Uncontinente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. Enxeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes comoEuropa eAsia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.
O feito de que a definición decontinente sexa pouco clara deu lugar á existencia de diferentes modelos, con diferente número de continentes que varía de catro a sete. Así mesmo, estes modelos foron cambiando ao longo da historia coa descuberta de novos territorios.
Na súa acepción máis estendida, a zona continental tamén inclúe asillas situadas a pouca distancias dascostas continentais. Dende un punto de visto científico, os continentes inclúen as illas que se atopan nasplacas tectónicas, como por exemplo a illa deMadagascar pertence aÁfrica.
En realidade non existe unha única forma de fixar o número de continentes e depende de cada área cultural determinar se dúas grandes masas de terra unidas forman un ou dous continentes, e en concreto, decidir os límites entreEuropa eAsia (Eurasia) por unha banda eAmérica do Norte eAmérica do Sur (América) por outra. Os principais modelos son os seguintes:
4 continentes:[8][9][2] algúns suxiren que Europa, África e Asia deberían conformar un único continente chamadoEurafrasia ou Afroeurasia. Este modelo baséase nunha definición estrita de continente como unha área de terra continua, onde fronteiras artificiais como as canles de Suez e Panamá non serían verdadeiras barreiras intercontinentais.
5 continentes:[10][11] modelo que inclúe só os continentes habitados (excluíndo a Antártida),[9][2] que son os representados nos 5 aneis do logotipo olímpico.[11] Este é o modelo que usa aONU.[12]
6 continentes (modelo xeolóxico):[9][2] garda unha relación aproximada coasplacas tectónicas continentais, polo que Europa e Asia forman un só continente denominadoEurasia e en cambio América está dividida en dous continentes (América do Norte e América do Sur). É o modelo preferido pola comunidade xeográfica dospaíses da antiga Unión Soviética,Europa Oriental e porXapón.
Asia: Separado claramente de África polo estreito de Suez. Os seus límites con Europa son máis imprecisos, chegando a considerarse Europa tan só como unha parte do macrocontinenteEurasia. Considerado como Eurasia, é bañado por todos osocéanos do planeta.
Europa: Porción de Eurasia, considerado un continente debido ás súas características históricas que o diferencian claramente de Asia.
Oceanía: Continente que abrangueAustralia e os milleiros de illas espalladas poloocéano Pacífico. Os seus límites con Asia non están moi definidos.
Comparación da superficie dos continentes (por decenas de millóns dequilómetros cadrados) e a poboación (por billóns de persoas)
A seguinte táboa recolle os datos de superficie e poboación de cada continente empregando o modelo de setes continentes, ordenados de maior a menor por superficie.[15]
O total da superficie de tódolos continentes é de 148 647 000 km², que supón o 29.1% de toda a superficie terrestre (510 067 420 km²). No2013 estimouse que a poboación total de tódolos continentes era de 7 162 119.000.
O xeógrafo gregoEstrabón, sostendo un globo no que pode lerseEuropa eAsia
A primeira distinción semellante ao concepto de continente foi feita polos antigos navegantes gregos, que deron o nome deEuropa eAsia ás terras localizadas a ambos os dous lados da extensión de auga que formaban omar Exeo, oestreito dosDardanelos, omar de Mármara, oBósforo e omar Negro.[17] Eses nomes empregáronse en principio para designar ás terras próximas á costa, e só despois estendeuse o seu uso ao interior do país.[18]:69 Os pensadores daGrecia antiga debateron a continuación seÁfrica (entón chamada Libia) debería ser considerada como unha parte de Asia ou como unha terceira parte independente do mundo e finalmente impúxose a división da Terra en tres partes.[18]:67 Desde a perspectiva grega, o mar Exeo era o centro do mundo, con Asia ao leste, Europa ao oeste e ao norte, e África ao sur.[19]:21-22
Os límites entre os continentes non quedaron fixados. Desde o principio, a fronteira de Europa con Asia foi tomada partindo do mar Negro ao longo dorío Rioni (coñecido entón como Phasis) enXeorxia. Máis tarde, considerouse que a fronteira ía desde o mar Negro poloestreito de Kerch, omar de Azov e orío Don (chamado entón Tanais), enRusia.[18]: 68
O ríoNilo considerouse xeralmente desde a antigüidade como a fronteira entre Asia e África. Heródoto,[20] noséculo V antes de Cristo, con todo, xa se opoñía a esta situación, que emprazaba Exipto dacabalo entre dous continentes, e facía coincidir o límite entre Asia e África coa fronteira occidental de Exipto, deixando Exipto en Asia. Tamén cuestionou a división en tres do que era en realidade unha soa terra continua,[21] un debate que continúa case dous milenios e medio máis tarde.
Eratóstenes, noséculo III antes de Cristo, sinalou que algúns xeógrafos dividían os continentes seguindo os ríos (o Nilo e o Don), considerándoos polo tanto como «illas», mentres que outros os dividían poristmos, sendo así que entón serían «penínsulas». Estes xeógrafos fixaban a fronteira entre Europa e Asia no istmo entre o mar Negro e omar Caspio e a fronteira entre Asia e África, no istmo entre omar Vermello e a desembocadura dolago Bardawil nomar Mediterráneo.[22]
Na épocaromana e naIdade Media, algúns escritores tomaron oistmo de Suez como o límite entre Asia e África, pero a maioría dos autores seguiron considerando que o río Nilo, ou a fronteira occidental de Exipto, eran o límite entre continentes. Na Idade Media, o mundo representábase nunmapa de T en O, coa T aludindo ás augas da división dos tres continentes.
Cristovo Colón atravesou oocéano Atlántico ata chegar ásAntillas o12 de outubro do1492, achandando o camiño para a exploración e colonización europea de América. A pesar dos seus catro viaxes cara ao oeste, Colón nunca chegou a saber que arribara a un continente novo e pensaba que alcanzara as costas de Asia. En 1501Américo Vespucio viaxou a América como piloto dunha expedición que navegou ao longo da costa doBrasil. Os membros da expedición percorreron un longo camiño en dirección sur ao longo da costa de América do Sur, o que confirmou que a terra que bordeaban tiña proporcións continentais.[23][24] De regreso a Europa, Vespucio publicou un relato da súa viaxe tituladaMundus Novus en 1502 ou 1503,[25]:xx-xxi pero parece que houbo adicións ou modificacións por outro escritor.[26] Calquera que sexa o autor desas palabras que se poden ler enMundus Novus, «Descubrín un continente naquelas rexións meridionais que está habitado por máis numerosos pobos e animais que nas nosa Europa, ou Asia ou África»[25]:45 sendo esta a primeira identificación explícita de América, como un continente distinto dos outros tres.
Desde que Vespucio anunciase o achado do novo continente, este recibira varios nomes, cuxa aplicación e aceptación era xeralmente rexional. Así, os casteláns chamábano «Indias» ou «La gran Tierra del Sur»; os portugueses, «Beira Cruz» ou «Terra de Santa Cruz». Algúns cartógrafos empregaban «Terra do Brasil» (que con todo aludía a unha illa imaxinaria), «Terra de Papagaios», «Nova India», ou simplemente «Novo Mundo».[27] Despois duns anos, o nome deNovo Mundo comeza a aparecer como un nome para América do Sur nos mapas e cartas, como na Oliveriana (Pesaro) que data de pouco despois de 1503. Os mapas da época, como os planisferios deCantino eCaverio, mostran claramente América do Norte conectada con Asia e América do Sur como unha terra inexplorada, da que só se debuxa a costa norte e leste do Brasil, ou ben, como noPlanisferio de Sylvanus en forma dunha grande illa independente.[26][28]
En 1507,Martin Waldseemüller publicou un mapa do mundo,Cosmographia Universalis, que foi o primeiro en mostrar que América do Norte e América do Sur estaban separadas de Asia e rodeadas de auga. Unha pequena nota sobre a carta principal, di, por primeira vez, que América atópase ao leste de Asia e están separadas por un océano, nota colocada para evitar confusión xa que América atópase no extremo esquerdo do mapa e Asia no extremo dereito. No libro de acompañamento,Cosmographiae Introductio, Waldseemüller anotou que a terra se dividía en catro partes, Europa, Asia, África e a cuarta parte que formou a partir do nome de Américo Vespucio.[29] No mapa, a palabra «América» colocouse nunha parte de América do Sur.
A voz tiña tal eufonía e gardaba tanta consonancia coas palabras «Asia» e «África» que inmediatamente se fincou nas linguas noreuropeas.[30] Con todo tardou en ser adoptado na Península Ibérica e as súas colonias, onde o nome maioritariamente usado seguiu sendo por bastante tempo o de «Indias occidentais».[31]
Desde finais doséculo XVIII algúns xeógrafos comezaron a considerar que América do Norte e América do Sur eran dúas partes do mundo, o que facía un total de cinco partes. Con todo, a división en catro foi en xeral a prevalecente noséculo XIX.[19]:30 Os europeos descubrironAustralia en 1606, pero durante algún tempo, foi visto como unha parte de Asia. A finais doséculo XVIII algúns xeógrafos considerárono un continente en si mesmo, polo que pasou a ser o quinto (ou sexto para aqueles que cren que América son dous continentes).[19]:30 En 1813, Samuel Butler (1774-1839) escribiu en relación con Australia que «New Holland, an immense island, which some geographers dignify with the appellation of another continent» [Nova Holanda, unha illa inmensa, que algúns xeógrafos dignifican coa apelación doutro continente] e oOxford English Dictionary foi igualmente dudoso algunhas décadas máis tarde.[32]
AAntártida foi oficialmente descuberta cara a 1820 (aínda que agora sábese que xa era coñecida desde 1599 ou 1603) e descrita xa en 1838 como un continente porCharles Wilkes (1798-1877) da United States Exploring Expedition (expedición Wilkes) (1838-42). Foi o último continente en ser identificado, aínda que a existencia dun gran territorio Antártico fora considerada desde facía milenios. Na Antigüidade os pensadoresgregos deduciron que se a Terra era esférica, porsimetría, debía ter unha contrapartida á masa continental do hemisferio norte no hemisferio sur nas latitudes polares, deste xeito o cosmógrafoClaudius Ptolomaeus confeccionou un soado planisferio no cal aparecía un inmenso territorio que en latín foi chamadoTerra Australis Incognita [Terra Austral Descoñecida], aínda que a extensión do suposto continente incluía zonas que corresponden non só á Antártida propiamente dita senón tamén a Australia, Nova Zelandia e grandes extensións oceánicas. En 1520Magalhães, ao descubrir o estreito que leva hoxe o seu nome,Estreito de Magalláns, creu que a illa deTerra do Fogo era un sector desaTerra Australis Incognita. A exploración deFrancisco de Hoces descubriu a gran pasaxe marítima que separa América da Antártida e posteriormente o nome deTerra Australis Incognita quedou reservado paraAustralia. En 1849 un atlas informou xa que a Antártida era un continente, pero poucos máis o fixeron ata despois da segunda guerra mundial.[19]:32
Noséculo XIX, omaianistaAugustus Le Plongeon (1825-1908) propuxo a hipótese dun novo continente, chamadoMu, que existiría e desaparecería noocéano Pacífico. Baseábase na tradución —máis tarde contestada— doCódice Tro-Cortesiano realizada porBrasseur de Bourbourg.[33] Nun momento en que a xeoloxía estaba menos avanzada que agora, propúxose a existencia de moitos continentes hipotéticos. Este foi o caso deLemuria, un continente considerado para explicar a desaparición dalgunhas especies de mamíferos,[34] e tamén aAtlántida, mencionada por primeira vez noséculo IV antes de Cristo, aínda que este hipotético continente afundido segue sendo aínda hoxe froito de especulacións.[35]
Desde mediados doséculo XIX os atlas dos Estados Unidos tratan a miúdo América do Norte e América do Sur como dous continentes, o que é coherente co entendemento da xeoloxía e a tectónica de placas. Pero non é raro que os atlas americanos os traten como un único continente, polo menos ata a segunda guerra mundial.[19]:32 É esta última visión a que aínda prevalece hoxe en día nalgúns países de Europa.
Abandeira olímpica cos cinco aneis que representan os continentes habitados
Abandeira olímpica, deseñada en 1913, ten cinco aneis que representan o cinco continentes habitados, considerando América como un só e sen considerar á Antártida.[36]Con todo, nos últimos anos houbo un impulso para que Europa e Asia, que tradicionalmente se consideraron como dous continentes, sexan agora un único continente, chamadoEurasia, para facelo compatible cos coñecementos derivados da xeoloxía e a tectónica de placas. Neste modelo, o mundo estaría dividido en seis continentes.
A palabra continente provén dolatíncontinere, que significa «manter xuntos» e deriva docontinens terra, «as terras continuas». Literalmente, o termo refírese a unha gran extensión de terra firme na superficie doglobo terrestre. Así, hai algúns modelos de continentes que consideran Europa e Asia como dous continentes, mentres queEurasia considérase unha rexiónxeopolítica, e outros o fan á inversa.
En realidade, a noción de continente é unhaconvención creada en Europa a partir doséculo XVI. Anteriormente o concepto continente era moi vago e impreciso; a diferenza entre unha illa, unha península e un continente era só o tamaño, e moitas veces non concordaba a mesma definición continental entre diversos autores. En xeral, sostíñase a idea da unidade de toda as terras emerxidas rodeada por un mar primordial.[37] A pesar de que na actualidade, a partición en continentes tómase como unha partición natural, e de aí tamén a identificación cunha unidade etnográfica en cada continente, en realidade trátase dunha invención dos xeógrafos, exploradores, científicos, etc. Son os europeos, quen foron dividindo as terras emerxidas. Está clasificación pasou a ser a "división natural" para o resto do mundo.[38]
Non existe unha definición única de continente e por iso en distintos ámbitos culturais e científicos hai listas diferentes de continentes. En xeral, un continente debe ser unha gran área conformada por terras con importantes límitesxeolóxico. O criterio de orixe para a designación dun continente, o criterio xeográfico, é ignorado moitas veces en favor doutros criterios máis arbitrarios, de índole histórica e cultural. Aínda que algúns consideran que só hai catro ou cinco continentes, modernamente adóitase considerar que hai seis ou sete.[39]
Na seguinte táboa amósanse os puntos máis altos e máis baixos para o modelo de sete continentes, ordenados de maior a menor segundo os puntos culminantes.
↑(en inglés)Heródoto. Traducido por George Rawlinson (2000).The Histories of Herodotus of Halicarnassus[6]. Ames, Iowa: Omphaloskepsis, libro 2, p. 18.
↑(en inglés) Herodoto. Traducido por George Rawlinson (2000).The Histories of Herodotus of Halicarnassus[7]. Ames, Iowa: Omphaloskepsis, livre 4, p. 38. «Non podo concibir por que tres nomees... deberían ser dados a un tratado que é en realidade uno...».
↑(en inglés) "continent n. 5. a." (1989)Oxford English Dictionary, 2nd edition.Oxford University Press. «The great island of Australia is sometimes reckoned as another [continent]» [a gran illa de Australia, é ás veces contada como outro [continente]].