Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Condado de Nantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ocondado de Nantes foi unha xurisdición feudal que formaba ao principio unha marca fronteiriza de Francia conBretaña, ata a incorporación do condado á Bretaña.

Historia

[editar |editar a fonte]

En799 o prefecto e conde Guido de Nantes conquistouBretaña. Entre814 e818,Lamberto I de Nantes sucedeu ao seu pai Guido como prefecto damarca da Bretaña e conde de Nantes. Debido ás revoltas de811 e818,Lois I o Piadoso nomeou a Nominoe, o xefe bretón, como conde de Vannes no819 e máis tarde duque (ducatus ipsius gentis) dos bretóns no831. A revolta do824, dirixida por Wiomarc'h, foi de tal magnitude que Lois I o Piadoso tivo que intervir persoalmente acompañado dos seus fillos Pipino I de Aquitania e Luís o Xermánico. En831, estableceuse oducado da Bretaña e Lamberto I de Nantes, partidario deLotario I, foi enviado ao exilio a Italia pouco despois. En841 o condado foi dado a Renaldo de Herbauges. En843 Nantes foi saqueada polos normandos e Lamberto II, un nobre aliado de Nominoe, fillo de Lamberto I, tomou posesión da cidade á súa saída. A batalla de Ballon foi unha nova vitoria para Nominoe sobreCarlos o Calvo e marcou a independencia da Bretaña no845, plasmada nun tratado no846. No mesmo ano, Carlos o Calvo conseguiu impoñer a un tal Amalarico como conde de Nantes e prefecto da marca. Tres anos despois Lamberto II recuperou o control do condado.

O condado foi conquistado por Nominoe (o primeiro gran soberano da Bretaña) e o seu fillo Erispoe no851, sendo recoñecido aos bretóns polo Tratado de Angers. Salomón da Bretaña estendeu as conquistas bretoas, pero debido aos ataques normandos os bretóns tiveron que retirarse ás áreas de poboación bretoa. A principios do século X o condado de Nantes estaba baixo a protección doconde de Anjou; os normandos ocuparon a cidade e a rexión de919 a937 ata que Alan II da Bretaña a conquistou de novo polos bretóns e formou un feudo da Bretaña cuxos titulares disputaron o título de duque cos condes de Rennes. Nantes recibiu o apoio de Anjou mentres que Rennes recibiu o apoio deBlois. Por matrimonio pasou da familia condal de Cornualla aosPlantagenets, ata que foi incorporado aos dominios ducais baixoArtur I da Bretaña.

Lista de condes de Nantes

[editar |editar a fonte]

Condes francos

[editar |editar a fonte]

Condes bretóns

[editar |editar a fonte]

Condes de Anjou e Nantes

[editar |editar a fonte]

Ocupación normanda

[editar |editar a fonte]

Condes de Nantes

[editar |editar a fonte]

Dinastía Plantagenet

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Noël-Yves Tonnerre,Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du s. XII, Presses de l'Université d'Angers Angers (1994)ISBN2903075581.
  • Gérard Mellier (alcalde de Nantes),Essai sur l'Histoire de la Ville et du Comté de Nantes". Manuscrit publicat per Léon Maitre Nantes (1872) ⇒ aGallica
  • Chronique de Nantes ⇒ enGallica
  • Bruno RenoultLes Vikings en Bretagne Éditions Bretland (1985)ISBN84-7633-005-7
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Condado_de_Nantes&oldid=6918397»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp