Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Gales | |||
Área principal | Conwy County Borough | |||
Comunidade | Conwy(en)![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.700(2021)![]() | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | River Conwy(en)![]() ![]() | |||
Creación | 1283(Gregoriano)![]() | |||
Conwy (pronunciado en inglés/ˈkɒnwi/ e en galés /ˈkɔnʊɨ/ ), antes coñecida en inglés comoConway, é un conxunto deestuariosamurallados, unha cidade-castelo (castle town) ecomunidade circundante, o centro administrativo docondado de Conwy, na costa norte de Gales. A comunidade, que tamén inclúe Deganwy e Llandudno Junction, tiña unha poboación de 14.753 no censo de2011.[1] A cidade en si é un destino popular para o turismo internacional. A poboación residente do municipio do condado de Conwy no seu conxunto a 30 de xuño de 2015 estimouse en 116.200 persoas.[2] Non obstante, a cidadesensu stricto ten unha poboación de 4.065 habitantes.[3]
O nome "Conwy" deriva das antigas palabras galesascyn (xefe) egwy (auga), sendo o río chamado orixinalmente "Cynwy".[4][5][6][7]
Ocastelo de Conwy e as murallas da cidade foron construídos, por orde deEduardo I de Inglaterra, entre 1283 e 1289, como parte da súa conquista do principado de Gales.[8] A igrexa que se atopa en Conwy foi marcada como o edificio máis antigo de Conwy e permanece nas murallas de Conwy desde o século XIV. Porén, a estrutura máis antiga forma parte das murallas da cidade, no extremo sur do lado leste. Aquí incorporáronse á muralla un muro e a torre dallys (palacio/palacio xudicial) pertencentes a Llywelyn o Grande e o seu netoLlywelyn ap Gruffydd. Construída sobre un afloramento rochoso, con torreabsidal, é unha construción clásica, autóctona, galesa e destaca do resto da muralla da cidade, pola presenza de catro ocos de fiestras. Data de principios doséculo XIII e é o resto máis completo de calquera dos seusllysoedd.
As murallas forman parte dunPatrimonio da Humanidade: os castelos e as murallas do rei Eduardo en Gwynedd.
As persoas nacidas dentro das murallas da cidade de Conwy reciben o alcumo de "jackdaws", en honor ásgrallas cereixeiras que viven nas murallas. Unha Jackdaw Society existiu até 2011.[9][10]
A poboación da cidade en 1841 era de 1.358 habitantes.[11]
Conwy foi o sitio orixinal da abadía de Aberconwy, fundada por Llywelyn o Grande. Edward e as súas tropas tomaron o lugar da abadía e trasladaron aos monxes polo val de Conwy a un novo sitio en Maenan, establecendo a abadía de Maenan.[12] A igrexa parroquial de St Mary's All Saints aínda conserva algunhas partes da igrexa abacial orixinal nos muros leste e oeste. Os colonos ingleses recibiron incentivos para trasladarse á cidade de guarnición amurallada, á que os galeses tiñan prohibido entrar durante décadas.
Conwy ten outras atraccións turísticas. A ponte colgante de Conwy, deseñada por Thomas Telford para substituír o transbordador, foi rematada en1826 e atravesa o río Conwy xunto ao castelo.[13] Telford deseñou as torres de apoio da ponte para que coincidan coas torres do castelo. A ponte está agora aberta só para os peóns e, xunto coa casa da peaxe, está ao coidado doNational Trust.
A ponte ferroviaria de Conwy, unha ponte tubular, foi construída para oferrocarril de Chester e Holyhead porRobert Stephenson. O primeiro tubo completouse en1848, o segundo en1849.[14] A ponte aínda está en uso na North Wales Coast Line, xunto coa estación, que está situada dentro das murallas da cidade. Ademais dunha moderna ponte que serve á cidade, a estrada A55 pasa por baixo do río nun túnel, o primeiro túnel de tubos inmerso deGran Bretaña, que foi construído entre1986 e1991.[15] A antiga estrada de montaña a Dwygyfylchi e Penmaenmawr atravesa o paso de Sychnant, ao pé da montaña Conwy .
O National Trust posúe a Aberconwy House, a única casa de comerciantes de Conwy que sobrevive doséculo XIV, un dos primeiros edificios construídos dentro dos muros de Conwy.[16]
Plas Mawr é unha casaisabelina construída en1576 pola familia Wynn, que foi amplamente reformada até o seu aspecto doséculo XVI e agora está ao coidado de Cadw e aberta ao público.[17]
A casa nomeada noLibro Guinness dos Récords como a casa máis pequena de Gran Bretaña, cunhas dimensións de 3,05 × 1,8 metros, pódese atopar no peirao. Estivo en continua ocupación dende oséculo XVI (e mesmo estivo habitado por unha familia nun momento) até1900 cando o propietario Robert Jones, un pescador de 1'80m de altura, viuse obrigado a mudarse por motivos de hixiene. As habitacións eran demasiado pequenas para que se puxese de pé. A casa aínda é propiedade dos seus descendentes na actualidade, e os visitantes poden botar un ollo á vivenda por un pequeno custo.
Vardre Hall é un edificio catalogado de grao II do século XIX, situado fronte aocastelo de Conwy. Foi erixido polo deputadoconservador deBuckinghamshire William Edward FitzMaurice a mediados da década de1850. En1869 o edificio foi vendido ao avogado William Jones. O edificio foi usado como despacho de avogados até1972, cando foi comprado e converteuse en The Towers Restaurant.[18] Despois de estar varios anos baleiro, Vardre Hall cambiou de novo de mans, e en 1999 foi reformado como tenda.[19]
Ao outro lado da ría atópase Bodysgallen Hall, que incorpora unha torre medieval que posiblemente foi construída como torre de vixía para o Castelo de Conwy.[20]
OCollege of Arms concedeu unbrasón ao municio en 2001.[21] As novas armas lembran as de Aberconwy e Colwyn. A parte principal representa ondas azuis e prata polo río Conwy. Enriba, unha torre vermella que representa o Castelo. O terzo superior é verde cunha cabeza heráldica de Marchudd ap Cynan. A cada lado hai dúas lanzas negrasembrutadas (con gotas de sangue na punta, véxase o escudo predecesor na infocaixa) das armas de Nefydd Hardd. Diante delas, ungarb ou faixa de trigo dourada, polas zonas rurais da comarca. Enriba do escudo está o dragón galés que apoia unhaBiblia (polo feito de que a primeira tradución do libro en galés se orixinou aquí) xurdindo dunha coroa de follas decarballo elandras (polo antigo concello de Colwyn).
O lema adoptado e integrado no escudo éTegwch i Bawb ("Equidade para todos").
Conwy Morfa, un terreo pantanoso no lado oeste da ría, foi probabelmente o lugar onde se xogou por primeira vez aogolf en terras galesas.[22] Tamén foi o lugar onde Hugh Lorys Hughes desenvolveu, e máis tarde construíu, oMulberry Harbour flotante, usado naOperación Overlord naSegunda guerra mundial.[23]
O hospital de Conwy pechou en2003 e despois foi derrubado.[24]
A parada deautobús da estación de Conwy ten servizos a Llandudno, un servizo de catro horas a Holyhead e un autobús turístico de subida e baixada,The Llandudno and Conwy Tour.
A RNLI estableceu unha estación de botes salvavidas en1966 e actualmente opera o buque costeiro de clase DThe May Bob.[25]
Existe un distrito electoral de Conwy para as eleccións ao Consello Municipal do Condado de Conwy. O barrio esténdese ao oeste do río Conwy só cunha poboación total de 4.065 habitantes.[26] Os outros barrios do condado da comunidade de Conwy son Deganwy, Marl e Pensarn.
Conwy tamén ten un concello, con sede en Conwy Guildhall, composto por 17 concelleiros elixidos dos cinco barrios comunitarios de Aberconwy, Castle, Deganwy, Marl e Pensarn.[27]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conwy![]() |
![]() | A Galipedia ten unportal sobre:Gales |