Intestino groso humano. Véxase o colon ascendente, transverso e descendente.
Ocolon é a porción principal dointestino groso, onde se continúa absorbendoauga e nutrientes minerais dosalimentos e serve como área de almacenamento dasfeces. No home é un tubo muscular de aproximadamente unmetro e medio de longo.
O colon consta de catro seccións:
Colon ascendente ou dereito: é a primeira sección e comeza na área de unión cointestino delgado. A primeira porción do colon ascendente chámasecego e é onde oapéndice se une ó colon. O colon ascendente esténdese cara a arriba polo lado dereito do abdome.
Colon transverso: é a segunda sección e esténdese a través do abdome ó lado dereito cara ó lado esquerdo. Os seus dous extremos forman dous ángulos que se chaman:
O ángulo hepático do colon, localizado na lado dereito sendo a unión do colon ascendente co colon transverso.
O ánguloesplénico do colon, localizado no lado esquerdo, sendo a unión do colon transverso co colon descendente.
Colon descendente ou esquerdo: é a terceira sección e continúa cara a abaixo polo lado esquerdo.
Colon sigmoide ou sigma: é a cuarta sección e chámase así pola forma de S. O colon sigmoide únese órecto, e este únese óano
A parede de cada unha destas seccións do colon e do recto ten varias capas de tecido. Ocancro colorrectal orixínase na capa máis interna e pode crecer a través dalgunha ou de todas as demais capas.
O intestino groso serve para o proceso de absorción deauga e electrolitos (as substancias nutritivas foron xa absorbidas nointestino delgado) e de lugar de formación e reservorio das feces, polo que na súa estrutura histolóxica destaca a presenza decélulas epiteliais eglándulas de secreción democo.
A flora do colon colabora na conversión doamidón e os seus derivados a d-glicosa para que esta sexa absorbida, no proceso liberametano CH4 (en forma gasosa), o cal absórbese en función ás necesidades fisiológicas como cadeas de ácidos graxos.
A parte dereita do intestino groso recibe ramas da arteria mesentérica superior. A partir da metade do colon transverso, a parte esquerda recibe ramas daarteria mesentérica inferior; 1) arteria cólica esquerda; 2) arterias sigmoideas; 3) a rama terminal é a arteria rectal superior. As ramas da mesentérica superior e inferior anastomósanse no colon transverso. Asveas levan un curso análogo ó das arterias e van confluír na vea mesentérica inferior, que se une á esplénica e mesentérica superior para formar avea porta.
Non presenta glándulas, nin microvellosidades nin válvulas conniventes. Presenta, na serosa, evaxinacións. Unha evaxinación chea de tecido adiposo constitúe un apéndice epiploico.
No intestino groso hai unha gran cantidade de células caliciformes. As poboacións celulares epiteliais son as mesmas dointestino delgado, pero varía a cantidade.
Ás criptas intestinais adóitaselles chamar criptas de Lieberkuhn, e algúns chegan a falar de glándulas de Lieberkuhn.
Neuronas estreladas eferentes multipolares heterópodas forman parte dos ganglios intraparietales parasimpáticos.
Non difire do resto do tramo dixestivo que está innervado polosistema nervioso autónomo, máis que no feito de que ata o terzo proximal do colon transverso aproximadamente a innervaciónparasimpática provén dovago, mentres que máis distalmente recibe ramos do plexo sacro que provén damedula espiñal (núcleo parasimpático sacro localizado entre os segmentos S2 e S4). Ainnervación simpática procede dos nervios esplácnicos lumbares e sacros.
Endoscopia: Segundo a profundidade á que se introduza o endoscopio, pódese realizar unha rectoscopía, rectosigmoidoscopía ou sigmoidoscopía e colonoscopía, que pode ser parcial se non se chega a visualizar todo o colon e total se se alcanza ata cego.