Oconcelleiro ouconcelleira,[1] ouedil,[2] é cada unha das persoas membros do pleno dunconcello, elixida democraticamente cada catro anos naseleccións municipais, dentro daslistas electorais de cadapartido ou coalición política que se presenta ás eleccións.
Os candidatos escollidos para a corporación local son os concelleiros, a eles correspóndelle fiscalizar ao executivo local, aprobar as regulacións municiapais e os orzamentos.[3] Os concelleiros poden formar parte do grupo de goberno municipal, se sosteñen aoalcade, ou poden formar parte do grupo ou grupos da oposición, se non apoian ao alcalde.
EnEspaña, os concelleiros deben escoller entre eles ao alcalde no primeiro pleno logo das eleccións locais e poden cesalo mediante unhamoción de censura.[4] Noutros estados, a elección dos alcaldes é feita directamente pola cidadanía, polo que a tarefa dos concelleiros pasa por controlar a acción deste. Os concelleiros que forman parte do grupo de goberno poden ter unha ou máis materias dedicadas (facenda,seguridade cidadá,deporte,turismo ...) segundo a concellería que se lles atribúa. No caso español, estas a delegación de competencias están reguladas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, así como a 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a 40/2015, de 2 de ocutubro, do réxime Xurídico do Sector Público.[5][6] Especialmente, enGalicia, tamén se aplica a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
O cargo de concelleiro pode ser remunerado, o que acostuma ocorrer nosmunicipios grandes. Os concelleiros do grupo de goberno poden formar parte da comisión de goberno do municipio.[7]
O número de concelleiros de cada municipio varía segundo a súapoboación de dereito, é dicir, a censada nopadrón municipal.
O seu estatuto e a súa función están regulados por disposicións dedereito político edereito administrativo. No caso de pasamento ou renuncia dun concelleiro, en España, ocupa o cargo o seguinte membro da candidatura por orde de colocación da lista electoral presentada.[8]
![]() | Este artigo sobrepolítica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre. Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |