Uncondado dos Estados Unidos é un nivel local de goberno creado como unha subdivisión dunestado polo goberno estatal, polofederal ou polo goberno territorial como unha subdivisión dun territorio. A sede da administración e os tribunais dun condado chámase «cabeza de condado» (county seat). A verba "condado" (county) emprégase en 48 dos 50 estados;Luisiana utiliza o termo "parish" (parroquia) eAlasca ten o "borough".[1] Incluíndo estes, hai máis de 3.000 condados enEstados Unidos,[2][3] cunha media de 62 condados por estado, aínda queDelaware ten 3 eTexas 254.[4] En moitos estados do nordeste e do medio oeste, os condados subdivídense en municipios civís (civil township; outowns no caso deNova Inglaterra,Nova York eWisconsin) cun grao de autonomía que varía dun estado a outro e poden conter outrasmunicipalidades integrantes.
AOficina do Censo dos Estados Unidos relaciona un total de 3.141 condados ou unidades administrativas equivalentes a condado. O poder do goberno do condado varía moito dun estado a outro, como a relación entre condados e gobernos municipais incorporados.[5] A distribución do poder e responsabilidades entre o goberno estatal, os gobernos dos condados e os gobernos municipais defínense naConstitución de cada estado.
Os condados estaban entre as primeiras formas de administración municipal estabelecidas polasTrece Colonias orixinais. ACommonwealth deMassachusetts foi a primeira colonia en estabelecer condados, en1643.[6] Aínda que os condados eran relativamente pouco importantes enNova Inglaterra,Pensilvania eNova York delegaron unha cantidade significativa de poder e responsabilidade do goberno estatal cara aos condados, estabelecendo así o modelo que permanece na maior parte dos estados actualmente.[6]
Os estados daRexión Sur e doMedio Oeste xeralmente adoitan ter máis condados cós estados doOeste e doNordeste.Connecticut,Massachusetts eRhode Island aboliron por enteiro ou en parte os gobernos dos condados, empregando os límites xeográficos dos condados nos tres estados como distritos administrativos a nivel estatal.
O termo "equivalente de condado" inclúe tres tipos adicionais de divisións administrativas que son diferentes ao condado encontrado na maior parte de estados:
Áreas censais (census area) de Alasca: a maior parte da área terrestre de Alasca non está contida dentro de ningún dos seus 16boroughs. Esta enorme área, máis grande queFrancia eAlemaña xuntas, o goberno denomínaaboroughs non organizados e, fóra dos límites dos borough incorporados, non ten ningún goberno "de condado" independente, aínda que existen varios gobernos municipais incorporados dentro dos seus límites; sendo a maioría deles gobernados e dirixidos polo estado de Alasca como unha extensión do goberno estatal (osboroughs non organizados formados polaBorough Act de 1961 son unha entidade legal posta en marcha polo goberno do estado de Alasca como unha extensión do goberno estatal,[7] estes e as cidades-borough consolidadas equivalen aproximadamente ás "parroquias" de Luisiana e aos condados dos outros 48 estados.[8]) A Oficina do Censo dos Estados Unidos, en cooperación co goberno estatal de Alasca, dividiu osboroughs non organizados en 11 áreas censais só con propósitos estatísticos.
Cidades independentes: son cidades que legalmente non pertencen a ningún condado. Desde 2004, hai 42 desas cidades nos Estados Unidos:Baltimore, Maryland;Carson City, Nevada;St. Louis,Missouri; e as 39 cidades deVirxinia, onde calquera municipalidade incorporada como unha cidade (city) —en contraste cos pobos (town)— está separada por lei de calquera condado que puidera contelas.[9]
Washington, D.C., que, como as capitais de moitos outros países, ten un status especial. Non é parte de ningún estado; constitúe a totalidade do Distrito de Columbia, que, de acordo co Artigo 1, Sección 8 daConstitución estadounidense, está baixo a xurisdición doCongreso dos Estados Unidos. De feito, cando foi fundado, o distrito estivo dividido en dous condados e dúas cidades independentes. Ocondado de Alexandria (que agora forma ocondado de Arlington e unha parte da cidade independente deAlexandria) foi devolto aVirxinia en1846, mentres as tres entidades restantes (a cidade deWashington,Georgetown e ocondado de Washington) uníronse nun goberno consolidado por unha lei do Congreso en1871 e Georgetown foi formalmente eliminada como unha cidade por outra lei en1895. A totalidade doDistrito de Columbia considérase agora parte da cidade de Washington e todos os lugares no distrito teñen o enderezo "Washington, D.C." O Congreso estabeleceu unhas regras de goberno local para a cidade, aínda que as leis da cidade poden ser anuladas polo Congreso. Isto é bastante raro, e, na práctica, a cidade funciona como outras moitas cidades independentes nos Estados Unidos, aínda que tecnicamente non teña a definición legal dunha delas.
Xeralmente as cidades ocupan unha área máis pequena que o condado que as contén, mais hai algunhas excepcións a esta regra:
Unha cidade e o condado que a contén poden unirse para formar unhacidade-condado consolidada, que se considera tanto unha cidade como un condado conforme á lei do estado. Exemplos destas cidades-condado sonFiladelfia,Denver eSan Francisco. Do mesmo modo, algúnsboroughs de Alasca están unidos ás súas cidades principais, creandoboroughs-cidade unificados. Isto causa que algunhas cidades de Alasca estean entre as cidades máis grandes do mundo por superficie.
Un sinal de tráfico que marca a fronteira entre os condados de Nicholas e Greenbrier enVirxinia Occidental nunha estrada secundaria.
Segundo o censo dos Estados Unidos do 2000, a superficie media da zona terrestre dos 3.098 condados estadounidenses era de 1.611 km², que é só dúas terceiras partes da área media da zona terrestre duncondado cerimonial de Inglaterra, e só un pouco máis dun cuarto da área terrestre media dundépartement francés. Mais esta cifra non mostra as diferenzas entre os propios condados dos Estados Unidos; os condados occidentais teñen unha superficie media moito maior que os do leste. Por exemplo, a superficie media dos condados deXeorxia é de 888 km², mentres que enUtah son 6.286 km².
No censo estadounidense do 2000, só o 16,7% de condados tiña máis de 100.000 habitantes. Isto reflicte a natureza esencialmente rural dos condados estadounidenses, cuxa rede foi deseñada noséculo XIX, nun país aínda en gran parte rural e só lixeiramente afectado pola urbanización. Actualmente a gran maioría da poboación dos Estados Unidos concéntrase nun relativamente pequeno número de condados. O equivalente a condado máis poboado é ocondado dos Ánxeles, enCalifornia, con 10 226 506 habitantes en 2005, e o condado menos poboado éLoving (Texas) con 60 habitantes no 2005.
O condado (ou equivalente) con maiordensidade de poboación é ocondado de Nova York (coextensivo coborough deManhattan, que consiste principalmente nailla de Manhattan) con 25.845 habitantes porquilómetro cadrado no ano 2000, e o condado menos densamente poboado é oboroughLake e Peninsula (Alasca), con 0,0296 hab./km² no 2000. O equivalente a condado menos densamente poboado é a área censal Yukon-Koyukuk, Alasca, con 0,0173 hab./km² no 2000.
Polo xeral os condados son gobernados por un órgano electo: consello de supervisores, comisión de condado, consello de condado, ou lexislatura de condado. Nalgúns condados, hai un alcalde (mayor) de condado ou un presidente (executive) de condado. O posto de alcalde é sobre todo cerimonial nalgúns estados, mentres que noutros o alcalde ten máis poder que os comisarios ou supervisores.[1]
En moitos estados, o consello responsable dun condado sostén poderes que transcenden as tres ramas tradicionais de goberno. Ten opoder lexislativo de decretar ordenanzas para o condado; ten opoder executivo de supervisar as operacións executivas do goberno do condado; e ten o poder casexudicial en canto a certos asuntos limitados (como a audiencia de recursos da comisión de planificación, se existe).
En canto ás operacións cotiás do goberno de condado, ás veces son supervisadas por un xerente de condado ou un xefe administrativo, que informa ao consello, ao alcalde, ou a ambos.
Nalgúns estados, o condado tecnicamente ten a un executivo plural onde algúns funcionarios importantes son escolleitos por separado do consello de comisarios ou supervisores (o que implica que non poden ser despedidos polo consello). Isto pode crear tensións se ditos funcionarios discrepan sobre como realizar mellor as súas funcións respectivas.
O poder dos gobernos dos condado varía moito dun estado a outro, así como a relación entre condados e cidades incorporadas. O goberno do condado xeralmente reside nunha municipalidade denominadasede de condado, máis tamén algúns condados poden ter sedes múltiples ou ningunha.
EnNova Inglaterra, os condados funcionan como máximo como distritos xudiciais dos tribunais ou como departamentos doshériff (actualmente enConnecticut só como distritos xudiciais e enRhode Island perderon ambas funcións) e a maior parte de poder do goberno por debaixo do nivel estatal está en mans de cidades e pobos. En varios dos condados escasamente poboados deMaine, as pequenas cidades dependen do condado para a aplicación da lei, e enNova Hampshire algúns programas sociais adminístranse a nivel estatal. Nalgúns estados deNova Inglaterra, comoConnecticut, partes deMassachusetts e Rhode Island, os condados son só designacións xeográficas e non teñen ningún poder gobernamental e todo o goberno desenvólvese a nivel estatal ou municipal. En Connecticut, estabelecéronse 15 consellos rexionais para encher parcialmente o baleiro deixado cando o estado eliminou oito gobernos de condado en 1960. Os consellos rexionais de Connecticut non se conforman cos antigos límites do condado, senón que se forman por cidades que comparten a mesma rexión xeográfica e teñen datos demográficos similares. A autoridade dos consellos rexionais é moito máis limitada comparada cun goberno de condado: os consellos rexionais non teñen ningunha autoridade fiscal ou autoridade para emitir permisos; os poderes mencionados deléganse nos gobernos das cidades. Os consellos rexionais teñen autoridade sobre infraestruturas e planificación do uso da terra, distribución de fondos estatais e federais de proxectos de infraestruturas, plans de emerxencia e aplicación limitada de funcións lexislativas.
Fóra de Nova Inglaterra, os condados teñen habitualmente, como mínimo,xulgados, servizos públicos,bibliotecas,hospitais, servizos desaúde pública,parques,estradas,aplicación da lei ecárceres. Hai polo xeral un rexistrador civil do condado, notario ou escribano (o título varía) que recolle as estatísticas vitais (como nacementos e defuncións), convoca eleccións (ás veces en coordinación cunha oficina de eleccións ou unha comisión), e prepara ou procesa certificados de nacementos, mortes, matrimonios, e disolucións (decretos de divorcio). Os condados xeralmente encárganse dos rexistros de bensinmobles. Outros funcionarios importantes do condado inclúen aoforense, tesoureiro, perito,auditor e aofiscal de distrito. En moitos estados, osheriff do condado é o xefe das forzas encargadas da aplicación da lei no condado.
Na maior parte dos estados do Oeste, o condado controla todas as áreas non incorporadas dentro dos seus límites. En estados cun goberno municipal, as áreas non incorporadas son controladas polo municipio. Os residentes das áreas non incorporadas que están insatisfeitos coas decisións de asignación de recursos a nivel do municipio ou a nivel do condado poden solicitar unha votación para incorporarse como unha cidade oupobo.
Uns poucos condados proporcionantransporte público propio, polo xeral en forma dun simple sistema deautobuses, mais na maior parte dos condados, o transporte público é proporcionado por un distrito especial limítrofe co condado, unha autoridade de tránsito rexional multicondado ou unha axencia estatal.
Os condados máis poboados proporcionan moitos servizos, comoaeroportos, centros de convencións ou exposicións,museos,praias,portos,zoos, hospitais, bibliotecas xurídicas e aloxamentos públicos. Proporcionan servizos como xulgados, forzas da orde, atención familiar e infantil, servizos áterceira idade, servizos desaúde mental, servizos de benestar, servizos de axuda a veteranos de guerra, control de animais, supervisión deliberdade condicional, preservación histórica, regulación daseguridade alimentaria, servizos de control ambiental. Teñen a moitos funcionarios adicionais, como defensores públicos, comisarios de artes, comisarios dedereitos humanos e comisarios de planificación. Finalmente, tamén pode existir un corpo debombeiros do condado (distintos dos corpos de bombeiros administrados por cidades individuais, distritos especiais ou o goberno estatal).
Maryland, en particular, dota os seus condados de amplos poderes, incluso as responsabilidades educativas (que na maior parte de estados están a cargo dedistritos escolares específicos de cada cidade, ou áreas de distrito escolar que son comúns en estados comoIllinois,Missouri eCalifornia).
↑3,03,1"County Overview"(PDF). National Association of Counties. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 18 de abril de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2009.
↑"Local Government in Alaska"(PDF). Local Boundary Commission, Alaska Department of Commerce, Community and Economic Development]. febreiro de 2001. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15 de maio de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2009.