Connacht (eninglés) ouConnachta (enirlandés), "(terra dos) descendentes de Conn", é aprovincia occidental deIrlanda, que comprende os condados deGalway,Leitrim,Mayo,Roscommon eSligo. En irlandés á provincia chámaselle a miúdoCúige Chonnacht. Os seus centros urbanos principais sonGalway no sur, eSligo no norte. Ten unha poboación de 503.083 habitantes, a máis pequena das catro provincias irlandesas.