Colonia[1] (enalemán:Köln, enkölsch:Kölle) é a cuarta cidade máis grande deAlemaña despois deBerlín,Hamburgo eMúnic, e é a maior cidade no Estado Federal deRenania do Norte-Westfalia, con 1.087.863 habitantes no ano 2019. É unha das máis antigas cidades de Alemaña, xa que foi fundada polosromanos no ano30 AC. Colonia recibiu o status de "cidade" romana no ano50 DC.
Colonia está bañada poloRhin. Na súa coñecida catedral, de estiloneogótico, (Kölner Dom) ten a súa sede o Arcebispado de Colonia. AUniversidade de Colonia (Universität zu Köln) é unha das máis antigas deEuropa e é internacionalmente recoñecida polo seu departamento de económicas. Tamén é importante para a cidade acervexaKölsch.
A historia de Colonia ten como preámbulo as campañas deCésar nolimes setentrional doimperio. Axudado polosubios, que habitaban na beira oriental doRin, exterminou oseburóns da beira occidental[2]. Tempo despois, no ano-19 (e non no-38 como se pensaba),Agripa accedeu a que os ubios se asentasen nesa beira (a esquerda), nun lugar elevado a salvo das crecidas: un poboado por iso nomeadoOppidum Ubiorum[3].
Semella que entre o ano-16 e o-12, un campamento (posiblemente unha lexión) situouse a carón e o lugar foi compartido polos romanos coma base da conquista deXermania. Cruzamento ademais de vías na rexión con porto na illa de diante dooppidum, de seguida foi tamén un centro relixioso coa erección en volta do cambio de era doAra Ubiorum (Altar de Roma e Augusto ou dos ubios) e que así mesmo vai nomear á vila.
Acontecemento decisivo, en50 foi elevada acolonia romana co nome deColonia Claudia Ara Agripinensium (polo desexo da emperatrizAgripina que nacera, filla de Xermánico, no Oppidum Ubiorum en15). Despois, no ano83, foi designada capital da provincia da Xermania Inferior.
Colonia (C C A A), reconstrución no século IV.
De planta regular reticulada (1km2) e amurallada (seica no89), converteuse nunha importante cidade, a maior ao norte dosAlpes, centro comercial cos territorios xermánicos, que albergaba uns 30.000 habitantes[4]. Posuía Capitolio arredor dun templooctóstilo, construíuse un novo Pretorio e asemade un gran acueduto e o porto da frota romana do Rin (Altenburg, uns quilómetros ao sur), mentres o porto da cidade tiñahorrea (almacéns) na illa do Rin, que a poucos foi unida a terra firme. O apoxeo da vila mantívose noséculo II ata a crise do imperio na terceira centuria da nosa era[5].
Capital dun efémero imperio gálico a metade doséculo III, semella que pouco despois foron refeitas as murallas e recibiu un asalto dos francos (276). O emperadorConstantino construíu a primeira ponte permanente sobre o Rin (seica desaparecida xa no século X) cunha fortaleza na beira oposta (Divitia, 310). Os saqueosfrancos sucedéronse durante oséculo IV ata que a vila caeu definitivamente no seu poder en459.
Aínda residencia real dos francosmerovinxios (rexia no Pretorio), oscarolinxios a trasladaron aAquisgrán. Porén, no mesmo tempo, Colonia foi elevada a arcebispado (795) consolidando así un novo poder na cidade. Os arcebispos serán Príncipes Electores doSacro Imperio e nos cinco séculos seguintes as fundacións relixiosas baixo a éxida episcopal van conformar un organismo urbano único, urdido cunha coroa de ata trece grandes igrexas e conventos, pequenas cidades de seu dentro da cidade[6][7].
Bispado xa dende313 o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro doDomo actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivosmartyria en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o reiClodoveo I en 496) favoreceu o enriquecemento daquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fóra de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
S.Pantaleón, fachada (Westwerk).
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo viquingo do882, tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
Evo. das murallas (ata 1108 laranxa).
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperadorOdón I) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (aRheinvorstadt). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña,Alter Mark eHeumarkt (o mercado vello e o do feo)[8]. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortalezaDivitia) outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.
Os comerciantes e burgueses comezaron a sublevarse contra o poder episcopal en 1074 e coa axuda do emperadorHenrique IV, en 1106 acadaron certa autonomía. De resultas e contra o desexo arcebispal, novas murallas foron levantadas en 1108 incluíndo os arrabaldes que tiñan crecido arredor das igrexas extramuros ao norte (Sta. Úrsula e S. Kuniberto), sur (S. Xurxo), e oeste (Santos Apóstolos)[9][10]. A primeira mención do concello de Colonia data de 1135 (aRathaus situouse sobre as fundacións do Pretorio romano, nas costas do mercado vello e S. Martiño, cunha praza de diante no canto do gueto xudeu que foi destruído).
En 1288, tralo exilio dos arcebispos aBonn, Colonia conseguiu a plena autonomía municipal comacidade imperial libre de feito (de dereito en 1475). Nos dous séculos precedentes baixo o báculo arcebispal todas as grandes igrexas da cidade foron ampliadas ou reconstruídas compoñendo un dos conxuntos arquitectónicosrománicos máis excepcionais[11].
Stos. Apóstolos.S. Xereón, cúpula do decágono.
Como remate (novamente contra a vontade do arcebispo), entre 1180 e 1220 os diferentes burgos amurallados foron unificados dentro dun único novo cinto de fortificacións que comprendía máis de 400 Ha, o maior deEuropa (9 km con 12 portas). Tan extenso que esa configuración distintiva da urbe (media lúa) vaise manter ata o século XIX[12].
Situada estratexicamente no cruzamento de rutas entre leste e oeste coa ampla vía comercial que o Rin significaba entre o sur e o norte, dende o século X a cidade prosperara da man do tráfico no seu porto. En1260 Colonia uniuse áLiga Hanseática selando o florecemento futuro.
En 1248, aínda o arcebispo puxera a primeira pedra da novacatedral gótica. Pero ía ser o patriciado burgués o que tentaría levantar un templo que daría a imaxe da ambición e puxanza da vella cidade, un dos edificios máis impoñentes do medievo. O relativo fracaso da empresa (rematouse no final do XIX) sinala tamén os fracasos políticos e económicos de Colonia durante aidade moderna.
Panorámica de Colonia dende o Rin; Anton Woensam (1531): dende S. Severino (esq.) ata S. Kuniberto (der.); no centro S. Martiño e a Catedral en construción.
Só a torre do concello (1414) e a igrexa dos xesuítas foron as únicas construcións monumentais nos cinco séculos seguintes. O coro da catedral fora consagrado en 1322 pero pouco a pouco abandonáronse as obras e no 1560 suspendéronse definitivamente por razóns financeiras. Despois, durante trescentos anos, as grúas sobre a estrutura foron o símbolo visible do estancamento da cidade. A puxanza comercial crecente dosPaíses Baixos na foz do Rin e a paralela perda de relevancia da Liga Hanseática, ademais dos conflitos permanentes cos arcebispos desterrados e os protestantes labraron o estancamento económico de Colonia (non contares con corte na época dohumanismo eabsolutismo privou derenacemento ebarroco destacables á cidade). AGuerra dos Trinta Anos (1618-48) puxo a puntilla ó declive.
Precisamente a causa da guerra as murallas foron reforzadas cun sistema de baluartes nun amploglacis. Tamén neste período (dende 1560) efectuáronse obras de canalización das beiras do Rin (en Deutz) para previr inundacións.
No oeste da vila, ao final dodecumanus romano e a carón dos Santos Apóstolos, foise configurando un espazo aberto ao que o concello trasladou o mercado de gando. A prazaNeumarkt rematou noséculo XVIII coma lugar de paseo e lecer dos cidadáns.
Trala breve ocupación napoleónica a cidade pasou a poder doestado prusiano (1815). Un inicio de industrialización levou ó primeiro crecemento de poboación (dende que na época romana e medieval se estabilizara entre 30.000 e 50.000 habitantes; se en 1822 aínda tiña 56.000 en 1855 xa tiña 107.000). De resultas, tamén se puxo en marcha un primeiro plan de ordenación, renovación (a vila estaba nun estado de abandono) e planificación do desenvolvemento (J.P.Weyer, 1822-44). Liberou os monumentos, creou prazas e zonas verdes, novas rúas nas amplas áreas sen urbanizar e un novo eixo leste-oeste entre a catedral e un parque fóra da muralla (Stadtgarten).
Dito eixo foi continuado ata a outra beira coa construción, despois de séculos, dunha ponte sobre o Rin (Dombrücke, 1859; substituída en 1911 pola Hohenzollerbrücke). Ponte ferroviaria que, nunha controvertida decisión, situou a estación central preto da catedral. O ferrocarril trouxo un aumento do tráfico de mercancías que reactivou o porto (novo peirao na ribeira sur, sacando partido a unha illa do río que alí había,Rheinauhafen, en 1898). Despois da guerra franco-prusiana de 1871 o forte pulo da industrialización levou ó crecemento da poboación ata os 640.731 habitantes en 1913.
Panorámica de Colonia dende o suroeste: a cidade histórica (Altstadt) e o ensanche (Neustadt) nos seus inicios; no medio o anel de bulevares (Kölner Ringe) no canto das murallas medievais. Noglacis, parques e ferrocarrís; ao fondo a primitiva ponte da Catedral (Dombrücke); J. Scheiner, 1880-90.
Signo da nova prosperidade, a catedral foi rematada (1842-80) ao tempo que as murallas medievais derrubadas (1881). No seu lugar e o doglacis, un plan de ensanche (J. Stüben, 1883[13]) cunha disposición radioconcéntrica (Ring ou anel de bulevares en dez seccións con inspiración nos modelos deViena eParís) ditada pola configuración semicircular da cidade histórica (que vaise repetir nos desenvolvementos futuros[14]). E ao igual que os seus modelos, estaNeustadt foi asento da nova burguesía frorecente[15].
No período de entreguerras (o daRepública de Weimar), conKonrad Adenauer coma alcalde, levouse a cabo o plan para a creación de cintos verdes (Grüngürtel) arredor da cidade consolidada do tempo (aproveitando a esixencia doTratado de Versailles de desmantelamento dos últimos baluartes defensivos que rodeaban a vila máis aló da Neustadt[16][17]). Neste período a vila foi tamén modélica en construción de vivenda social.
A ribeira medieval de Colonia na actualidade: San Martiño o Grande en primeiro termo; ao fondo a Catedral e á dereita apunta a torre daRathaus.
Nasegunda guerra mundial, a cidade histórica de Colonia foi devastada polos bombardeos. As labouras de reconstrución duraron toda a segunda metade doséculo XX sendo as vellas igrexas románicas unha prioridade. Atabula rasa na que se convertera aAlstadt foi aproveitada para a introdución de grandes arterias para o automóbil (que xa foran planificadas na época nazi). Sobre todo no eixo leste-oeste destruíron un tanto a beleza da Praza do Feo, aberta agora cunha ponte cara a Deutz[18]).
Nas últimas décadas a fronte medieval sobre o Rin ten sido convertido en parque coa transformación do primitivo porto en peirao de lecer. Por outra parte, oRheinauhafen do fin do XIX ten sido obxecto dunha reconversión urbana transformándose en área de oficinas e residencial[19]. O porto moderno foi desenvolvéndose con novos peiraos augas abaixo do río.
Aínda que a capitalidade deRenania do Norte-Westfalia foi situada enDüsseldorf e a federal na próximaBonn (ata 1990), a Colonia contemporánea desenvolveuse coma centro cultural, da industria editorial e medios de comunicación. OMedia Park (nunha antiga praia de vías férreas no NO da Neustadt, a carón do Stadtgarten) foi deseñado coma área de innovación para oséculo XXI. Tamén en Deutz, na beira oriental, estase a levar a cabo un ambicioso centro loxístico (estación do ferrocarril de alta velocidade), dotacional e comercial.
↑Planta de Colonia Agripina; aliñados fronte ao Rin: Templo do Capitolio no sur, no centro Altar dos Ubios (diante do Foro) e Pretorio a carón polo norte[1]Arquivado 02 de outubro de 2013 enWayback Machine.
↑As cidades episcopais, "Urbanismo occidental" páx 24 e sig., W.Braunfels.
↑Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)[2]Arquivado 23 de setembro de 2015 enWayback Machine.
↑Planta de Colonia coas murallas de 1108 e os grandes templos (o recinto exterior é o de 1180)[3]Arquivado 07 de marzo de 2016 enWayback Machine.
↑Mapa moderno do centro de Colonia coas diferentes seccións da historia da cidade ben diferenciadas: a Alstadt, o anel de bulevares (Ring), a Neustadt e o cinto verde (Grüngürtel) interior de 1922; nótese no río o peirao Rheinauhafen de 1898[5]Arquivado 12 de setembro de 2014 enWayback Machine.