algunhas suras inclúen tamén un refrán repetido cada poucos verses, como ar-Rahman ("Entón cal dos favores do teu Señor denegarás?") e al-Mursalat ("Malditos nese día os que repudien").
Corán en lingua árabe.
A lonxitude dos versículos (ayat) varía notabelmente entre sura e sura. En xeral, as suras primeiras (daMeca) teñen versículos máis curtos que as posteriores (deMedina), e os versos legais son especialmente longos.
Todos os capítulos, excepto un, van precedidos por "Bismillah ir-Rahman ir-Rahim" ("No Nome de Deus, o Misericordioso, o Compasivo". Sobre as letras iniciais dos capítulos (un conxunto reducido) discútese se teñen sentido, se introducen a revelación coránica ou se son osmonogramas ou iniciais dos escribas.
Un trazo notábel do Corán é a súa repetición parcial frecuente, que vai desde os epítetos curtos (p.ex. "Señor dos ceos e da terra") a oracións completas. Estas repeticións serven ás veces para salientar unha idea importante e ás veces ilustran ideas diferentes. Están entre os fragmentos máis difíciles de memorizar porque, mentres que a maioría dos versículos só teñen unha continuación posíbel, estes poden ter varias.
Tamén se atopa a repetición temática, como nas historias deThamud ou de Adán, que se narra en varias ocasións con aproximadamente o mesmo nivel de detalle cada vez. Como non é unha narrativa, no Corán non hai un lugar determinado para cada elemento.
Tradicionalmente, os gramáticos árabes consideran que o Corán é un xénero único en si mesmo, que non é ninpoesía (definida como texto cunhamétrica e unhaprosa ninprosa (definida como fala normal ou fala rimada pero non métrica,saj').
O Corán organízase en capítulos separados, ousura. A súa orde non reflicte a orde cronolóxica na que foron ditadas, nin a estrutura de cada sura reflicte a natureza da revelación coránica orixinal. Os versículos éranlle revelados a Mahoma de maneira inesperada. Habitualmente, unha revelación púñao entranso e el e outros memorizaban os versículos; baixo a guía de Gabriel, Mahoma organizaba os versículos nassura existentes.
Ademais da repartición en suras e independentemente dela, o Corán divídese en partes de extensión aproximadamente similar para maior comodidade de lectura, recitado e memorización. Úsanse as sete "estacións" (manazil) e as trinta "partes" (ajza ', singularjuz '), para ler o Corán enteiro nunha semana ou nun mes, unmanzil ou unhajuz ' cada día, respectivamente. Asjuz' divídense tamén ás veces en dous "grupos" (ahzab, singularhizb), e cadahizb divídese por súa vez en catro cuartos. Outra estruturación diferente é a dasruku'at, unidades semánticas semellantes aos parágrafos e que conteñen aproximadamente unhas dezayat cada unha.
Antes de tocar unha copia do Corán, os musulmáns realiza unhawudu ou ablución (limpeza ritual con auga). Isto baséase na tradición e na interpretación literal da sura 56:77-79: "Con seguranza que é un Corán honrado, nun libro que está protexido: ninguén o deberá tocar excepto os purificados".
O recitado (tilawa, تلاوة) do Corán é unha arte no mundo musulmán e dá lugar a variacións de pronuncia.
As tradicións relacionadas coa tradución e a publicación do Corán mandan que cando se publica o libro non debe ser titulado simplemente "O Corán". O título debe incluír sempre un adxectivo descritivo (para evitar confusións posíbeis con outros "recitados" no sentido árabe), que é polo que todas as edicións do Corán se titulanO Glorioso Corán, o Nobre Corán ou parecido.
O maior editor de exemplares do Corán, uns 10 millóns por ano, é o Complexo de Impresión do Glorioso Corán dorei Fahd enMedina.[7]
Doutra banda, o texto coránico foi fundamental na elaboración do estándar doárabe clásico pois foi unha das fontes empregadas polo lingüista persaSibawayh para facer noséculo VIII a primeira gramática árabe,Al-Kitāb.[8][9]
Para os musulmáns, o Corán é a revelación de Deus, polo que sempre o recitan no orixinal árabe durante as oracións rituais (salah). O texto traducido a outros idiomas non o consideran posuidor do carácter sagrado único do orixinal, senón só intentos de "tradución interpretativa", non teñen peso ningún nos debates sobre o significado do Corán e non son considerados "libros sagrados" e é corrente cando os lectores van ser maioritariamente musulmáns que se editen como comentarios, explicacións ou versións máis que como traducións e moitas veces van acompañadas do orixinal árabe, aínda así teñen importancia polo que supoñen de difusión do libro entre os musulmáns que non saben árabe e entre os non musulmáns[10]
Todas as traducións máis importantes do Corán foron obra dun único individuo, de maneira que non hai tradución a ningún idioma que reflicta o estudo de eruditos especializados, como si sucede coa Biblia. A primeira tradución ao latín foi a deRobert de Ketton, en1143.