Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cocoliche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cocoliche
 Instancia de
Identificadores
Freebase/m/0492_8Editar o valor en Wikidata
Wikidata
En cor azul, oGran Buenos Aires onde se desenvolveu o cocoliche.

Ococoliche foi unha fala oupidgin docastelán mesturado con diversosdialectos italianos do século XIX e comezos do século XX do norte e do sur de Italia (aAlta Italia ou Norte e aBaixa Italia ou Mezzogiorno, respectivamente).[1] O italiano do centro de Italia e o normativo tiveron moi pouca influencia. Os falantes dos dialectos italianos devanditos formaban, entre 1880 e 1930, máis dun 40 % da poboación da cidade deBuenos Aires, capital daArxentina.

Orixe

[editar |editar a fonte]

O cocoliche pode definirse como unha variedade mixta de castelán e de dialectos italianos cuxo uso era case exclusivamente falado (oral). Nesta especie depidgin, as formas léxicas italianas alternábanse coas castelás pola gran proximidadefiloxenética entre as linguas daPenínsula Ibérica e daPenínsula Itálica.

Tal variedade lingüística foi usada no teatro popular riopratense, nosainete e mesmo no circo crioulo, onde aparecía o personaxe cómico «Cocoliche», caricatura dun inmigrante italiano.

SegundoJosé Podestá,[2] o nome orixinouse no inmigranteAntonio Cuccoliccio, un peóncalabrés da súa compañía teatral, quen fora caricaturizado polo actor do grupoCelestino Petray, que tiña gran facilidade para imitar os italianos crioulos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A división xeográfica entre a "Alta Italia" e a "Baixa Italia" adoita ser popular aínda que sustentada na xeografía, amesoloxía e os seus diversos trazos culturais.
  2. Podestá, José J.Medio siglo de farándula: memorias de José J. Podestá. Instituto Nacional del Teatro (Argentina).
Variedades docastelán por continente
África e Asia
América
(Castelán de América)
Caribeño
Centroamericano
América do Norte
América do Sur
Europa
(Peninsular)
Outras
Extintas
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cocoliche&oldid=7174241»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp