O nome da planta: coco, empregado en todas as linguas occidentais, vén dogalego-portugués: côco (cranio, cabeza), e á súa vez doprotocelta. Está tamén relacionado co personaxe mitolóxico dococo.
Asfollas desta planta son de gran tamaño ata os 3 m de longo e o seufroito, a noz decoco, contén asemente máis grande que existe. O coqueiro é unha soaespecie con múltiplesvariedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comezase a cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.
As flores do coco son poligamomonoecias, coasflores masculinas e femininas na mesmainflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.
A etimoloxía da palabracoco é galego-portuguesa, cunha antiga orixe celta *krowkā-[6]. O nome do froito veulle dado polos navegantes portugueses durante a primeira viaxe deVasco da Gama áIndia, cando trouxeron por vez primeira o coco a Europa. Segundo Losada, os mariñeiros déranlle o nome pola semellanza a unha cabeza ou coco (en galego e portugués) xa que semella unha face con dous ollos e unha boca aberta, moi semellante ao monstro'côco', 'coca' ou 'cuca' do folclore galegoportugués (tamén abugallo docarballo chámase coca en galego).[7][8] Aparentemente o nome 'coco' veu dos encontros en 1521 entre os mariñeiros portugueses e os moradores das costas do Índico, porque ningún nome semellante se atopa en calquera das linguas da zona, onde os portugueses apañaron o froito; de feitoBarbosa, Barros e García, ao mencionaren o nome na lingua tamil-malaiamtenga ekanarésnarle, din claramente, "chámamos eses froitosquoquos", "a nosa xente deulles o nome de coco" e "ao que nós chamamos coco e os deMalabartemga".
A apañar cocos. Xusto tralo coco apréciase un exemplar novo.
A orixe da planta é descoñecida, para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.
Cocos aínda sen florear.Exportacións de noz de coco en 2005.
A planta non atura o frío,[5] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e aosal. Prefire áreas asolladas (do tipotropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como asIllas Canarias,Hawai,Cabo Verde ou aFlorida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[9]
O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanllecopra e contén un 60-70% de lípidos; dacopra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes de Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consomen ozume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida comaviño de coco.
As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.
Indonesia lidera a produción mundial de cocos no ano2012, seguida deFilipinas e aIndia.Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.
Listaxe dos 12 principais produtores de coco o ano 2012
Sen letra = dato oficial, P = dato ofical, F = estimación FAO, * = Inoficial, semioficial, C = dato calculado, A = Agregatdo (pode incluír oficiais, semi-oficiais ou aproximacións),
↑Algúns dicionarios e vocabularios específicos tamén recollen a formacoqueiro como é o caso deTermos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
↑Figueiredo, Cândido. (1940).Pequeno Dicionário da Lingua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa.(enportugués)
↑Werth, E. 1933. Distribution, Origin and Cultivation of the Coconut Palm (in periodical:Ber. Deutschen Bot. Ges., vol 51, pp. 301–304) (artículp traducido al inglés por el Dr. Child, R. (Director, Coconut Research Scheme, Lunuwila))
↑Sinónimos enKew Consultado o 1º de agosto de 2009.