O campión foiBrasil que goleou na final, disputada noWaldstadion deFrankfurt, aArxentina por 4-1, adxudicándose o torneo por segunda vez na súa historia.
Os oito participantes deste torneo son invitados oficialmente polaFIFA. Estes corresponden, en xeral, aos campións dos diversos torneos continentais e do Mundial, así como tamén o país anfitrión. Nesta ediciónArxentina participou sendo subcampión de América, xa que oBrasil era o campión do Mundial e da Copa América, e aínda que se suxería dar a praza ao subcampión mundial, este eraAlemaña, quen xa ocupaba praza de anfitrión, polo que quedaba unha praza libre.
Grecia eTunisia debutaron nesta edición na competición.
Lenda:Pts: Puntos; PJ: Partidos xogados; PG: Partidos gañados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra; Dif: Diferenza de goles.