Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Colectivismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais.
Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde novembro de 2017.)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2017.)
Colectivismo
 Instancia de
 Parte de
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/01qr5Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC96420161Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 102494
Wikidata C:Commons

Ocolectivismo é o desenvolvemento en grupo dunha teóría ou práctica. Adoita usarse este termo en oposición aoindividualismo. Algúnspsicólogos definen o colectivismo como unha síndrome de actitudes e comportamentos baseados na crenza de que a unidade básica de supervivencia recae nun grupo, non no individuo. O colectivismo abarca unha ampla categoría de filosofías non individualistas. O colectivismo é considerado por moitos diametralmente oposto aoindividualismo. Con todo, ambos os dous, o colectivismo e máis o individualismo, poden interpretarse de distinto xeito por diferentes persoas.

Algúns tipos de colectivismo sinalan que o ben do grupo é máis importante que o ben individual, outras alegan mentres que calquera grupo está finalmente feito de individuos, o individuo incidentalmente serve ao seu propio interese ao servir aos intereses do grupo (noutras palabras, en tanto o grupo prospera, todos os membros do grupo prosperan). Os detractores desta última posición alegan que é difícil, se non imposible, imaxinar que o beneficioso para un grupo, é sempre beneficioso para cada individuo que o integra. O colectivismo pode tamén estar asociado conaltruísmo, xa que o que é bo para o grupo pode concebiblemente requirir o sacrificio de, polo menos, algún interese individual.

Política

[editar |editar a fonte]

Algúns políticos colectivistas sosteñen que diferentes grupos teñen intereses competitivos, e que os intereses e características individuais están, de feito, vinculados aos intereses e características do seu grupo. Nesta liña de pensamento, considérase que as diferenzas entre grupos son máis significativas que as diferenzas individuais dentro dos grupos. Outros políticos colectivistas salientan a noción de igualdade e solidariedade, e ven a todos os seres humanos como parte dun mesmo grupo con intereses similares. Manteñen que a competencia e rivalidade, entre individuos ou pequenos grupos, é ante todo contra-produtiva ou prexudicial, e deberá entón substituírse por algunha forma de cooperación.

As críticas políticas ao colectivismo sosteñen que este salienta o grupo suprimindo osdereitos individuais, por exemplo, segundo os críticos do colectivismo, ademocracia pode ser vista como unha forma de colectivismo candoa maioría do grupo é capaz de diminuír a liberdade de individuos enminoría, simplemente porque constitúen a maioría. Así, os opoñentes ao colectivismo argumentan que unicamente os individuospoden lexitimamente ter dereitos, non os grupos, e avogan polaprotección constitucional dos dereitos individuais ante o mandato da maioría.

Economía

[editar |editar a fonte]

O colectivismo, en xeral, é un campo da economía que sostén que as cousas deben ser propiedade dun grupo (e supostamente usarse no beneficio de todos) máis que propiedade de individuos (propiedade privada). Osocialismo adoita asociarse con esta concepción filosófica, aínda que é de notar que non é aplicable a todas as visións existentes do socialismo. O concepto depropiedade colectiva resulta central neste punto de vista favorable ao grupo, en oposición ápropiedade privada. Algúns aplican isto só a bens de capital e terra, mentres outros colectivistas argumentan que todos os bens de consumo deben observarse comobens públicos, e son difíciles de, ou non deberíanprivatizarse; é o caso debens naturais, dedefensa nacional, dexustiza e deinformación.

Os comunistas cren que non soamente os medios de produción, senón o produto do traballo debería colectivizarse e os salarios abolirse. A conferencia de Florencia da Federación da Internacional, ao mostrar os principios anarcocomunistas, sinalou: "A Federación Italiana da Internacional considera propiedade colectiva aos produtos do traballo e como complemento necesario do programa colectivista…'"

os colectivistas consideran que confiar na elección individual para contribuír aos bens públicos leva afallos do mercado e a un problema de parasitismo. Vese entón que a acción colectiva, o cumprimento das autoridades e a presión ou coerción social, son o único xeito confiable de asegurar o abastecemento de bens ou servizos públicos.

Sociedades colectivistas

[editar |editar a fonte]

Existen moitos exemplos de sociedades ao redor do mundo que se caracterizaron a elas mesmas ou externamente como "colectivistas".

Por unha banda, existenestados socialistas, quecolectivizaron a maioría dos sectores económicos. Doutra banda, existen oskibutzim deIsrael (comunas voluntarias, onde as persoas viven e cultivan xuntos, e onde a propiedade é colectiva), e comunidades comoFreetown Christiania enDinamarca (un pequeno experimento político autónomo centrado ao redor dunha instalación militar abandonada enCopenhague) onde se vive un estilo de vida colectivista.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrepolítica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Colectivismo&oldid=7153643»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp