Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Coco (bacteria)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cocoide»)
Para a palmeiraCoccus nucifera e o seu froito vercoco. Para outros usos vercoco (homónimos).
Micrografía electrónica de varrido de colonias deStaphylococcus aureus con forma de acio de uvas.
Posibles agrupacións dos cocos.

Coco é un termo utilizado para designar asbacterias que teñen forma esférica[1]. É un dos catro tipos morfolóxicos principais das bacterias, que son: coco,bacilo,espirilo evibrio. Coco procede dolatíncoccus e este á súa vez dogregokokkos (κόκκος), que significa "baga".[2]

As bacterias con forma de coco poden vivir separadas ou poden agruparse, segundo as especies[3]. Poden agruparse por parellas (diplococos), cadeas (estreptococos) ou grupos dispostos en formación cuboidal de oito células (sarcinas), ou en grupos con forma de acios irregulares (como osestafilococos) ou de catro células en disposición cadrada (tétrades). As bacterias con forma intermedia entre os cocos e os bacilos denomínanse cocobacilos.

Algúns cocos orixinan enfermidades importantes e déuselle nome en función da doenza, como ogonococo ou omeningococo.

En botánica

[editar |editar a fonte]

O termo coco tamén se usa enbotánica (o que se corresponde moi ben coa súa etimoloxía), onde se utiliza para describir certosfroitos e significamericarpo ou segmento con semente dunesquizocarpo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 64.ISBN 84-205-3679-2.
  2. LSJ. Liddell, Henry George; Scott, Robert; A Greek–English Lexicon at Perseus Project- κόκκος
  3. Councilman, William Thomas.Disease and Its Causes.Project Gutenberg. Consultado o xaneiro 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Coco_(bacteria)&oldid=6680254»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp