Unhaconsoante velar é un tipo deconsoante cuxo punto de articulación ou paso máis estreito da corrente do aire aproxímase ou toca a zona traseira dopadal ou veo.
Posto que a rexión velar da parte superior da boca é relativamente extensa e os movementos do dorsum non son moi precisos, as velares facilmente sofrenasimilación fonética, desprazando o seu punto de articulación atrás ou adiante dependendo do trimbre das vogais adxacentes. Frecuentemente as velares sofrencambios fonéticos adiantándose parcial ou totalmente converténdose nunhapalatalizada ou palatal ante vogais anteriores oupalatais. As vogais posteriores tenden ás veces a atrasar as velares.
Moitas linguas presentanlabialización na articulación das velares, tal como sucede naconsoante coarticulada[kʷ], na que a articulación velar é acompañada por un redondeamento dos beizos, estas consoantes son labiovelares. Tamén existe consoantes dobremente articuladas como as consoantes labial-velares, que presentan unha dobre articulación como sucede no son[k͡p] frecuente en moitas linguas de África Occidental.f
Entre as linguas do mundo ocambio fonético máis frecuente que experimentan as consoantes velares é apalatalización ante vogal anterior ou palatal. Ese cambio é por exemplo a orixe da fonema /θ/ (/s/ no castelán de América). Porén, o fonema /x/ do castelán é en gran parte o resultado dunha despalatalización da antigos fonema /š, ž/ [ʃ, ʒ], que á súa vez procedían de palatalizacións varias das consoantes latinas /k, g/.