Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Combustible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Combustíbel»)
Antracita

Uncombustible oucombustíbel[1] é calquera substancia que reacciona coosíxeno de forma violenta, con produción de calor, chamas e gases. Supón a liberación dunhaenerxía da súa forma potencial a unha forma utilizable (por ser unhareacción química, que se coñece comoenerxía química). En xeral trátase de algo susceptible dequeimarse, pero hai excepcións que se explican a continuación.

Hai varios tipos de combustibles. Entre oscombustibles sólidos inclúense ocarbón, amadeira e aturba. O carbón quéimase en caldeiras para quentar auga que pode vaporizarse para mover máquinas avapor ou directamente para producir calor utilizable en usos térmicos (calefacción). A turba e a madeira utilízanse principalmente para a calefacción doméstica e industrial, inda que a turba se utilizou para axeración de enerxía: as locomotoras que empregaban madeira como combustible eran comúns no pasado.

Entre os combustibles fluídos, áchanse oslíquidos como ogasóleo, oqueroseno ou agasolina (ounafta) e osgasosos, como ogas natural ougas licuado de petróleo (GLP), representados polopropano e obutano. As gasolinas, gasóleos e ata os gases, úsanse paramotores de combustión interna.

Inda que pouco utilizado, é tamén combustible ohidróxeno, e amais élimpo, pois ó combinarse coosíxeno deixa como residuo vapor de auga.

Nos corpos dos animais, o combustible principal está constituído porcarbohidratos,lípidos,proteínas, que proporcionan enerxía para osmúsculos, o crecemento e os procesos de renovación e rexeneración celular.

Impropiamente chámase taméncombustibles ás substancias empregadas para producir areacción nuclear no proceso defisión, cando este proceso non é propiamente unha combustión.

Tampouco é propiamente un combustible ohidróxeno, cando se utiliza para proporcionar enerxía (e en grandes cantidades) no proceso defusión nuclear, no que se funden atomicamente dous átomos de hidróxeno para converterse nun dehelio, con gran liberación de enerxía. Este medio de obter enerxía non foi dominado inda polo ser humano (máis ca na súa forma máis violenta, abomba nuclear de hidróxeno, coñecida como Bomba H) pero no universo é común posto que é a fonte de enerxía dasestrelas.

Oscombustibles fósiles son mesturas decompostos orgánicos mineralizados que se extraen do subsolo co obxecto de producirenerxía porcombustión. A orixe deses compostos son seres vivos que morreron fai millóns de anos. Considéranse combustibles fósiles ócarbón, procedente debosques do períodocarbonífero, opetróleo e ogas natural, procedentes doutros organismos.

Características

[editar |editar a fonte]

A principal característica dun combustible é o seupoder calorífico, ou asquilocalorías desprendidas pola combustión completa dunquilogramo do combustible.

Táboa dos Elementos máis utilizados como combustibles

Combustiblekcal/kg
Acetileno11.600 kcal/kg
Propano
Gasolina
Butano
11.000 kcal/kg
Gasóleo10.200 kcal/kg
Fuel-oil9.600 kcal/kg
Antracita8.300 kcal/kg
Coque7.800 kcal/kg
Alcohol de 95º6.740 kcal/kg
Lignito4.800 kcal/kg
Turba4.700 kcal/kg
Hulla4.000 kcal/kg

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraCombustible.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Combustible&oldid=5467703»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp