Acomunicación[1] (dolatíncommunicare, "tornar común", "trocar ou asociar opinións", "conferenciar") é unha función dalinguaxe, considerada comunmente como primordial.
Comunicarse, significa polo tanto, estar en relación con; representa a acción de pór en común, de compartir ideas, sentimentos, actitudes. É un intercambio de experiencias socialmente significativo, un esforzo para a converxencia de perspectivas. A comunicación é a resposta dun ser vivo a un estímulo. Se o estímulo é ignorado polo individuo, non hai comunicación, pois amensaxe sen resposta non pode considerarse un acto comunicativo. Polo tanto, a comunicación implica a participación dunemisor e un receptor que interaccionan intercambiando mensaxes, emitindo e recibindo información.
Función comunicativa: considérase como base para o desenvolvemento lingüístico. A linguaxe posibilita a integración do suxeito no medio social; é o vehículo regulador de comportamentos, relacións afectivas e sociais así como soporte de regras culturais.
Dependendo das clases de signos que se empregue, diferénciase a comunicación non verbal e a comunicación verbal.
En moitas ocasións os signos verbais e os signos non verbais combínanse nunha mensaxe, dando lugar a formas mixtas de comunicación. Un exemplo sería unanuncio publicitario, ocinema ou unhabanda deseñada.
Se se atende á relación que se establece entre emisor e receptor, diferénciase unha comunicación unilateral e outra comunicación bilateral. Acomunicación unilateral prodúcese cando o receptor non se converte en emisor. Sucede nossinais de tráfico. Acomunicación bilateral prodúcese cando o receptor se pode converter á súa vez en emisor. Sucede nunha conversa.
A comunicación non verbal axuda a que persoas de linguas diferentes poidan alcanzar un grao de comprensión
A comunicación non verbal consiste en transmitir significados na forma demensaxes non verbais. Empréganse signos non lingüísticos. Exemplos de comunicación non verbal inclúen osxestos, asexpresións faciais, aexpresión corporal, ocontacto visual, a maneira de vestir, aháptica (comunicación por medio dotacto), acronémica (significado do tempo na comunicación) e akinésica (linguaxe corporal), entre outros. A mesmacomunicación oral contén elementos non verbais como aparalingüística (elementos non verbais que acompañan á lingüística, por exemplo tons de sorpresa, interese, desinterese,medo,cansazo,insinuacións etc.) Segundo estudos, o 55 % da comunicación humana dáse por medio de expresións faciais non verbais e un 38 % por medio da paralinguaxe.[2] Isto inclúe a mesmacomunicación escrita na que é posible determinar sentidos no estilo deescritura, a distribución de espazos entre palabras e o uso deemoticonas para transmitir emocións. Neste sentido, para transmitir unha mensaxe empréganse cores, como a marca azul e vermella das billas, sons como a sirena dunhaambulancia e xestos, como chiscar un ollo.
Algúns dos propósitos da comunicación non verbal inclúen a complementación e ilustración da mensaxe parareforzar ouenfatizalo,substituír,controlar ouregular e mesmocontradicir. Isto dálle unha grande importancia á comunicación non verbal porque contribúe a reforzar as ideas e propósitos doemisor e axuda aoreceptor a unha mellor decodificación da mensaxe que recibe.
A comunicación verbal ou comunicación lingüística é aquela que emprega as palabras como signos. Non pode ser illada dunha serie de factores para que sexa efectiva, o que inclúe a comunicación non verbal, as habilidades de escoita e a clarificación. Alinguaxe humana pode ser definido como un sistema desímbolos ou signos lingüísticos, coñecidos comolexemas eregras gramaticais nos que os símbolos son manipulados. A palabra "linguaxe" refírese ademais ás propiedades comúns do mesmo. Con estes signos represéntanse os obxectos e feitos da realidade, e uníndoos mediante as regras dagramática constrúense mensaxes complexas, é dicir, asoracións, coas que se representan pensamentos. No caso de que dúas persoas falen a mesma lingua, recoñecerán os signos que cada un pronuncia e o seu significado, de tal forma que evocará na mente un pensamento ou unha idea que é a que se quería transmitir.
Aaprendizaxe deste ocorre normalmente e de forma intensa durante os anos danenez humana. A maioría dosidiomas no mundo empregansons exestos comosímbolos que posibilitan a comunicación con outras linguaxes, os que tenden a compartir certas propiedades, aínda que existen excepcións. Non existe unha liña definida entre unha linguaxe e undialecto. Aslinguas construídas como oesperanto, alinguaxe de programación e varios formalismos matemáticos, non están necesariamente restrinxidos polas propiedades compartidas pola linguaxe humana.
Fundamentalmente a comunicación verbal é oral, empregando palabras pronunciadas coa voz. Tamén pode ser escrita. Na escritura transfórmanse os sons en letras, e as palabras pronunciadas en palabras gráficas.
A comunicación escrita, a diferenza da verbal, ten outra maneira de interacción entreemisor ereceptor, producíndose notempo ou mesmo nunca, aínda que o escrito pode perdurar. A través dahistoria, este tipo de comunicación desenvolveuse grazas ao impacto dastecnoloxías e daciencia. Estes procesos de desenvolvemento divídense en tres etapas: Ospictogramas como as formas máis primitivas de escritura humana; o desenvolvemento dealfabetos en diferentes linguas escritos sobre soportes físicos como apedra, acera, aarxila, opapiro e, finalmente, opapel; e por último a información transmitida a través demedios electrónicos.
A comunicación escrita require a habilidadeinterpersoal deprocesar,escoitar,observar,falar,cuestionar,analizar,xestar eavaliar en tal xeito que se posibilite acolaboración e acooperación. Os malentendidos poden anticiparse e resolverse a través de formularios, preguntas e respostas,parafraseo, exemplos e historias.[4]
Modelo de comunicación tipo jacobsoniano con elementos e funcións.
Os seguintes son os elementos básicos da comunicación:
Código: É un conxunto de signos que se combinan seguindo unhas regras (semántica) e que permiten a súa interpretación (decodificación), polo que o emisor elabora a mensaxe. O receptor tamén ten que coñecer o código para interpretar a mensaxe.
Canal: O medio físico a través do que se transmite a mensaxe dende o emisor ata o receptor.
Emisor: É a persoa que ten a intención e que se encarga de transmitir unha información (mensaxe), para o que necesita elaborala e enviala ao receptor. Esta persoa escolle e selecciona os signos que lle conveñen, é dicir, realiza un proceso de codificación; codifica a mensaxe.
Receptor: A persoa a quen vai dirixida a mensaxe e quen recibe a mensaxe e o interpreta. Realiza un proceso inverso ao do emisor, xa que descifra e interpreta os signos escollidos polo emisor, é dicir, descodifica a mensaxe.
Mensaxe: No sentido máis xeral, é o obxecto da comunicación. Está definido como a información ou secuencia de signos que o emisor elabora e envía ao receptor a través dun canal de comunicación ou medio de comunicación determinado.
Situación,situación comunicativa oucontexto: No sentido máis xeral, é o espazo onde se desenvolve o acto ou situación comunicativo. É o conxunto de circunstancias que afectan tanto o emisor como o receptor, e ademais condicionan a interpretación da mensaxe. Tanto emisor como receptor deben ser conscientes das circunstancias dese acto comunicativo, que nunha conversa se dá por sabido, para que sexa eficaz a comunicación.
Os seguintes son os elementos básicos mecánicos da comunicación:
Fonte ouemisor (remitente): Dispositivo que xera os datos para transmitir, por exemplo teléfonos ou computadores persoais.
Transmisor: Transforma e codifica a información, xerandosinais electromagnéticos que poden ser enviadas a través dalgún sistema de transmisión. Por exemplo unhaantena.
Sistema de transmisión: Pode ser dende unha sinxela liña de transmisión ata unha complexa rede que conecta a fonte co destino.
Receptor: É a persoa que recibe, acepta e interpreta o sinal (mensaxe) proveniente do emisor e a transforma de tal xeito que poida ser manexada polo destinatario. Por exemplo, unharadio ou untelevisor.
Destino,destinatario oudestinación: Toma os datos do receptor, por exemplo aaudiencia.
↑Mehrabian, A. (1972).Nonverbal communication. Transaction Publishers.
↑Gallazzi, C.; B. Kramer, S. Settis,Il papiro di Artemidoro, con la colaboración de G. Adornato, A. C. Cassio, A. Soldati. Milano, Led edizioni, 2008,ISBN 978-88-7916-380-4
↑Heyman, Richard. Why Didn't You Say That in the First Place? How to Be Understood at Work.
Griffin, Emory A.,A first look at communication theory. 3rd edition, Nova York: McGraw-Hill, 1997.ISBN 0-07-022822-1(eninglés)
Littlejohn, S. W.,Theories of human communication. 7th edition, Belmont, CA: Wadsworth, 2002.(eninglés)
Miller, K.,Communication Theories: Perspectives, processes, and contexts. 2nd edition. Nova York: McGraw-Hill, 2005.(eninglés)
Werner, E., «Cooperating Agents: A Unified Theory of Communication and Social Structure.»Distributed Artificial Intelligence, Vol. 2, L. Gasser e M. Huhns, eds., Morgan Kaufmann e Pitman Press, 1989. Abstract(eninglés)
Werner, E., «Toward a Theory of Communication and Cooperation for Multiagent Planning.»Theoretical Aspects of Reasoning About Knowledge: Proceedings of the Second Conference, Morgan Kaufman Publishers, pp. 129-143, 1988.AbstractPDF.(eninglés)
Witzany, G.,Biocommunication and Natural Genome Editing. Springer Verlag, 2009.(eninglés)