Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Coloeus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coloeus
Grallas

Gralla cereixeira (Coloeus monedula)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Xénero:Coloeus
Kaup,1829
Especie tipo
Coloeus monedula
(Linnaeus,1758)[1]
Especies
Véxase o texto
Coloeus dauuricus. Lámina na obra deCoenraad Jacob Temminck eHermann SchlegelFauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións dePhilipp Franz von Siebold (que editou o texto).

Coloeus é unxénero deavespaseriformes dafamilia doscórvidos.

Comprende dúasespecies de pequenas aves que semellan serencorvos en miniatura e que son coñecidas vulgarmente comograllas,[2] unha delas, de distribucióneuropea, está presente enGalicia, mentres que a outra se distribúe poloExtremo Oriente (sueste deSiberia, sur deMongolia e gran parte daChina).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como unsubxénero deCorvus.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descricíón

[editar |editar a fonte]

O xénero foi creado en 1829 polonaturalistaalemánJohann Jakob Kaup,[3][4][5] nun traballo publicado na páxina 114 deSkizz.Entwick.-Gesch.Europ.Thierw.[6][7]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nomeColoeus é un termo dolatín científico tirado do nome co que nogrego antigo se denominaba ás grallas, κολοιόςkoloiós.[8][9]

Especies

[editar |editar a fonte]

No xénero recoñécense dúasespecies:[3][4][7][5]

Subespecies

[editar |editar a fonte]

A segunda das especies citadas comprende as seguintes catrosubespecies:[4][11][5]

  • Coloeus monedula(Linnaeus, 1758)
    • Coloeus monedula cirtensisRothschild & Hartert, 1912
    • Coloeus monedula monedula(Linnaeus, 1758)
    • Coloeus monedula soemmerringii(Fischer von Waldheim, 1811)
    • Coloeus monedula spermologus(Vieillot, 1817)

Nota taxonómica

[editar |editar a fonte]

Durante moitos anosColoeus considerouse como un subxénero deCorvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[12][13][14]

Características

[editar |editar a fonte]

De tamaño relativamente pequeno, tieñen o píleo (mitra oucu das aves), a parte frontal dorostro, asás e acola de cor negra, e o resto da súaplumaxe é gris.[10]

A especie oriental é máis pequena que a occidental, e as partes claras da súa plumaxe son máis claras que as da occidental, dunha cor gris clara na oriental, mentres que as da occidental son principalmente de cor gris escura. En cambio, o iris do ollo é máis claro na occidental e escuro na oriental. Ademais, na oriental a garganta e o centro do peito tamén son negros. Polo demais, as dúas especies son moi similares na súa forma corporal, comportamento e chamadas.[10]

Aínda que debido a isto poderiase argumentar que serían dúas subespecies dunha única especie, non secruzan nas zonas deMongolia onde as súasáreas de distribución se superpoñen.[10]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Zoonomen Nomenclatural data (2015) Alan P. Peterson.Corvidae. onsultada o 20 de xullo de 2022.
  2. gralla noDicionario da RAG
  3. 3,03,1Coloeus Kaup, 1829 noITIS.
  4. 4,04,14,2Coloeus, en Family Corvidae naIOC World Bird List. Version 9.1.
  5. 5,05,15,2Coloeus Kaup, 1829 naBioLib.
  6. Kaup, J. J. (1829).Skizzirte Entwickelungs-Geschichte und natürliches System der europäischen Thierwelt : Erster Theil welcher die Vogelsäugethiere und Vögel nebst Andeutung der Entstehung der letzteren aus Amphibien enthält. Darmstadt und Leipzig: Carl Wilhelm Leste. p. 114. 
  7. 7,07,1Coloeus Kaup, 1829 noGBIF.
  8. Cancik, Hubert & Schneider, Helmuth (2006): "The jackdaw", no capítulo "Crow" daBrill's New Pauly.
  9. Brown, R. W. (1954).Composition of Scientific Words: A Manual of Methods and a Lexicon of Materials for the Practice of Logotechnics.Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. p. 219. 
  10. 10,010,110,210,3Madge & Burn 2013, pp. 136-138.
  11. Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) noITIS.
  12. Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds".Molecular Phylogenetics and Evolution45 (3): 840–862.PMID 17920300.doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016. 
  13. Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005).Birds of South Asia: The Ripley Guide.Barcelona:Lynx Edicions.ISBN 978-84-8733-467-2. 
  14. Gill, F.; Donsker, D. (eds.)."Crows, mudnesters & birds-of-paradise".IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ColoeusModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Coloeus

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Madge, Steve & Burn, Hilary (2013):Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black.ISBN 978-1-4081-5738-1.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Coloeus&oldid=6263226»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp