Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Condado de Boulogne

Coord.:50°43′32″N1°36′50″L / 50.725556,1.613889
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Boulogne

Localización
Mapa
 50°43′32″N1°36′50″L / 50.725556,1.613889
Datos históricos
Creación896Editar o valor en Wikidata
Disolución1501Editar o valor en Wikidata

OCondado de Boulogne foi uncondado dentro doreino de Francia durante osséculos IX aoXV (8961501), centrado na cidade deBoulogne-sur-Mer, no territorio coñecido hoxe como oBoulonnais.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Canal da Mancha.
Véxase tamén:Estreito do Paso de Calais.

A principal rexión do condado histórico deBoulogne é o chamadoBoulonnais. A fosa ou prega do Boulonnais está constituída por unanticlinal que inverte o relevo, xa que as rochas deixan ver os terreosmargosos (tipo de rochas sedimentarias compostas principalmente decalcita earxila) earxilosos subxacentes.

Particularmente, a prega orientada NO-SO está dividda en dúas pol afundimento que creaou oCanal da Mancha e oestreito do Paso de Calais.

A outra parte da prega corresponde aInglaterra.

Historia

[editar |editar a fonte]

Boulogne, antes de ser chamadaBononia (ás veces confundida conBoloña enItalia), foi identificada comoPortus Itius, lugar desde o queXulio César emprendeu a conquista deBritania, chamada actualmenteGran Bretaña.

Portus Itus converteuse, baixo oImperio romano, en porto agregado áClassis británica. Das súaas pegadas e das do seu cuartel xeneral acháronse restos na actualHauteville en1980.

Boulogne foi célebre naIdade Media polo su faro situado no máis alto do cantil, no norte, do cal só quedan as ruínas. Consistía nunha torre decachotaría de dous pisos, máis estreita na parte de arriba, na que se prendía un fogo.

A actividade relixiosa da cidade, sede dun antigo bispado e antigo lugar deperegrinacións á Virxe de Boulogne, foi moi relevante durante a Idadw Media. Os habitantes daIlla de Francia, para renderlle homenaxe á Virxe, crearon un lugar de peregrinación secundario no bosque de Rouvre (do que se achan restos no [[Bosis de Boulogne), que favoreceu a fundación deBoulogne-la-petite, actualmente coñecida comoBoulogne-sur-Seine. Durante os anos trinta doséculo XX esta devoción foi reavivada mediante o transporte dunha estatua colocada nun auto-remolque que deu a vuelta a todaFrancia.

O condado foi gobernado poloscondes de Flandres noséculo X, pero unha rama separada de Boulogne xurdiu noséculo XI.

Foi anexionado porFilipe II de Francia en1212, que o entregou en herdanza ao seu fillo, e despois disto formou parte docondado de Artois, até que, finalmente, foi incorporado aodominio real en1550.[1][2][3]

Condes da Casa de Boulogne

[editar |editar a fonte]
Escudo de armas do Condado
  1. En1038 conGoda de Mantes, ou Godjifu (†1049), filla deEtelredo II o Indeciso e deEmma de Normandía (sen fillos).
  2. En1050 conIda de Verdún (†1113), filla deGodofredo II e de Doda (tres fillos :Eustaquio III de Boulogne,Godofredo de Bouillon eBalduíno I de Xerusalén).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Letras patentes de Luís XI, Plessis-du-Parc-lèz-Tours, xaneiro de 1478 (1477 antes de Pascua) (ler en liña (en francés))
  2. Letras patentes de Luís XI, Arras, o 18 de marzo de 1478 (ler en liña (en francés))
  3. Letras patentes de Luís XI, Tours, o 11 de novembre de 1479 (ler en liña (en francés))
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Condado_de_Boulogne&oldid=7216348»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp