Solna é un municipiosueco (kommun) docondado de Estocolmo,[1] situado xusto ao norte do centro da cidade deEstocolmo. A súa capital é Solna e a meirande parte das densamente poboadas áreas do concello forman parte da área urbana de Estocolmo,[2] coa excepción de Sörentorp (coa antiga academia de policía) que no ano 2015 separouse de Estocolmo e incluíuse na agolomeración urbana de Upplands Väsby e Sollentuna.
Solna é o terceiro concello máis pequeno de Suecia en extensión, cunha superficie de tan só 20 km². En termos de poboación Solna é o 27º municipio máis grande do país, con 84 620 habitantes en 2022.[3]
O municipio de Solna está no sur dolandskap de Uppland. Ao sueste, sur e suroeste limita co concello de Estocolmo, ao oeste co deSundbyberg, ao noroeste co de Sollentuna e ao nordés co municipio de Danderyd, todos eles no condado de Estocolmo.