Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Coipú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coipú
Rango fósil: Plioceno tardío-Actual
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Rodentia
Familia:Myocastoridae
Ameghino, 1904
Xénero:Myocastor
Kerr, 1792
Especie:M. coypus
Nome binomial
Myocastor coypus
(Molina, 1782)

Ocoipú[2][3] (Myocastor coypus) é unha especie deroedor semiacuático grande e único membro da familiaMyocastoridae (miocastóridos). Orixinalmente era nativo da Suramérica tropical e temperada, pero foi introducida en Norteamérica, Europa, Asia, e África, principalmente para a obtención das súas peles.[4] Aínda que segue sendo valorado pola súapelaxe nalgunhas rexións, o seu comportamento alimenticio destrutivo e o feito de que escava tobeiras fai que estaespecie invasora sexa unha auténtica praga en moitas áreas e que se fagan esforzos por controlar as súas poboacións en varios países. Está incluído na lista das100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[5] daUnión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).

OM. coypus vive en tobeiras que escava ao longo das zonas húmidas. Aliméntase dos talos das plantas das ribeiras dos ríos.[6]

Etimoloxía e nomes

[editar |editar a fonte]

O seu nome científico de xénero deriva dogregomys ekástor (a través do latín castor), que significa 'rato-castor'.[7] O nome específicocoypus procede da voz koypu da lingua do pobomapuche chileno (mapudungun).[8][9]

En galego úsase para este animal o nome coipú.[2][3]Coipú ecoipo son os nomes máis usados para el na súa zona de procedencia deChile.[9][10][11] Menos frecuente é o nomequiyá, de orixetupí-guaraní usado enParaguai e países veciños. Na América hispánica, especialmente na zona andina, chámanlle a este roedornutria (que significa 'londra'), malia que o animal non ten nada que ver coas verdadeiras londras, que sonmustélidos e non roedores. Tamén se emprega o nomerata-nutria. O nomenutria pasou ao inglés debido ao comercio de peles, idioma onde tamén se chamacoypu ouriver-rat ('rata de río').[1][12][13][14] No Brasil o animal coñécese comoratão-do-banhado,nútria ou pola voz dalingua tupícaxingui. En francés chámaseragondin, en holandésbeverrat ('rata-castor'), en alemánWasserratte ('rata de auga'), termo tamén usado para outros roedores, en italianonutria ecastorino ('pequenocastor'), en suecosumpbäver ('castor de pantano') etc.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]
Cranio.

OM. coypus foi descrito porJuan Ignacio Molina en 1782 co nomeMus coypus, clasificado como membro do xénero dorato.[15] O xéneroMyocastor foille asignado en 1792 porRobert Kerr,[16] mentres queGeoffroy, independentemente de Kerr, nomeou esta especieMyopotamus coypus,[17] e ocasionalmente aínda hoxe é ás veces chamado por este nome.

Xeralmente recoñécense catro subespecies:[15]

  • M. c. bonariensis: norte da Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, sur do Brasil
  • M. c. coypus: centro de Chile, Bolivia
  • M. c. melanops: illa deChiloé
  • M. c. santacruzae:Patagonia

M. c. bonariensis, a subespecie presente na parte máis ao norte (subtropical) da súa área de distribución, crese que foi o tipo deM. coypus que normalmente foi introducido noutros continentes.[14]

Aspecto

[editar |editar a fonte]
Neste exemplar son ben visibles os grandes dentes laranxas da especie.

Este roedor lembra en parte unharata moi grande ou a uncastor cun rabo curto. Os adultos pesan normalmente de 4 a 9 kg (o máis habitual é entre 4,5 e 7 kg) e teñen unha lonxitude de 40 a 60 cm, cun rabo de 30 a 45 cm; non obstante, chegan a pesar ata 17 kg.[18][19][20] Teñen unpelame externo marrón escuro áspero con pelos máis internos suaves grises. Tres características distintivas son unha mancha branca no fociño, pés posteriores palmados eincisivos grandes de cor amarela-laranxa brillantes.[21] Asmamilas da femia están situadas bastante arriba nos seus flancos, o que permite que as crías se alimenten mentres a nai está na auga.

Ás veces oM. coypus pode confundirse conOndatra zibethicus (rata de almiscre), que é outro roedor semiacuático moi estendido que nalgunhas zonas ocupa os mesmos hábitats de zonas húmidas. Porén, a rata do almiscre é de menor tamaño e máis tolerante aos climas fríos e ten unha cola aplanada lateralmente que usa para nadar, mentres que a doM. coypus é redonda. Pode confundirse tamén cun pequeno castor, xa que ambas as especies teñen anatomías parecidas, pero as colas dos castores son aplanadas como pas.

Historia vital

[editar |editar a fonte]
Comportamentos doM. coypus.
imaxe en Full HD.

Pode vivir ata seis anos en caividade, pero normalmente é raro que vivan máis de tres anos. Segundo un estudo, o 80% dos individuos morre no seu primeiro ano de vida, e menos do 15% dunha poboación salvaxe ten máis de tres anos de idade.[22] Os machos chegan á madurez sexual xa aos catro meses, e as femias aos tres meses de idade; porén, ambos poden ter unha prolongada adolescencia, ata a idade de 9 meses.[23] Unha vez que as femias están preñadas, axestación dura 130 días, e paren desde unha soa cría a trece. As crías nacen con todo o pelo e cos ollos abertos; poden comer vexetación xunto cos seus pais ás poucas horas de nacer. As femias poden empreñar de novo o día seguinte de dar a luz.[23] Potencialmente, unha femia pode enxendrar tres veces ao ano. As crías son aleitadas durante de seis a oito semanas e despois abandonan as súas nais e fan vida independente.[23]

Ademais de reproducírense moi rapidamente, cada exemplar consome grandes cantidades de vexetación, que supoñen aproximadamente o 25% do seu peso corporal ao día, e aliméntase durante todo o ano.[23][24] Como é un dos roedores máis grandes que existen pode causar moitos danos na vexetación.[25][26] Comen a base dos talos das plantas e a miúdo escavan na capa orgánica dosolo para comer as raíces erizomas enterrados.[27] Orixinan nos ecosistemas zonas arrasadas onde desapareceu a maioría da biomasa da vexetación aérea ou enterrada, orixinando un ambiente salpicado de zonas destruídas, o cal altera o hábitat doutros animais e o dos humanos que dependen das marismas e pantanos.[28]

OM. coypus vive normalmente en marismas e pantanos de auga doce, pero tamén pode habitar en marismas salobres e máis raramente en marismas salgadas.[29][30]

Aspectos comerciais e medioambientais

[editar |editar a fonte]
Myocastor coypus

A extinción local na súa área de distribución nativa debido a un exceso de capturas levou a que se criase en granxas peleteiras a finais doséculo XIX e inicios doXX. As primeiras granxas exitosas establecéronse na Arxentina na década de 1920[31] e despois en Europa, Norteamérica e Asia. Estas granxas xeralmente non foron investimentos exitosos a longo prazo, e as granxas de coipús a miúdo deixaron libres ou escapáronselles os animais a medida que as súas operacións deixaron de dar beneficios. O primeiro intento de crear granxas de coipús fíxose en Francia a inicios da década de 1880, pero non foi un éxito.[31] As granxas suramericanas posteriores foron, ao contrario, moi rendibles e iso fixo que se creasen granxas similares en Norteamérica e Europa. Como os animais das granxas a miúdo escapaban ou eran liberados á mantenta para que servisen como animais de caza ou para eliminar a vexetación acuática, acabaron por establecerse poboacións silvestres.[32]

Un coipú sobre troncos.

Introducíronse nos ecosistemas deLouisiana na década de 1930, ao escaparen de granxas peleteiras que as importaran de Suramérica. A primeira importación fíxose en 1937, candoE. A. McIlhenny trouxo 13 exemplares á illa Avery.[33] Na década de 1940, algúns dos coipús escaparon durante unfuracán e poboaron rapidamente as marismas costeiras, pantanos do interior e outras áreas húmidas.[34] Desde Louisiana, o coipú estendeuse polo sur de Estadios Unidos, causando estragos nas marismas.

A medida que a demanda das peles de coipú foi declinando, o coipú pasou a converterse nunha praga en moitas áreas, destruíndo a vexetación acuática, marismas e sistemas de rego, e mordendo e estragando produtos como pneumáticos e paneis de madeira das casas en Louisiana, causando erosión nas ribeiras dos ríos e desprazando a animais nativos. Os danos en Louisiana eran dabondo graves desde a década de 1950 como para merecer a promulgación de leis para o seu control.[35]:3 A inicios da década de 2000, estableceuse o Coastwide Nutria Control Program, que empezou a pagar recompensas por coipú cazado en 2002.[35]:19–20 Na rexión dabaía de Chesapeake enMaryland, onde foran introducidos na década de 1940, estimábase que o coipú destruíra de 2.800 a 3.200 ha de marismas noBlackwater National Wildlife Refuge. Como resposta a esta situación, en 2003, púxose en marcha un programa multimillonario de erradicación.[36]

NaPenínsula Ibérica, non se estableceran poboacións libres na década de 1960, posteriormente a súa introdución procedeu de escapes e soltas desde granxas peleteiras deFrancia eCataluña desde principios dosanos 1970. Actualmente existen poboacións localizadas na vertente atlántica (Val de Arán enCataluña;Soba enCantabria; ribeira doBidasoa enGuipúscoa;Baztan,Valcarlos e exemplares dispersos na cunca doEbro, enNavarra). Tamén existen algúns núcleos de moi baixa densidade na vertente mediterránea catalá (Sant Feliù de Buixalleu e Arbúcies, noMontseny naprovincia de Xirona).[37] Non se estableceu en Galicia. A expansión destaespecie invasora limítase a zonas onde non baixa moito a temperatura en inverno. Debido ao seu potencialcolonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, oshábitats ou osecosistemas, foi incluída no Catálogo Español deEspecies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida enEspaña a súa introdución nomedio natural, posesión, transporte, tráfico ecomercio.

NoReino Unido o coipú introducírase en 1929 enAnglia Oriental, para crialo polas súas peles, pero moitos escaparon e danaron os sistemas de drenaxe e posteriormente un programa concertado poloMAFF o erradicou en 1989.[38] Porén en 2012, matouse enCounty Durham un animal que se sospeita que era un coipú.[39]

A carne de coipú é magra e baixa encolesterol, pero os intentos de introdcir a súa carne nos mercados foron infrutuosos. Unha compañía recibiu subvencións[40] para establecer unha fábrica en Louisiana para utilizar a carne de coipú para fabricar alimento para cans. En 2012, aLouisiana Wildlife Federation recoñeceu a esa compañía co premio ao "Negocio conservacionista do ano" por encontrar un uso para esa proteína ecosustentable.[41]

Nas antigas repúblicas soviéticas de Asia Central comercialízase a carne de coipú en mercados locais.[42] En 2016, a carne está usándose con éxito nun restaurante de Mosú, como parte do movemento rusolocálvoro e como unha modahipster.[42][43]

Ademais dos danos directos ao medio ambiente, o coipú hospeda onematodoparasitoStrongyloides myopotami, que pode infectar apel humana, causan do unha dermatite similar á daestronxiloidíase.[44][45]

Distribución

[editar |editar a fonte]

A distribución do coipú tende a contraerse ou expandirse cando se dan sucesivos invernos fríos ou suaves. Durante os invernos fríos, o coipú a miúdo sofre a conxelación das súas colas, que lle orixina infeccións e a morte. Como resultado as poboacións de coipús contráense e mesmo chegan a extinguirse localmente ou rexionalmente como nos paísesescandinavos e, nos Estados Unidos, nos estados deIdaho,Montana eNebrasca durante a década de 1980.[46] Durante as épocas con invernos suaves, tende a expandirse cara ao norte. Por exemplo, en anos recentes, expandiuse polos estados deWashington eOregón[47] eDelaware.[48]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1{{{assessors}}} (2008)."Myocastor coypus".Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo(eninglés).IUCN 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2009. 
  2. 2,02,1"coipú" en Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosto de 2019.
  3. 3,03,1Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 5. Páxina 477.ISBN 84-7680-288-9.
  4. LeBlanc, Dwight J. 1994.Prevention and Control of Wildlife Damage – NutriaArquivado 03 de febreiro de 2007 enWayback Machine..Animal and Plant Health Inspection Service.
  5. Lowe, S., M. Browne, S. Boudjelas, M. De Poorter (2004)."100 de las especies exóticas invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database"(PDF).Aliens (12): 12. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de xuño de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2010. 
  6. G. Grace, James B.; Marx, B.D.; Taylor K.L. "The effects of herbivory on neighbor interactions along a coastal marsh gradient.".American Journal of Botany84 (5): 709–715. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  7. Nutria.com, ed. (2007)."Nutria Biology". Consultado o 5 de setembro de 2007. 
  8. "Coypu".Collins English Dictionary (Complete & Unabridged 10th ed.). United States:Dictionary.com. Arquivado dendeo orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  9. 9,09,1Muñoz Urrutia, Rafael, ed. (2006).Diccionario Mapuche: Mapudungun/Español, Español/Mapudungun(en castelán) (2.ª ed.). Santiago, Chile: Editorial Centro Gráfico Ltda. p. 155.ISBN 956-8287-99-X. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  10. The American Heritage Dictionary of the English Language (2006)."Coypu"(en inglés) (4.ª ed.). Houghton Mifflin. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  11. Merriam-Webster Online Dictionary."Coypu"(en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  12. Horace T. Martin.Castorologia: or The history and traditions of the Canadian beaver. p. 35. 
  13. "Myocastor coypus". Consultado o 23 de setembro de 2011. 
  14. 14,014,1Carter, Jacoby.United States Geological Survey, ed."Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Nutria (Myocastor coypus) – South America]". Arquivado dendeo orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2007. .
  15. 15,015,1C. A. Woods, L. Contreras, G. Willner-Chapman, H. P. Whidden. 1992.Mammalian Species: Myocastor coypus. American Society of Mammalogists, 398: 1-8.
  16. ITIS Report."ITIS Standard Report: Myocastor". Consultado o 5 de setembro de 2007. 
  17. ITIS Report."ITIS Standard Report: Myopotamus". Consultado o 19 de decembro de 2007. 
  18. Capel-Edwards, M. (1967). "Foot-and-mouth disease in Myocastor coypus".Journal of comparative pathology (77(2)): 217–221. 
  19. Doncaster, C. P., Micol, T (1990). "Response by coypus to catastrophic events of cold and flooding".Ecography (13(2)): 98–104. 
  20. Hillemann, H. H., Gaynor, A. I., Stanley, H. P (1958). "The genital systems of nutria (Myocastor coypus)".The Anatomical Record (130(3)): 515–531. 
  21. Encyclopedia of Life (ed.)."Coypu - Myocastor coypus - Resumo". 
  22. Nolfo-Clements, Lauren E. (setembro de 2009)."Nutria Survivorship, Movement Patterns, and Home Ranges".Southeastern Naturalist (United States: Eagle Hill Publications)8 (3): 399–410.ISSN 1938-5412.doi:10.1656/058.008.0303. 
  23. 23,023,123,223,3"Biology".Nutria.Louisiana Department of Wildlife and Fisheries. Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  24. McFalls, Tiffany B.; et al. (setembro de 2010)."Hurricanes, floods, levees, and nutria: vegetation responses to interacting disturbance and fertility regimes with implications for coastal wetland restoration".Journal of Coastal Research (United States: Coastal Education & Research Foundation)26 (5): 901–11.ISSN 1551-5036.doi:10.2112/JCOASTRES-D-09-00037.1. 
  25. Hygnstrom, Scott E.; Timm, Robert M.; Larson, Gary E., eds. (1994)."Nutria". Internet Center for Wildlife Damage Management. Arquivado dendeo orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  26. "Detail (Coypu)".Barcelona Zoo. España: Barcelona City Council. Arquivado dendeo orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  27. Carter, Jacoby; et al. (marzo de 1999)."Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss".Wetlands (Springer)19 (1): 209–19.ISSN 1943-6246.doi:10.1007/BF03161750. 
  28. Ford, Mark, and J. B. Grace. 1998. "Effects of Vertebrate Herbivores on Soil Processes, Plant Biomass, Litter Accumulation and Soil Elevation Changes in a Coastal Marsh." Journal of Ecology 86(6): 974-982.
  29. Jordan, Jillian, and E. Mouton. 2011. "Coastwide Nutria Control Program 2010-2011." <http://www.nutria.com/uploads/1011CNCPfinalreport.pdf>
  30. Lyon, W.J., and J.B. Milliet. 2000. "Microbial Flora Associated with Louisiana Processed Frozen and Fresh Nutria (Myocastor coypus) Carcasses." Journal of Food Science 65(6): 1041-1045.
  31. 31,031,1National Wetlands Research Center (xuño de 2000). United States Geological Survey, ed. "Nutria, Eating Louisiana's Coast". 
  32. Carter, Jacoby, Billy P. Leonard. ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread Of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)."".JSTOR. data= 2002. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  33. Nutria, Eating Louisiana's Coast(PDF) (Informe). U.S. Geological Survey/National Wetlands Research Center. xuño de 2000. USGS FS-020-00. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  34. Bernard, Shane K (2002). ""M'sieu Ned's Rat? Reconsidering the Origin of Nutria in Louisiana: The E. A. McIlhenny Collection, Avery Island, Louisiana."".JSTOR. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  35. 35,035,1Scarborough, Janet; Mouton, Edmond (30 de xuño de 2007).Nutria Harvest Distribution 2006-2007 and a Survey of Nutria Herbivory Damage in Coastal Louisiana in 2007(PDF) (Informe). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2016. 
  36. "A Plague of Aliens"Arquivado 11 de outubro de 2009 enWayback Machine. Feb/Mar 2003 edition of National Wildlife magazine, published by theNational Wildlife Federation, article by Laura Tangley; acceso online o 8 de decembro de 2006.
  37. [1]Arquivado 10 de setembro de 2010 enWayback Machine. Atlas y libro rojo de los mamíferos de España.
  38. Gosling, Morris (4 de marzo de 1989). "Extinction to Order".New Scientist (Londres)121 (1564): 44–49. 
  39. "Police To Investigate Man Who Killed 4ft Rat". Sky. Arquivado dendeo orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012. 
  40. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016. 
  41. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016. 
  42. 42,042,1https://www.theguardian.com/world/2016/nov/18/hot-rat-is-so-hot-right-now-moscow-falls-for-the-rodent-burger
  43. "Rats! Rodent burger now the latest food craze in Moscow". 24 de novembro de 2016. 
  44. eMedicine (ed.)."Strongyloidiasis". 
  45. Bonilla; et al. (xuño de 2008)."Nutria Itch".Archives of Dermatology(eninglés)136 (6). Arquivado dendeo orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 06 de decembro de 2016. 
  46. Carter, Jacoby, Billy P. Leonard (2002). ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)"".Wildlife Society Bulletin (Spring)30 (1): 162–175. 
  47. Sheffels, Trevor Robert; Sytsma, Mark (decembro de 2007).Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest (Informe). Center for Lakes and Reservoirs Publications and Presentations, Portland State University. Consultado o2016-09-24. 
  48. Montgomery, Jeff (2012)."Invasive nutria found in Kent County".The News Journal (19 Jan 2012). delawareonline. Consultado o19 Jan 2012.Foi unha sorpresa, francamente," dixo o mércores Steve Kendrot, un xestor ds servizos de vida salvaxe do Departamento de Agricultura de EUA. "Non esparabamos atopalo tan ao norte. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Coipú
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Coipú

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Sandro Bertolino, Aurelio Perrone, e Laura Gola (xuño de 2005). ""Effectiveness of coypu control in small Italian wetland areas"".Wildlife Society Bulletin33 (2): 714–72. 
  • Carter, Jacoby e Billy P. Leonard (2002). ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)"".Wildlife Society Bulletin (Spring)30 (1): 162–175. 
  • Carter, J., A.L. Foote, e L.A. Johnson-Randall (1999). "Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss".Wetlands (19(1)): 209–219. 
  • Lauren E. Nolfo-Clements (2006).Tulane University, ed.Seasonal variations in habitat availability, habitat selection, and movement patterns of Myocastor coypus on a subtropical freshwater floating marsh. (conferencia). Nova Orleáns.ISBN 0-542-60916-9. 
  • Sheffels, Trevor e Mark Systma (decembro de 2007).""Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest""(PDF).Center for Lakes and Reservoir Environmental Sciences and Resources (Portland State University). Archived from the original on 05 de xuño de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Coipú&oldid=6974723»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp