A época previa á convocatoria do Concilio Vaticano II caracterizárase pola existencia de grandes cambios dentro do seo daIgrexa católica. Por un lado, xurdiran novas correntesteolóxicas; teólogos católicos comoKarl Rahner,Joseph Ratzinger,Yves Congar ouHans Urs von Balthasar abriran novos camiños ao pensamento cristián; por outro, osbispos tiñan que afrontar unha nova situación política, económica, social e técnica. Ademais, o inconclusoConcilio Vaticano Primeiro, case un século antes, deixara moitas cuestións dogmáticas sen fixar.
Paulo VI, papa que pechou o Concilio.
O PapaXoán XXIII anunciou a súa vontade de convocar o concilio apenas tres meses após ter sucedido aPío XII. O seu obxectivo facéndoo era, segundo el mesmo, "Abrir as fiestras da Igrexa para que poidamos mirar cara fóra e a xente poida mirar cara dentro". De feito, non só invitou a todos os bispos da Igrexa ao concilio, senón que tamén a representantes dosprotestantes eortodoxos.
Venerabili Fratelli e Diletti Figli Nostri! Pronunciamo innanzi a voi, certo tremando un poco di commozione, ma insieme con umile risolutezza di proposito, il nome e la proposta della duplice celebrazione: di un Sinodo Diocesano per l'Urbe, e di un Concilio Ecumenico per la Chiesa universale.
(Venerables irmáns e amados fillos nosos! Pronunciamos diante de vós, certamente que tremendo un pouco da emoción, pero tamén con humilde resolución de propósito, o nome e a proposta da dupla celebración: un Sínodo diocesano para a Cidade (Roma) e un Concilio Ecuménico para a Igrexa universal)
O mesmo Xoán XXIII, co Motu ProprioConsilium[2], marca o11 de outubro de1962 como data de comezo do Concilio.
A data foi escollida lembrando oConcilio de Éfeso, este declarou á Virxe María como Nai de Deus cuxa festa se celebraba, no calendario litúrxico anterior ao concilio, o 11 de outubro.
O Papa abriu o concilio o día11 de outubro de1962 nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso tituladoGaudet Mater Ecclesia (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral.
Os temas tratados nesta primeira época do Concilio incluían aliturxia, a misa, as igrexas orientais que recoñecían o Papa e a natureza da revelación.
Estas conversacións remataron o8 de decembro dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do PapaXoán XXIII o3 de xuño de1963.
Tras ser elixido como Papa,Paulo VI continuou co labor conciliador do seu predecesor. O29 de setembro facía público un documento no que estabelecía claramente os catro obxectivos do Concilio:
Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo.
Renovar a Igrexa.
Reunificar todas as confesións cristiás.
Comezar a dialogar co mundo actual.
Neste segundo período, os bispos aprobaron a constituciónSacrosantum Concilium (relativa á liturxia) e o documentoInter Mirifica (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O4 de decembro cerrouse a segunda sesión.
Empezada o14 de setembro de1964, baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos:Unitatis Redintegratio (sobre oecumenismo ou reunificación dos cristiáns),Orientalium Ecclesiarum (sobre as Igrexas orientais) eLumen Gentium (sobre a mesma Igrexa católica).
A cuarta e última sesión do concilio e a terceira presidida por Paulo VI abriuse o14 de setembro de1965. Aprobáronse catro documentos:
Dignitatis Humanae (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos bispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión.
Gaudium et Spes, que supuxo unha renovación do papel da Igrexa na sociedade actual.
Ad Gentes, referido aos misioneiros.
Presbyterorum Ordinis, que regulamentou o sacerdocio.
Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúeseChristus Dominus (sobre os bispos),Perfectae Caritatis (sobre as ordes relixiosas),Optatam Totius (sobre a educación dos sacerdotes),Gravissimum Educationis (sobre a educación cristiá) eApostolicam Actuositatem (sobre o papel dos laicos).
Coa aprobación deNostra Aetate, a Igrexa deixou claro que os xudeus de hoxe en día teñen tanta culpa sobre a morte de Cristo coma os propios cristiáns.
Un dos momentos máis salientábeis do período conciliar foi o encontro dePaulo VI e oPatriarca Atenágoras, ortodoxo, símbolo do achegamento das dúas igrexas.
Se cadra, a constitución máis importante de todo o Concilio Vaticano II foiLumen Gentium.
No seu primeiro capítulo, establécese claramente que "a única Igrexa de Cristo" é a Igrexa católica, fundada por Cristo na persoa deSan Pedro. Malia todo, engade o documento, "moitos elementos de santificación e de verdade poden atoparse fóra dos seus límites".
No segundo capítulo, ensínase que o desexo de Deus é salvar á humanidade en conxunto. Por iso, tódolos pobos do mundo están invitados á Igrexa; e incluso aqueles que non pertencen a ela poden estar, dalgunha forma, "ligados a ela", co que se suxire que os protestantes, os ortodoxos e, incluso, os xudeus e musulmáns, poden atopa-la salvación dentro das súas propias crenzas.
O terceiro capítulo esténdese sobre a figura do Papa como líder da Igrexa e mailos seus cardeais e bispos. Nos seguintes capítulos, menciónanse numerosos aspectos da Igrexa, algúns deles moi controvertidos, como o referente áVirxe María.
O efecto máis inmediato do Concilio Vaticano II foi o estabelecemento dunha liturxia máis achegada ó pobo, que incluía a substitución dolatín polas linguas propias de cada lugar, para facilita-la comprensión dos fieis e que en Galicia foi liderada porQuiroga Palacios.[Cómpre referencia]
Algo semellante ocorreu cos textos sagrados (a Igrexa comprometeuse a traducilos ás linguas de cada lugar).
Marcel Lefebvre, un dos máis coñecidos críticos do Concilio, en 1976.
Algúns[quen?] católicos especialmente conservadores manteñen que o Concilio Vaticano II afastou á Igrexa dos seus principios.[Cómpre referencia] Defenden que:
A Igrexa debería considerarse o único e excluínte camiño á salvación de Cristo.
Non debería permitirse a liberdade de culto.
Debería mencionarse o Xuízo trala morte e a existencia do Ceo e do Inferno.
A crenza da infalibilidade daBiblia debería ter sido afirmada.
O latín debería seguir sendo a lingua litúrxica.
Así e todo, estes grupos son moi reducidos e a Igrexa católica en xeral aceptou o contido do Concilio.